Ir al contenido principal

5 Coresma 2020 A

“ Mellor na casa”
No Nome do Pai...

Canto.-

Amigos nas penas, e na festa amigos.
Amigos por sempre querémolo ser.(bis)
En comuñón cantamos, hoxe desde as nosas casas.(bis).
Compartindo a oración, que alenta e da esperanza bis)

Aquecendo o corazón

Volve ser domingo, xa pasaron tres desde que nos xuntamos a última vez. É esta unha nova oportunidade de sentir a forza da fe no confinamento das nosas casas. A Palabra volve chamar na nosa porta no día do Señor, para invitarnos a acougar un chisco e poñernos, sen présa e con sen barullo, nas mans de Deus.
Deixemos que a Palabra vaia enchoupando a vida da que Deus é o seu guía e nós @s seus construtores. Esforzándonos por non deixarnos levar da tristura e dor que nos produce o sufrimento de tanta xente neste momento.
Sexamos persoas positivas, e saibamos ver no traballo, na entrega e xenerosidade de tantas persoas que fan posible que os enferm@s sexan atendid@s, os maiores coidad@s, e nós poidamos ter cada día un prato de comida onde non nos falte ningún alimento. Na canto de pensar no mal que estamos, agradezamos o que tantas persoas fan posible para que cada amencer non botemos en falta nada máis que saír da casa.
Acheguémonos entón, ao recuncho do Señor, que nos pide un momentiño de paz.

Mirando ao noso interior

  • Porque as veces deixámonos levar da tristura e desacougo. No Señor, está a nosa alegría. 
  • Porque caemos na tentación de pensar só en nós, e non nas moitas persoas que traballan por e para nós. No Señor está a nosa alegría.
  • Porque os días énchensenos máis de laios que de sorrisos. No Señor está a nosa alegría.

Escoitando a súa Palabra

Do Evanxeo segundo Xoán

Había un enfermo, Lázaro de Betania, da aldea de María e da súa irmá Marta. María fora a que unxira ó Señor con perfume e lle enxugara os pés cos seus cabelos; o seu irmán Lázaro era o enfermo. Por iso, as irmás mandaron a dicirlle a Xesús: ‑Señor, mira, o que amas está enfermo.

O oílo, dixo Xesús: ‑Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus.

Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela, e mais a Lázaro. Aínda que oíu que este estaba enfermo, deixouse estar aínda por dous días no sitio onde se atopaba. Despois disto, díxolles ós discípulos:

‑¡Vaiamos outra vez á Xudea!

Os discípulos respondéronlle: ‑ Mestre, aínda non hai nada que te querían apedrar os xudeus, e vas ir outra vez alí?

Xesús replicou: ‑ Non hai doce horas de día? Se alguén camiña de día, non tropeza, pois ve a luz deste mundo; mais se alguén camiña de noite, tropeza, pois non hai luz nel.

En dicindo isto, proseguiu: ‑Lázaro, o noso amigo, dorme; pero eu vouno espertar.

Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ó encontro. María, en cambio, quedou na casa. Díxolle entón Marta a Xesús: ‑Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; pero eu sei que, aínda agora, Deus che concederá calquera cousa que lle pidas.

Xesús díxolle: ‑Teu irmán resucitará.

Marta respondeulle: ‑Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro.

Díxolle Xesús: ‑Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, aínda que morra, vivirá; e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. Cres ti isto?

Ela respondeu: ‑ Si, Señor: eu creo que ti es o Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ó mundo.

Palabra do Señor. Gloria a Ti, Señor Xesús.

