ESCOITA, ISRAEL.... ESCOITA, IGREXA: O PRIMEIRO, O MÁIS IMPORTANTE É O AMOR. NON O ESQUEZAS NUNCA PÓRTICO Como lle dicía a Israel, tamén Deus se dirixe a nós hoxe a través da súa palabra para dicirnos: “escoita” . Unha escoita que ten que ser sempre activa, vivida na participación e comprometida no esforzo de saber descubrir a Deus alí onde nos atopamos cunha persoa, sen importar que sexa rica ou pobre, branca ou negra, católica ou doutra relixión. O importante é ser capaz de ver nela ao Deus que nos invita a prestar atención a canto pasa no mundo, e a non andar pola vida sen xirar a cabeza nin preocuparnos dos que temos ao lado. De que nos valerían os nosos rezos se temos os oídos taponados para escoitar a dor, dificultades e tristuras que vemos ao noso redor? Porque o amor é o guieiro e motor principal da proposta que Deus nos fai, acostumémonos a vivilo no encontro cos demais, na man tendida ao compartir e no sorriso desde o que animar a quen a dureza da vida llo vai quit
Para orar e celebrar a fe na nosa terra