Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

13 domingo TO A 2020

A TENRURA E A ACOLLIDA, SINAIS DA PRESENZA DE DEUS PAI/NAI Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Eu soñei (Nº 58) LECTURAS: Escoita ti (Nº 6) OFERTORIO: Non vou so (Nº 60) COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Acollida. Velaí a actitude e a tarefa á que hoxe nos convida a Palabra que imos proclamar. E, como nos custa!!!!!! Porque acoller significa ser capaces de descubrir nas persoas, en todas as persoas, a presenza de Deus que nos interpela. Acoller supón, xa que logo, un esforzo constante para que, nun mundo ferido pola globalización da indiferenza, nós apostemos pola cultura do encontro, na que como ben di o papa Francisco, ninguén é descartado nin adxectivado, senón na que todas as persoas son buscadas porque son necesarias para reflexar o rostro do Señor. Que a celebración que agora comezamos nos axude a descubrir a tenrura, o encontro e a acollida como sinais da presenza de Deus. CORAZÓN MISERICORDIOSO Por non saber nin acoller nin escoitar a quen se achega

12 Domingo TO 2020 A

A FE, EXPERIENCIA DE CONFLITO CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: A túa palabra é o meirande ben  OFERTORIO: Velaquí, Señor, o viño (Nº 37) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) ESCOITA ACTIVA Sempre que unha persoa cuestiona cousas, prodúcese unha crise na que hai que decidir, tomar postura, situarse… O cuestionamento desinstálanos, fai que non nos creamos na seguridade eterna e permanente. Nunha palabra, fainos avanzar cara adiante. O mesmo ocorre coa nosa relación con Deus. A fe non pode ser unha experiencia de estancamento, ao contrario, ten de mobilizarnos, remoernos por dentro, deixarnos inqued@s; por iso ten que ser sempre unha experiencia de conflito, tensión, reorientación… que nos leve a avanzar coa realidade na que estamos e vivimos. Ten, entón, que implicar a nosa vida, encamiñarnos a non esquecer que os nosos ollos han permanecer sempre abertos, e así aprender a distinguir e camiñar, non pola seguridade de quen pensa sempre que ten a razón e a

Corpus 2020

O PODER DE CADA PERSOA. CADA XESTO, CONTA.   ( CAMPAÑA CÁRITAS. CORPUS 2020)   CANTO GOZOSO   ENTRADA: Benaventurados (Nº 118)   LECTURAS: Salve, Santo Sacramento (Nº 117)   OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 54)   COMUÑÓN: Pan do ceo, pan de vida (Nº 53)   OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN   Celebramos hoxe o día do Corpus. E facémolo dun xeito diferente, dun xeito especial.   A pandemia mundial que xerou o coroavirus obrigounos a dispoñer das nosas vidas dunha forma inimaxinable hai tan só uns meses. Os hábitos cotiáns, a forma de relacionarnos e a xestión das nosas emocións desbordáronnos. A enfermidade, a morte e o illamento, deixaron paso á inseguridade económica e laboral, á falta de recursos básicos, á perda de emprego ou aos ERTES. Emerxe unha sociedade moito máis fráxil e vulnerable cunha folla de roteiro máis chea de incertezas que de certezas.   Pero non estamos sós. Cristo resucitou . E n centos de signos e xestos experimentamos que o Señor sae ao noso encontro para transform