Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2016

2 Advento A 2016

Esperar desde a alegría para acoller e deixarse acoller. Ven, Señor Xesús! Descarga o ficheiro SINAL DE ADVENTO Colocamos a segunda folla na nosa árbore. CANTO GOZOSO ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9) LECTURAS: A túa palabra (Nº 25)  OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118)  COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 119) ESCOITA ACTIVA              Neste segundo domingo de Advento, ademais de poñer unha nova folla da árbore que queremos que exprese a necesidade de superar a seca á que nos levan o aburrimento, a falta de ilusión ou a desgana, queremos tamén abrirnos á forza da Palabra de Deus, que nos invita a non deixarnos levar do arrouto que xulga aos demais, nin da rutina que insensibiliza o noso corazón. Deixémonos levar da man de Deus, camiñemos e esforcémonos para que, deixando atrás o que sabemos que non facemos ben, vaiamos abrindo camiño que nos prepare a acoller ao Deus que quere volver a nacer, non no consumismo do sistema capitalista, senón n

1 Domingo Advento A

Esperar desde a alegría para acoller e deixarse acoller. Ven, Señor Xesús! SINAL DE ADVENTO Nesta primeira semana engadimos unha folliña na árbore. CANTO GOZOSO ENTRADA: Preparade o camiño ao Señor LECTURAS: Moito me alegrei OFERTORIO: Pai, Pai, eu póñome nas túas mans COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) ESCOITA ACTIVA O reloxo que marca o tempo da nosa vida litúrxica volve poñerse en marcha de novo para comezar un novo ano. E que mellor comezo que dispor o corazón a ir deixando atrás todo canto o foi facendo secar: as envexas, os enfrontamentos,a preguiza, o aburrimento, a rutina, a falta de solidariedade, as palabras ferintes, as palabras ditas sen telas pensado, a pouca atención prestada a quen nos necesitaba... Todo canto nos foi apartando do marabilloso proxecto de Xesús queremos deixalo atrás para comezar hoxe un novo tempo de espera e renovación. Que coma a árbore seca que temos diante do altar, nos esforcemos para que volvan saír follas novas e verdes q

Sinal de Advento 2016

SINAL DE ADVENTO O sinal que temos escollido para o advento é un debuxo dunha árbore seca á que cada semana lle iremos engadindo unha folla. Queremos representar así que o advento quere ser para cada un e cada unha de nós un tempo para medrar, para renovarnos desde a esperanza daquel que quere vir ao noso corazón. As follas que iremos engadindo serán diferentes (en cor e forma) para representar así ese poliedro do que tanto nos fala o papa Francisco (cfr. EG 236), un poliedro que recolle o mellor de cadaquén. 

Cristo Rei 2016 C

NO REMATE DO CAMIÑO FACEMOS BALANCE DESDE A MISERICORDIA DE QUEN PON O SEU CORAZÓN AO SERVIZO DOS NINGUÉN Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Aquí estou Señor para facer a túa vontade OFERTORIO: Veña o teu Reino (Nº 88) COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Hoxe pechamos un ciclo da nosa vida litúrxica. A festa que celebramos neste domingo, Cristo Rei, é o final dun camiño que comezabamos hai un ano para preparar, no tempo de Advento, a chegada do Nadal. Ao longo deste ano temos rezado xunt@s e compartido momentos de festa e ledicia; pero tamén de tristura e dor. En todos eles sempre tentamos que a comunidade estivese presente, porque é na súa solidariedade e achega como mellor se mostra que o Deus cuxa fe confesamos no credo está aquí, con nós; que non nos deixa solos nin nos dá as costas. É un Deus Rei, si, pero desde un reinado moi afastado da moda, porque reina en xenerosi

33 domingo ordinário TO C 2016

COMPROMETIDOS A SER UNHA IGREXA QUE DEIXA PEGADA DESDE O SERVIZO ÁS PERSOAS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO • ENTRADA: Pedras vivas • LECTURAS: Ergo os meus ollos (Nº 112) • OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) • COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) ESCOITA ACTIVA Hoxe celebramos nas dioceses españolas o “Día da Igrexa Diocesana”, unha xornada que quere invitarnos a reflexionar sobre a dimensión comunitaria da fe. Nós somos crentes desde a comunidade que conformamos os homes e mulleres que temos a Xesús como guieiro na vida. Incorporámonos a ela no Bautismo; con ela participamos na Eucaristía o Día do Señor –o Domingo–; acompañados por ela despedimos ao nosos seres queridos. A comunidade é eixo da nosa vida cristiá. Hoxe queremos visibilizar esta dimensión comunitaria que nos configura con Cristo desde a pertenza á diocese, onde: presididos polo Bispo, imos facendo presente a tarefa encomendada por Xesús de “Ir e anunciar”. Poñamos, xa que logo, o corazón en dispos