Ir al contenido principal

Pentecoste

NON BASTA COA PRESENZA DO ESPÍRITO. NECESITAMOS ACOLLELO, ABRÍNDOLLE A PORTA E INVITÁNDOO A PASAR
O tempo da Pascua chega ao seu fin. Pentecostes invítanos a sentírmonos membros da comunidade cristiá presente en cada recuncho do mundo. Non importa se somos moitos ou poucos. O verdadeiramente importante é que nos sentimos unidos nunha mesma tarefa e comprometidos no mesmo proxecto: ser o rostro da Igrexa alí onde esteamos. Non unha igrexa morta, de pedras, por moita antigüidade que estas teñan, senón unha igrexa viva, ilusionada e ilusionante, ao estilo de Xesús. Que saibamos sentir esta alegría que nos axuda a conformar a comunidade en camiño que Xesús quixo e comezou. Continuémola coa mesma forza e coas mesmas gañas.

CORAZÓN MISERICORDIOSO
*         Para que non perdamos nunca a conciencia de recoñecernos Igrexa de Xesús, SEÑOR, QUE O ESPÍRITO CREZA EN NÓS. 
*         Para que deixemos de ser Babel e comecemos a ser Pentecostes, CRISTO, QUE O ESPÍRITO CREZA EN NÓS. 
*         Para que potenciemos sempre o que nos une, e non canto nos divide, SEÑOR, QUE O ESPÍRITO CREZA EN NÓS. 
PALABRA ENRAIZADA

