DEUS NON FALLA: EN TEMPOS DE ESCASEZA SEGUE A OFRECERNOS A SÚA COMPAÑA E O SEU XANTAR: “VINDE E COMEDE” Descarga o arquivo ESCOITA ACTIVA Man aberta e comida son palabras que hoxe están bastante en crise. Cando hai moito é fácil dar do que sobra a mans cheas; porén, cando as cousas veñen dadas é de valorar que siga a haber xente que coa súa man aberta ofrece do que ten. Esta podería ser a imaxe que nos axudara a entender e nos motivara a participar na celebración de hoxe. Deus non só non retira a súa man, senón que, se cabe, ábrea moito máis para a través dela ofrecernos a comida da solidariedade e do amor. Porque.... que están a ser senón todas as mans abertas das persoas que dedican os seus medios e o seu tempo a compartir o que teñen para que outros poidan comer cada día, pagar os seus recibos de luz ou o seu aluguer?. Daquela, que mellor que reunirnos para dar grazas a ese Deus que a través da súa palabra vai conformando esa forma de ser que chamamos vida cristiá, Evanxe
Para orar e celebrar a fe na nosa terra