Ir al contenido principal

Santa María Nai de Deus 2015

PARA AGRADECER E VALORAR A OPORTUNIDADE DUN NOVO ANO
Descarga o ficheiro

ESCOITA ACTIVA

Ao comezar un novo ano, damos grazas por todo o que recibimos de Ti, Xesús. Primeiramente agradecemos o amor e o apoio da familia, a vida compartida coas persoas que nos queren e axudan; a saúde; o cariño e amor que recibimos; os días cheos de proxectos e esperanzas e tamén os días tristes e difíciles que aparecen na nosa vida; os amigos, o traballo, por todo o que de Ti imos recibindo.

Agradecemos canto temos vivido ao longo do ano que onte rematou, no que rimos e sufrimos, traballamos e descansamos, no que puidemos construír momentos bonitos e solidarios. Grazas porque foron aparecendo no noso camiño persoas que nos fixeron  felices ao cruzarse nós: os amigos, os compañeiros de traballo, os veciños, as persoas que amamos, as que están lonxe, as que nos botaron unha man, ás que puidemos axudar.

Queremos tamén pedir perdón polo ben que non fixemos, polas persoas ás que  ferimos ou danamos, polas nosas envexas, polos momentos de arrogancia, polas nosas preguizas, polo tempo malgastado, polas ofensas que saíron da nosa boca. Axúdanos neste novo ano a ser testemuñas túas e irmáns e irmás tod@s. Amén

CORAZÓN MISERICORDIOSO

Para que este ano que comeza sexa para nós experiencia de encontro e colaboración, SEÑOR, QUE AO LONGO DO ANO NON NOS APARTEMOS DE TI.
Para que ao longo do ano nos esforcemos por non vivir na amargura nin na tristura, CRISTO, QUE AO LONGO DO ANO NON NOS APARTEMOS DE TI.
Para que non caiamos na tentación de facer deste ano que comeza rutina e aburrimento, SEÑOR, QUE AO LONGO DO ANO NON NOS APARTEMOS DE TI.

PALABRA ENRAIZADA

No comezo do ano novo volvemos xuntarnos con un triplo obxectivo:
v  comezar con ilusións e esperanzas o novo ano,
v  rezar e comprometernos en ser homes e mulleres de paz e
v  honrar a María no día en que celebramos a festa da súa maternidade.
*   Desde estas tres invitacións a celebrar, os textos da Palabra de Deus que temos escoitado son toda unha chamada a deixarnos agarimar e bendicir por El. Hoxe somos nós o seu pobo: un pobo que moitas veces se ten afastado do amor e da cercanía de Deus; pero El, a pesares dos nosos afastamentos e infidelidades, segue a chamarnos, como fixo con MARÍA, para que fagamos da nosa vida unha verdadeira maternidade; é dicir, unha experiencia de dor e gozo, amor e preocupación, tremor e xenerosidade. A esta maternidade, inda que pareza un contrasentido, estamos invitad@s cantos nos chamamos e sentimos crentes: hoxe correspóndenos a nós levar á nosa vida, ao actuar de cada día, as actitudes coas que María foi dando resposta á confianza que Deus puxera nela. E desde a súa resposta tod@s nós estamos chamados a ser:
o   Homes e mulleres de bendición
o   De paz
o   De compromiso por construír unha antropoloxía ecolóxica na que os seres humanos sexamos centro e cumio pr riba de ideoloxías políticas, económicas ou relixiosas; por riba do interese e as ganancias; por riba de quen no intento de someter e dominar é capaz de reducir ás persoas a simples autómatas aos que lles foron secuestrando a súa liberdade. En María e con María, Deus non quere que trunfen os inxustos, corruptos e abusadores, senón que para El os preferidos son os que abaixan aos soberbios e serven e se entregan ao servizo dos máis humildes.
*        E que mellor que poñernos a esta tarefa desde xa!. Que fermosa maneira de comezar un novo ano, sabendo que estamos chamados a tomar en serio ás persoas, e non o partido que delas poidamos sacar!. Grazas, María, porque o teu si ergueu ata o infinito, á plenitude de Deus, a nosa dignidade!.

