Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

5 Coresma 2020 A

“ Mellor na casa” No Nome do Pai... Canto.- Amigos nas penas, e na festa amigos. Amigos por sempre querémolo ser.(bis) En comuñón cantamos, hoxe desde as nosas casas.(bis). Compartindo a oración, que alenta e da esperanza bis) Aquecendo o corazón Volve ser domingo, xa pasaron tres desde que nos xuntamos a última vez. É esta unha nova oportunidade de sentir a forza da fe no confinamento das nosas casas. A Palabra volve chamar na nosa porta no día do Señor, para invitarnos a acougar un chisco e poñernos, sen présa e con sen barullo, nas mans de Deus. Deixemos que a Palabra vaia enchoupando a vida da que Deus é o seu guía e nós @s seus construtores. Esforzándonos por non deixarnos levar da tristura e dor que nos produce o sufrimento de tanta xente neste momento. Sexamos persoas positivas, e saibamos ver no traballo, na entrega e xenerosidade de tantas persoas que fan posible que os enferm@s sexan atendid@s, os maiores coidad@s, e nós poidamos ter cada día

4 Coresma 2020

(Para rezar na casa, se queremos) No nome do Pai... Canto.- Andarei na presenza do Señor, camiñarei por camiños de vida,                  hei de escoitar a palabra que El nos da, pois é a luz que nos guía. Pórtico Hoxe é un domingo raro, diferente. Non estamos na igrexa, rezamos desde a casa. Facémolo individual ou familiarmente. Esforcémonos por conseguir un momento de silencio e oración que nos axude a mirar dentro de nós, e descubrir que  tod@s somos importantes, que tod@s somos alguén e non algo. Dispoñámonos así a abri-lo corazón a Deus par atopar a súa forza e compartila con tantas persoas enfermas, polo coronavirus e por outras moitas cousas. E fagamos tamén memoria agradecida das persoas que os coidan e nos coidan: sanitari@s , transportista s, empregad@s de tendas e supermercados, gricultor@s,gandeir@s ... que aprendamos a valorar e recoñecer que a súa exposición e esforzo fai que nós poidamos estar sans. Mirando cara o noso interior Porque somos de pensar