û     Do mesmo xeito que os apóstolos foron capaces de facerse entender- inda que non falaban o mesmo idioma que aqueles que estaban en Xerusalén-, tamén nós somos hoxe chamados a poñer todas as nosas gañas e ilusións para darlle rostro de renovación, de vida, de esperanza e de buscar canto une ás persoas, aos que somos Igrexa e non temos nin medo nin vergoña de testemuñar esta convicción. Acoller a presenza do Espírito en nós supón abrilo tamén para que esa presenza se pouse nas nosas comunidades. Unhas comunidades que moitas veces parecen cansadas e vellas, faltas de ilusión e sen gañas de cambiar, de renovarse, de saír da súa comodidade e dos seus ritos. Nas nosas comunidades é verdade que non hai xente nova; e se a hai, esta é ben escasa, pero iso non debera ser motivo para deixarnos ir, para volvernos conformistas, para reducir a fe a facer xuízos sobre os demais (aos que xulgamos como peores ca nós); ou a tentar repetir comportamentos e xestos que inda que teñan moitos anos, e sempre se foran facendo así, xa non teñen nin vida nin son capaces de transmitir a graza e a ledicia do evanxeo. Razón ten Francisco cando nos chama a revisar os nosos percorridos e a recoñecer que nos falta audacia e gozo para sentírmonos agarimados, -tod@s e sen exclusión-, por Deus. Só quen é capaz de arriscar, de saír da comodidade do que se fixo sempre para ir na procura do novo, está respondendo á invitación de Xesús de deixarnos entender. E isto non podemos facelo se non é tendendo pontes e derrubando muros. Pentecostes é a festa que, un ano si e outro tamén, nolo vai recordando.
û     A desesperanza, a tristura, o fastío, a vergoña, o medo... son actitudes sempre contrarias a quen se sente e se sabe acompañado por Deus. Lembremos, e insistamos as veces que faga falta: non estamos solos!. O Espírito é forza, compañía, presenza, alento, luz... e calquera outra imaxe que nos axude a entender que El espabílanos e reforza as nosas conviccións dándonos os empurróns que esteamos dispostos a aceptar del. El vaise manifestando de xeito quedo, pero sempre presente en cada un; se sabemos descubrilo. Entenderemos entón a razón pola que temos que unir forzas e deixar atrás vellas pelexas que nos debilitan e restan forza para ser verdadeiras testemuñas no medio do mundo. Un mundo entristecido e falto de ilusión, dentro do que nós temos hoxe, de xeito máis acuciante que nunca, a tarefa de facelo xermolar. Como ten dito Xesús, “se o gran non cae na terra e podrece, non pode dar froito”. Aí temos que estar nós, podrecendo para que o froito se mostre como esforzo de tod@s e presenza comunitaria. Se un é o Espírito, por que non pode ser unha tamén a comunidade?. Pero non unha comunidade uniforme, aburrida e sen empuxe, senón unha comunidade plural, complementaria e esforzándose por deixar pegada.A pegada ilusionante da Boa nova de Xesús.
û     Por iso, como nos di o Evanxeo, non podemos estar nin con medo nin coas portas pechadas. Non pode ser o sinal de identificación dos seguidores de Xesús o temor nin o afastamento dos demais. Non somos para refugarnos en cuarteis de inverno, senón para estar presentes nas praias abertas do mar de esperanza que é o Evanxeo, e que se vai estendendo de xeito calmo e gozoso para que poidamos bañarnos nel con tranquilidade e cheos de confianza. Un mar que nos trae non tambores de guerra, senón brisa de paz e entendemento. Un mar que non ten medo a que se anoxe e se volva contra nós. O agasallo do Espírito que nos deixa Xesús posibilita que naveguemos sen medo por este mar, acollendo a compaña do Espírito que nos axuda a crecer e sentírmonos comunidade humana que busca canto dignifica e alenta todo aquilo que supoña aceptar a pluralidade dunhas comunidades que non se resignan a estar caladas ou a ser meros repetidores do que se fixo sempre. Que saibamos acoller e aceptar o agasallo que nos fai Xesús, para deixarnos estimular por El.
FRATERNIDADE ORANTE
Abertos ao aire renovador do Espírito, dicimos, logo, xunt@s:.
QUE NOS DEIXEMOS RENOVAR POLA PRESENZA DO ESPÍRITO
ü  Para que nos esforcemos por ser membros activos, colaboradores e verdadeiras testemuñas da presenza da Igrexa no mundo de hoxe, OREMOS.
QUE NOS DEIXEMOS RENOVAR POLA PRESENZA DO ESPÍRITO
ü  Para que nas nosas parroquias non nos deixemos levar da preguiza, a apatía e a falta de ilusión á hora de por en marcha proxectos novos ou unirnos a outros que xa están funcionando, OREMOS.
QUE NOS DEIXEMOS RENOVAR POLA PRESENZA DO ESPÍRITO
ü  Para que nos abramos ao aire estimulante do Espírito para saber estar presentes en cada ámbito, en cada foro, en cada recuncho onde se traballe por ser a voz dos explotados, dos esquecidos ou dos enganados polos poderosos, OREMOS.
QUE NOS DEIXEMOS RENOVAR POLA PRESENZA DO ESPÍRITO
Señor, que a presenza do Espírito nos abra a unha fe renovada e sempre gozosa, apartada da rutina e mais do medo. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
A mellor imaxe do día de Pentecostes é a da “nova creación”. É posible unha nova creación, é posible a novidade, é posible o home novo, é posible a aspiración secreta que o home leva dentro, é posible unha raza nova de profetas que anuncien a obra de Deus no mundo, é posible a renovación interior do home, é posible unha NOVA HUMANIDADE que nace chea do Espírito Santo. Deixemos, logo, atrás o Babel que divide e enfronta, para comezar a camiñar e construír esta Nova Creación que nos trae Pentecostes, onde ninguén é imprescindible, pero tod@s somos necesari@s. Amén.
CANTO GOZOSO
ð  ENTRADA: Amigos nas penas
ð  GLORIA
ð  LECTURAS: Manda o teu Espírito
ð  OFERTORIO: Misioneiro

ð  COMUÑÓN: Non vou so

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Cristo Rei 2025

  UN REI DE SERVIZO NUN MUNDO PRECISADO DE ACOLLIDA E ESCOITA: XESÚS CRISTO CANTO GOZOSO   ·        ENTRADA .- Que ledos hoxe estamos (  ) ·        LECTURAS .- Moito me alegrei (  ) ·        OFERTORIO.-  Na nosa terra ( 36 ) ·        COMUÑÓN.-  No colo de miña nai   ESCOITA ACTIVA          Remata hoxe o ano litúrxico que comezabamos o primeiro domingo de Advento, hai xa un ano. Un ano de ledicias e tristuras, de esperanzas e desacougos, de loitas e cansazos, pero sempre guiados pola forza e a presenza de Xesús o Mestre, aquel que pasou facendo o ben e tendendo a man a quen ía atopando ao longo do camiño.          E hoxe, como remate deste camiñar, celebramos a festa de Cristo Rei coa que queremos poñer de manifesto que o seu r...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...