practica a xustiza.... deixa pegada!!!!!! Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Benaventurados (Nº 118) LECTURAS: Salve, Santo Sacramento (Nº 117) OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 44) vf COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53) ESCOITA ACTIVA Estar orgullos@s do Señor, un orgullo que nos fai persoas ditosas e esperanzadas. Esta é a invitación que nos dirixe a celebración de hoxe, festa do Corpus, día da caridade. Que non nos sintamos avergoñados por manifestarnos e sentírmonos crentes, ao contrario, que iso supoña na nosa vida ledicia, gozo, frescura, creatividade e forza, para que canto fagamos o saibamos poñer na man e protección do Señor. Non podemos tirar a toalla, quedar parados sen facer nada.... Estamos chamad@s a pasar deixando pegada: pegada de xustiza, pegada de igualdade, pegada de misericordia, pegada de servizo, pegada de escoita.... Que mellor motivo para o alento: sabérmonos querid@s e sostid@s por Deus sempre. Esta é a nosa esperanza
Para orar e celebrar a fe na nosa terra