Celebramos a festa desde a fe compartida na lingua dignificada pola Palabra feita presenza Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vaiamos ao altar (Nº 133) LECTURAS: Deixade esta terra OFERTORIO: Acharte presente (Nº 54) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) PARA NON PERDER O PASO Neste vinte e cinco de xullo, festa de Santiago Apóstolo e Día de Galicia, queremos compartir a celebración que agora comezamos desde a acción de grazas ao Deus que nos invita a ir e pregoar a súa Boa Nova no medio do mundo. Fieis a este mandato, os Apóstolos saíron cumprir esta misión con ilusión, esperanza e convencemento. Froito dela, hoxe estamos nós aquí para agradecer a Deus este don da fe que podemos celebrar rezando na nosa lingua, expresándoo desde a nosa cultura e compartíndoo coas mulleres e homes da nosa terra. Que este gozo que aquel pequeno grupo de seguidores de Xesús fixo xermolar, saibamos continualo coa nosa vida e o noso traballo por
Para orar e celebrar a fe na nosa terra