Remoendo a con esperanza

Hoxe é o quinto domingo de coresma, que moit@s coñecedes como o domingo “ de Lázaro”. Porque é sobre este amigo de Xesús e sobre o que xira o Evanxeo. E para non cansar moito, invítovos a que vos fixedes en tres aspectos desta Palabra que acabamos de ler: 
É, coma o noso, un momento no que a morte e a enfermidade se fan presentes na vida de Xesús. Lázaro, o irmán de Marta e María, cos que Xesús tiña unha relación estreita e amigable ponse mal e falece. E como o se fai cando ocorre unha cousas así, un busca atopar consolo, forza e ánimo nas persoas que nos queren ben. Por iso Marta e María mandan recado a Xesús do que lle pasara ao seu irmán. Non quedan no desalento ou no derrotismo, senón que buscan quen as poida acompañar, facéndolle ben. Non fundíndoas máis na dor e na desesperación; buscan a quen , sen quitarlle a dureza do momento, vai saber estar ao lado agarimándoas coa súa presenza, sen moitas palabras retrouso ou baleiras. Buscan a quen sabían que non as ía deixar ao pairo, soas.Tiñan confianza nel. 
O segundo aspecto que a min me achega ao texto é a importancia que para esta familia tiña a súa amizade con Xesús. Non eran uns simples coñecidos de quedar para ir de copas, ou saudarse ao cruzarse con eles na rúa. Non, eran verdadeir@s amig@s. Dos que se sentan, dos que se paran e escoitan, dos que prestan atención e non buscan escusas para irse o máis rápido posible. Na pasaxe do Evanxeo de hoxe vemos un fermosísimo canto ao valor da amizade. Ser amigos en tódalas situacións da vida. Tamén nós nestes momentos precisamos de amig@s así. Dos que pensan e se preocupan por nós, dos que nos chaman e aos que chamamos, dos que lle mandamos un “ Juás”. e sabemos que ao recibilo van sorrir, inda que a situación non sexa das mellores. Pensemos entón nós, que estamos a facer polos amig@s ou que podemos seguir facendo; e valoremos o que eles tamén fan por nós. 
E o terceiro aspecto que invita á reflexión, e a esperanza que Marta e María tiñan en Xesús, e como a súa chegada, a súa palabra e o seu bo facer, confirma por que estas dúas irmáns acreditaban tanto na persoas de Xesús. Do mesmo xeito que Marta e mais María, tamén nós somos invitad@s a acreditar en Xesús e poñer nel a nosa esperanza. Porque coma elas, tamén nós sabemos que El é a resurrección e a vida. Unha vida que non se esgota na dureza das situacións que vivimos, senón que se plenifica na esperanza que nos levará un día a acougar onda El. E namentres ese día non chega, tócanos ser, a todos e a todas nós, motor de comuñón cidadá participando e comprometéndonos en tódalas accións que fagan da vida das persoas dignidade e respecto. E iso esíxenos mirar sempre ao ben común desde a solidariedade e a participación. Na casa e fóra dela.

Facendo comuñon orante

Querendo sentir o aquecemento da comunidade, que desde diferentes recunchos do mundo hoxe comparte a oración no Deus da esperanza dicimos.
A nosa confianza en Ti, fainos sentir a forza da comunidade

· Que as dificultades do momento, non nos fagan perde-lo sentido da vida e a ilusión por seguir facendo proxectos e plans, que cando todo isto pase, iremos realizando. Oremos.
A nosa confianza en Ti, fainos sentir a forza da comunidade
· Que saibamos promover momentos de confianza, de amizade e esperanza coas persoas que nestes días compartimos tantas horas de presenza común nas nosa casas; evitando o enfrontamento e a falta de diálogo e comunicación. Oremos.
A nosa confianza en Ti, fainos sentir a forza da comunidade
· Que non esquézamos agradecer o traballo de tantas persoas que cada día fan posible que poidamos vivir con dignidade, sen que nos falta nada. Nin saúde nin alimentos que poder comer. Oremos.
A nosa confianza en Ti, fainos sentir a forza da comunidade
· Que non esquezamos de poñer na man de Deus ás persoas que nestes días se nos van inda; ben polo contaxio do virus, ben por calquera outra circunstancia. Oremos.
A nosa confianza en Ti, fainos sentir a forza da comunidade
Grazas, Señor, por invitarnos a este recuncho de oración comunitaria uníndonos a tódalas persoas que fan confianza, amizade e esperanza guieiros das súas vidas. Amén.

Noso Pai...

Para que o Remol siga aquecendo
Non fales tanto,
Non prediques tanto,
Non leas tanto,
Non escribas tanto.
Pensa ; Vive o que ensinas; Medita o que les;
Mide o que escribes.
Tres palabras Chegan: Aquí me tendes;
Unha ensinanza abonda: amádevos.
Un libro é suficiente: o da vida. ( M.Regal)

Canto.- Non vou só, teño un amigo ao meu lado; non vou só. Eu sei que Deus está comigo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...