Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

4 advento 2020 A

Ledicia e temor non poden ir unidos cando falamos de acoller a Xesús SINAL DE ADVENTO Rematamos hoxe de construír o noso sinal de Advento incorporando a cabeza do neno. Deste xeito quédanos configurada a imaxe de quen estamos a esperar ao longo deste Advento: Xesús. CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) LECTURAS: Cantarei eternamente as misericordias do Señor OFERTORIO: Que ledicia a miña (Nº4) COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN     Xa non falta nada. Estamos mesmo ás portas deste gran acontecemento que queremos vivir e celebrar como remate do tempo de Advento: o Nadal. Ao longo das catro últimas semanas fóisenos invitando, a modo de retrouso, a preparar o camiño, a prepararnos para acoller a quen vén por el. Xa case que está aquí, abrámoslle a porta e deixémolo entrar.  E como escoitaremos no evanxeo chega da man do si de María, a súa e a nosa nai. Que cando chegue e entre, procuremos que non se senta estraño entre nós. ABRÍNDONOS Á MISERICORDIA Por t

3 domingo Advento 2020 B

MEDIOS, NUNCA FINS, CÓMPRE NON ESQUECELO! SINAL DE ADVENTO Engadimos un novo elemento ao sinal para este tempo de Advento. Desta volta poñemos os brazos e as mans, co que queremos significar que o proxecto co que Deus nos agasalla é o de mans que acariñan e axudan a erguerse. CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) LECTURAS: Veña o teu Reino (Nº 88) OFERTORIO: Téndeme a túa man (Nº 36) COMUÑÓN: Vén axiña visitarnos (Nº 86) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN     Chegamos ao terceiro domingo do Advento. A través das palabras do profeta Isaías chega hoxe a nós a voz do Deus que nos di que no camiño que estamos percorrendo el téndenos a súa man, unha man que nos axuda a erguernos cando a desesperanza aniña no noso corazón; unha man que nos acariña cando a tristura chega a nosa vida; unha man que nos estreita para que sintamos a súa presenza nos momentos de escuridade.     Que a celebración que agora imos comezar nos axude a que, do mesmo xeito que Deus fai connosco, tamén nós saibamos ser para

2 Advento 2020 B

  Ante a dureza moitas veces degradante da vida, atopemos o consolo en Deus Descarga o ficheiro SINAL DE ADVENTO Engadimos un novo elemento ao sinal para este tempo de Advento. Se o outro día era o debuxo das pernas o que colocabamos no taboleiro, desta volta poñemos o tronco, co que queremos significar que o proxecto co que Deus nos agasalla é o dunha presenza viva, de proximidade. CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS: Preparade o camiño ao Señor o    OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) o    COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN             Desde a proximidade do Deus que xa está máis preto, facemos nosa a invitación que nos chega desde a palabra que hoxe imos proclamar: preparade o camiño. Respondendo a este convite, esforcémonos por ir preparando persoalmente este vieiro. Camiño duro e difícil, non o podemos negar, pero, que se nós queremos, non temos que facer sos. A comunidade acompáñanos e