Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2007

O amor pide dispoñibilidade (Pascua 2007)

O AMOR ESIXE RENOVACIÓN, CAMBIO, APERTURA E DISPONIBILIDADE PÓRTICO Hoxe a celebración preséntanos un reto, antigo pero sempre novo que é amar a todos como Xesús nos amou. E sempre novo porque son novas as persoas, son novas as situación que viven e vivimos e é sempre nova a forza de Deus que ven a nos. E isto require de nós unha actitude dinámica, d estar sempre abertos ao que Deus nos pide e ao que os demais demandan de nós. Por iso non vale inmobilismos, rutinas, comodidades. O amor transforma e renova todo. Que esta celebración nos faga ser conscientes cada día mais do reto que significa amar, xa que neste xeito de vida en profundidade é onde os demais nos recoñeceran como cristiáns e non no fasto, na liturxia desmedida e no moito larear. O PERDÓN · Porque desexamos ser querid@s, escoitad@s, comprendid@s, animad@s e alentad@s mentres que nós non estamos dispost@s a mover un só dedo para facer o mesmo polos demais, SEÑOR, RENOVA O NOSO AMOR . · Porque n

Algo máis que cumprir (Pascua 2007)

4º domingo da Pascua 2007 Non é mellor pastor o que se limita a cumprir o mandado, senón quen é capaz de servir a quen se ve necesitado PÓRTICO Estamos tan afeitos, tamén cansos de escoitar discursos, que por moito que nos digan, todo nos vai esvarando. Fálannos os curas, os bispos, o Papa, os políticos, os mestres, os xefes no traballo, a televisión, a radio... que fartos de tanto escoitar falar, xa non prestamos atención. Porén a fe cristián baséase na Palabra. É verdade que non é unha Palabra calquera, senón a Palabra. A que nos da azos para superar atrancos e canseiras; a que nos alenta cando todo parece que se nos funde; a que nos estimula cando pensamos que a rutina non é posible superala. E esta Palabra ponnos hoxe diante dun dilema, un dilema que as veces non é doado de resolver: Como converter en vivencia, en praxe, en realidade, o que escoitamos, celebramos e compartimos nas celebracións? E non é doado, porque moitas veces aquilo que celebramos en

Botar de novo as redes (Pascua 2007)

Queremos ter unha pesca abondosa? Botade as redes e…….. Atoparedes PÓRTICO Vivimos nun mundo individualista, no que a publicidade invítanos ao éxito, a ser os mellores, os mais guap@s, a chegar á cima á costa do que sexa. E non é algo externo a nós, senón que aniña no profundo do noso corazón: sen Deus, ou lembrándonos só cando nos faga falla podemos vivir, sen os demais, tamén, con nós mesmos valemos abondo, somos maioría absoluta. A celebración de hoxe quere ser unha invitación a descubrir que para nós, os cristiáns, é o Pai quen completa as nosas obras, é o espírito quen nos da a forza para realizalas e é Xesús o que nos acompaña. Que é a pascua senón, un camiñar con Cristo resucitado e un camiñar coa comunidade que vive lediciosa a súa fe?. PERDÓN ♱ Polas veces en que vivimos ao marxe de Deus, sen lembrarnos de que é el o que acompaña e sostén as nosas obras. SEÑOR, ENDEREITA O NOSO CAMIÑAR . ♱ Porque non sabemos aceptar a conversión dos nosos irm@s

A novidade de Deus no camiño da comunidade

A COMUNIDADE, LUGAR DE ENCONTRO PÓRTICO Xa podemos esquecernos de pensar so en nós, na nosa fe, na nosa oración, na nosa misa, no noso domingo, no... “meu”. A Pascua, a resurrección que vimos de celebrar, invítanos a mirar en común, a expresar a nosa fe en comunidade, xa que é nesta onde se aparece o resucitado, na reunión orante dos discípulos. E tamén no domingo, como día por excelencia, como actualización da resurrección. Xesús quere resucitar no medio da asemblea que se reúne para, xuntos, celebrar a súa fe e acoller a tod@s. Que esta celebración nos faga ser conscientes de que so en comunidade poderemos experimentar a resurrección e a vida de Xesús. PERDÓN (Aspersión) Porque moitas veces somos incrédulos ante os teus sinais, cústanos recoñecerte nós demais, especialmente naqueles que poden comprometernos ou querer de nós tempo e esforzo. SEÑOR, LAVANOS DO NOSO MEDO. Porque non nos cremos que ti poidas actuar por nós, porque non poñemos interese en escoitar aos demais, nin en acoll

A alegría da Pascua algo ten que cambiar na nosa vida

XESÚS RESUCITOU: SE CREMOS ESTA BOA NOVA,ALGO TEN QUE CAMBIAR NA NOSA VIDA PÓRTICO Hoxe celebramos a Pascua, a festa das festas, porque é o día da resurrección do Señor. Por iso hoxe, ceos e terra cantan o aleluia, expresión de ledicia que significa “ loade ao Señor”. Celebramos hoxe o feito central da nosa fe: que Cristo, despois da súa crucifixión, morte e sepultura, “resucitou ao terceiro día”. Cunha conciencia clara de que non podemos esgotar o contido desta festa de hoxe nun día, senón que ten que encher a nosa existencia, e ser pulo para ir cambiando, comecemos esta celebración. O PERDÓN ð Porque quedamos instalad@s no Venres Santo, na morte, no sufrimento, na dor… e non camiñamos cara á Pascua, que é forza para ir cambiando esas situacións en vida, SEÑOR, AXÚDANOS A CAMBIAR. ð Por tantas incoherencias, por tanta falla de amor, por tantas actitudes da nosa vida coas que non damos testemuño de que a túa resurrección abriunos un novo camiño, CRISTO, AX