Ir al contenido principal

2 Domingo Tempo Ordinario 2023

TRABALLEMOS PARA VENCER A XORDEIRA NUN MUNDO QUE PRECISA ESCOITAR

Cantos

·     Entrada.- Que ledicia miña (Nº 4)

·     Lecturas.- Aquí estou Señor (  )

·     Ofertorio.- Recibe Señor (Nº 31)

·     Comuñón.- Acharte presente (Nº 51

 

Mirada agradecida

 

Facer a vontade de Deus é unha expresión que nos invita a mirar dentro de nós, a revisar actitudes, comportamentos, falares... que utilizamos no noso día a día. Por que? Porque só pode facer a vontade de Deus por medio e a través da vida cotiá. E isto exprésase na nosa maneira de dicir as cousas, no noso xeito de recoñecer a quen temos preto coma unha persoa igual ca nós en dignidade e respecto, en comportarnos de xeito que quen nos mire poida recoñecer as sementes do evanxeo polo que facemos, dicimos e vivimos.

Non esquezamos logo que a palabra de Deus só se pode mostrar e vivir no noso xeito de actuar. Para así poder tamén dicir: “aquí estou Señor, para facer a túa vontade”.

 

Corazón misericordioso

 

·      Por facer máis a nosa vontade que a vontade de Deus. SEÑOR, ACOMPASA OS NOSOS PASOS.

·      Porque precisamos máis silencio e menos barullo. CRISTO, ACOMPASA OS NOSOS PASOS.

·      Para que non nos limitemos a unha fe só de palabras, senón tamén de feitos. SEÑOR, ACOMPASA OS NOSOS PASOS.

 

 

 

Palabra proclamada

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Díxome o Señor: "Ti e-lo meu servo, Israel, de ti virame a sona".

"Serei glorificado coa presencia do Señor, e o meu Deus será a miña forza".

Pois agora  fala o Señor que desde o seo da nai me formou para se-lo seu servo, para facer volver onda El a Xacobe e para que Israel se xunte con El :

"é moi fácil para ti se-lo meu servo, restablecendo as tribos de Xacobe e facendo volver os protexidos de Israel, pois convértote en luz das nacións, e sera-la miña salvación ata o confín da terra".

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS

Paulo, chamado a ser apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus, así coma o irmán Sóstenes: á Igrexa de Deus que está en Corinto, ós que están santificados en Cristo Xesús, chamados a ser santos cos que en calquera lugar invocan o nome do noso Señor Xesús Cristo, Señor deles e noso, desexámosvos gracia e paz de parte de Deus, noso Pai, e do Señor Xesús Cristo.

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

Vendo Xoán a Xesús, que viña cara a el, dixo:

 ¡Velaí o Año de Deus, o que arrinca o pecado do mundo! Este é de quen eu dixen: "Detrás miña vén un home que pasa diante miña, pois existía primeiro ca min". Eu non o coñecía, mais para iso vin eu bautizar con auga: para mostralo a Israel. E Xoán seguiu testemuñando:

 Eu vin o Espírito baixar do ceo coma unha pomba e pousar enriba del. Eu non o coñecía, pero o que me mandou bautizar con auga, díxome: "Cando véxa-lo Espírito baixar e pousar sobre un, ese é o que bautiza co Espírito Santo". E eu vino e dou testemuño de que este é o Fillo de Deus.

Palabra enraizada

 

·      Falar da sona de alguén é falar de como vive, actúa, se comporta, como trata ás demais persoas... Dicir que alguén ten boa ou mala sona é referirse a todo este conxunto de maneiras que as persoas temos de ir mostrando como somos e facemos as cousas. Na primeira lectura Isaías pon en boca de Deus que nós somos a mediación a través e por medio da cal Deus se vai facendo presente no mundo; e dentro del nas institucións, nos proxectos que imos desenvolvendo, nas iniciativas que poñan ás persoas no centro... Deus entón non é algo abstracto, senón o Alguén que por medio das persoas que nos confesamos crentes se vai manifestando sempre para recoñecer, igualar, visibilizar, pacificar... ás persoas e o que elas, nós, fan e facemos. Que grande responsabilidade é esta da que non sempre somos conscientes.

·      Se verdadeiramente foramos conscientes de que a sona de Deus só pode mostrarse a través do actuar coherente, pacífico, honesto e verdadeiramente humanizador e respectando a pluralidade de opinións e formas de mirar a vida si que seriamos verdadeiras testemuñas, e si que seriamos tamén transmisores da boa sona de Deus. Pero sabemos que non é sempre así, polo que esta é unha boa ocasión para que, á luz da palabra que hoxe temos escoitado, revisemos a nosa vida e nos preguntemos de que maneira cada e cada unha de nós, co noso xeito de estar no mundo, imos sendo a imaxe da boa sona de deus. 

·      Xoán Bautista mostra hoxe no evanxeo que acabamos de escoitar a coherencia deste ser transmisores da boa sona de Deus. Cando dá testemuño, acredita, o que viu e escoitou o día do bautismo de Xesús. No día no que nós entramos a formar parte da comunidade de crentes, adquirimos este compromiso de ser testemuñas transmisoras da boa sona de Deus. Que non o esquezamos nunca. Que teñamos tamén en conta que haberá veces nas que non seremos capaces de responder a esta invitación, pero saibamos tamén que neste andar e desandar da vida, a presenza do Espírito Santo, como o foi para Xesús, tamén vai ser para nós alento compartido para superar atrancos e non deixarnos vencer pola desesperanza.

Oración compartida

 

Señor, neste día no que nos dis que somos os embaixadores e as embaixadoras da túa boa sona, compartimos este momento de oración comunitaria sentindo a forza da túa presenza. Isto lévanos a dicirche:

GRAZAS POR CONFIAR EN NÓS

·      Para que saibamos asumir os erros e mostrar os acertos que nos converten en mediación de Deus, OREMOS.

·      Para que teñamos sempre presente que as comunidades cristiás serán o que nós queiramos que sexan co noso testemuño e o recoñecemento da presenza de Deus na nosa vida, OREMOS.

·      Para que como aqueles homes e mulleres da primeira hora do cristianismo, saibamos ser estímulo para a construción dunhas relacións humanas máis fraternas e igualitarias, OREMOS.

 

Señor, porque te sabemos ao noso lado, non deixes de acompañarnos nesta tarefa de facer do mundo fogar de encontro. P.X.N.S. Amén.

 

 

 

Silencio agradecido

 

“A Igrexa, a noiva de Cristo prefire usar máis un remedio de misericordia que de severidade. Considera satisfacer mellor as necesidades de hoxe mostrando a validez da súa doutrina que renovando condenacións. Non quere dicir que non falten doutrinas enganosas, opinións e conceptos perigosos, contra os que hai que loitar e que hai que disipar; pero estes están tan evidentemente en contraste coa recta norma da honestidade, e dan froitos tan perniciosos, que hoxe os homes parecen inclinados a condenalos, en particular os comportamentos que desprezan a Deus e a súa lei, a excesiva confianza nos progresos da técnica e o benestar exclusivamente asentados nas comodidades da vida. Cada vez están máis convencidos de que a dignidade da persoa humana, a súa mellora e o esforzo que esixe é unha cuestión de máxima importancia”. ( Xoán XXIII. Discurso de apertura do Concilio).

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...