PARA AGRADECER E VALORAR A OPORTUNIDADE DUN NOVO ANO Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA Ao comezar un novo ano, damos grazas por todo o que recibimos de Ti, Xesús. Primeiramente agradecemos o amor e o apoio da familia, a vida compartida coas persoas que nos queren e axudan; a saúde; o cariño e amor que recibimos; os días cheos de proxectos e esperanzas e tamén os días tristes e difíciles que aparecen na nosa vida; os amigos, o traballo, por todo o que de Ti imos recibindo. Agradecemos canto temos vivido ao longo do ano que onte rematou, no que rimos e sufrimos, traballamos e descansamos, no que puidemos construír momentos bonitos e solidarios. Grazas porque foron aparecendo no noso camiño persoas que nos fixeron felices ao cruzarse nós: os amigos, os compañeiros de traballo, os veciños, as persoas que amamos, as que están lonxe, as que nos botaron unha man, ás que puidemos axudar. Queremos tamén pedir perdón polo ben que non fixemos, polas persoas ás que ferimos ou dana
Para orar e celebrar a fe na nosa terra