Un tsunami de esperanza: construír o Reino, testemuñar a vida PÓRTICO O tempo de pascua vaise desenvolvendo pouco a pouco, case sen darnos conta, como quen vai pasando de puntillas e sen facer moito barullo. Pero neste non facer balbordo, vainos deixando a súa pegada. Si, porque como quen non quere a cousa, insiste na importancia de dar testemuño de canto cremos e celebramos, na necesidade de ir perdendo os nosos medos, na insistencia en que só desde a esperanza poderemos entender e vivir a pascua como unha experiencia gozosa, alegre e transformadora da nosa vida e das situacións que necesitan cambio e empuxe no noso contorno. Podemos dicir que o tempo de pascua é un verdadeiro tsunami de esforzo por construír o Reino, e de facer que o testemuño de cantos nos chamamos cristiáns non quede reducido á celebración do domingo ou á rutina dunhas oracións que non falan da vida. Poñámonos en actitude de permitir que este alento de forza positiva irrompa na nosa vida. Perdón (Aspersió...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra