Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2023

4 domingo TO A

Domingo da Palabra DEUS SAE NA NOSA PROCURA, E SEMPRE ACABA ATOPÁNDONOS CANTOS Entrada.- Que ledicia miña (4)  Lecturas.- Benaventurados (119) Ofertorio.- Ti e-lo pan do ceo (54) Comuñón.- Acharte presente (51)    ESPERTANDO Á RÚAH ​ Ser persoas que sentimos orgullo do Señor, un orgullo que nos fai persoas ditosas. E sta é a invitación que nos dirixe a celebración de hoxe. Que non  sintamos vergoña por manifestármonos e sentírmonos crentes, senón que iso supoña na nosa vida  ledicia, gozo, frescura, creatividade e forza para que, canto fagamos, o saibamos poñer na man e protección do Señor.  ​ A isto convídanos a celebración que agora comezamos. Abramos ollos, oídos e corazón e poñamos a nosa vida, as nosas preocupacións, os nosos problemas, as nosas dúbidas, as nosas alegrías e os nosos logros sobre o altar.   SUPERANDO A DISTRACCIÓN •  Por todas as veces nas que a nosa mala conciencia nos leva a apartarnos de Ti,  SEÑOR, GÁRDANOS NA TÚA...

3 domingo TO A 2023

3º domingo do T.O. Domingo da Palabra UN DOMINGO PARA REIVINDICAR A FORZA DA PALABRA   Blog Xa nos tes aquí CANTOS ENTRADA.- Escoita ti (Nº 26) LECTURAS.- As túas palabras, Señor, son espírito e vida OFERTORIO.- Recibe, Señor (Nº 31) COMUÑÓN.- Gracias, Señor, graciñas (Nº 50) ESPERTANDO Á RÚAH Hoxe celebramos en toda a Igrexa o domingo da palabra. E podemos preguntarnos como é isto? a palabra non se proclama tódolos domingos? Pois claro que si, só que o papa Francisco quixo remarcar con esta celebración a centralidade e forza que a Palabra ten sempre nas celebracións e na vida. Por iso é tan importante lela despacio, fixándonos en cada unha das letras e parágrafos; sen deixarnos levar das présas que nos levan a que non a entendamos nin nos enteremos da mensaxe que nos transmite. Porque a Palabra é o gran tesouro que Deus nos vai ofrecendo cada día. E, como xa sabemos, os tesouros, porque son verdadeiros agasallos, temos que coidalos e traballar para que sigan a ter sem...

2 Domingo Tempo Ordinario 2023

TRABALLEMOS PARA VENCER A XORDEIRA NUN MUNDO QUE PRECISA ESCOITAR Cantos ·       Entrada.-  Que ledicia miña (Nº 4) ·       Lecturas.-  Aquí estou Señor (  ) ·       Ofertorio.-  Recibe Señor (Nº 31) ·       Comuñón.-   Acharte presente (Nº 51   Mirada agradecida   Facer a vontade de Deus é unha expresión que nos invita a mirar dentro de nós, a revisar actitudes, comportamentos, falares... que utilizamos no noso día a día. Por que? Porque só pode facer a vontade de Deus por medio e a través da vida cotiá. E isto exprésase na nosa maneira de dicir as cousas, no noso xeito de recoñecer a quen temos preto coma unha persoa igual ca nós en dignidade e respecto, en comportarnos de xeito que quen nos mire poida recoñecer as sementes do evanxeo polo que facemos, dicimos e vivimos. Non esquezamos logo que a palabra de Deus só se pode mostrar e vivir no noso ...

Bautismo do Señor

Camiñando nun camiño compartido pola auga e o Espírito Cantos Entrada.- Camiñando pola vida Lecturas.- Aquí estou Señor Ofertorio.- A auga do Señor Comuñón.- Déixate querer Mirada agradecida Celebramos hoxe en toda a Igrexa a festa do Bautismo do Señor. Con ela remata no calendario litúrxico o tempo de Nadal. Ao longo deste tempo fomos facendo o camiño da acollida de Xesús na nosa vida, tentando abstraernos do superfluo e puramente ornamental e externo, para buscar o sentido e a vivencia cristiá que trae a chegada de Xesús ás nosas vidas. Tamén nós un día abrimos os ollos ao mundo a través da vida recibida dos nosos pais e das nosas nais; e foron elas e eles quen tomaron a decisión de que fósemos cristiáns e cristiás, de que entraramos a formar parte do grupo de seguidores e seguidoras de Xesús. O bautismo foi o comezo deste camiño que hoxe nos reúne para compartir e celebrar a fe neste domingo, día do Señor. Deamos logo grazas a Deus por todo canto aquel día comezou ...