FRATERNIDADE ORANTE

Ao comezar este novo ano poñamos ao abeiro de Deus proxectos, ilusións e esperanzas para este ano que iniciamos e digamos xunt@s:
QUE A TÚA VIDA, SEÑOR, FAGA XERMOLAR A NOSA VIDA
Por unha Igrexa renovada e fiel ao Evanxeo, que esqueza o poder e o dominio, OREMOS.
QUE A TÚA VIDA, SEÑOR, FAGA XERMOLAR A NOSA VIDA
Por unhas parroquias alegres, servizais e solidarias, OREMOS.
QUE A TÚA VIDA, SEÑOR, FAGA XERMOLAR A NOSA VIDA
Por uns cristiáns que nos esforcemos por unir forzas e ilusións a proxectos que sementen xenerosidade, fraternidade e colaboración, OREMOS.
QUE A TÚA VIDA, SEÑOR, FAGA XERMOLAR A NOSA VIDA
Grazas, Señor, pola túa palabra alentadora, polo teu pan solidario e salvífico e pola túa invitación a facer deste comezo de ano un compromiso de paz e amor. P.X.N.S. Amén.

MIRADA ESPERANZADA

Con María, a que creu, esperou e amou, e convocados para entoar un cántico de acción de grazas á obra de Deus dicimos:
Ti es, María, a experiencia máis fermosa do evanxeo.
En ti fíxose Boa Nova para o ser humano.
Es como a luz do mencer que abre camiño ao sol;
es unha estrela da mañá que anuncia o día;
es a muller crente que acolle e garda a Palabra;
a muller moza que entra no plan de Deus libre e gozosa.
Es estilo de vida cristiá, novo e fascinante na historia.
Es, María, a virxe fermosa e fecunda de Nazaret.
Grazas, María, polo teu corazón bo e dispoñible.
Aquí me tes na busca da paz, o ben e a alegría. Amén

CANTO GOZOSO

  • Panxoliñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Pentecostes 2026

PENTECOSTES: O MILAGRE DE NON SER LADRILLOS IGUAIS SENÓN PEZAS VIVAS DA DIVERSIDADE CANTO GOZOSO   ö ENTRADA: Vinde axiña (   10     ) ö ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) ö LECTURAS: Manda o teu Espírito ö OFERTORIO: Sementar, sementarei ö COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRADA AGRADECIDA Hoxe pechamos o tempo de Pascua, e facémolo do mellor xeito posible: co cumprimento por parte de Xesús da súa promesa de non deixarnos na orfandade, senón de agasallarnos co Espírito Santo. E se pensamos neste Espírito, a mellor imaxe non é a dun coro onde todas as persoas cantan a mesma melodía coa mesma voz. O Espírito parécese máis a unha gran orquestra, onde cada instrumento é totalmente diferente, ten o seu propio timbre, o seu propio xeito de soar e o seu propio acento. O milagre non é que o violín soe a trompeta, senón que cadaquén, estando ben afinada e ben afinado na súa propia identidade, contribúa a crear unha música final que a ningun...

Corpus 2026

ELIXE AMAR. ELIXE COMUNIDADE... ASÍ NINGUNHA PERSOA TERÁ QUE RECIBIR MIGALLAS. CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe celebramos o Corpus Christi, o Día da Caridade, e facémolo co corazón de festa pero cos pés afincados no chan. Moitas veces corremos o perigo de reducir este día a unha procesión fermosa, a custodias brillantes e a efémeras alfombras de flores. Pero o Corpus é o recordatorio de que Deus non quedou nunha teoría, senón que se fixo pan para poder ser alimento e para poder ser compartido. Non o esquezamos: o deserto segue aí fóra. O deserto da soidade da xente maior, o deserto da falta de oportunidades da mocidade, o deserto de tantas familias que non teñen vivenda ou que non chegan a fin de mes. E neses desertos resoa con forza a chamada deste ano: Elixe amar, elixe comunidade. Porque a caridade non é dar as sobr...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...