CORESMA, TEMPO PARA FACER MUDANZA SINAL DE CORESMA Colocamos a quinta e derradeira pedra por riba do altar. CANTO GOZOSO ENTRADA: Arrepentido (Nº 13) LECTURAS: Na noite escura (Nº 104) OFERTORIO: Amigos nas penas COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (Nº 103) ESPERTANDO Á RÚAH Chegamos hoxe ao quinto e derradeiro domingo deste tempo de coresma. Un camiño no que se nos convidaba a facer mudanza, a cambiar de sitio aquilo que está mal colocado ou a desbotar aquilo que sobra, porque nos fai dano. Comezamos o camiño no deserto; logo subimos ao Monte Tabor. Baixamos e Cristo ofrecéusenos coma auga viva que sacia a nosa sede e como luz que alumea as nosas tebras. Hoxe imos un paso máis alá: diante de tantos sinais de morte como hai no noso mundo: violencia, desigualdades, inxustizas, silencios... Deus preséntasenos como a Vida con maiúsculas, e chámanos a arredar a pedra das nosas sepulturas para ver así a gloria de Deus presente na nosa vida. SUPERANDO A DISTRACCIÓN Ti sentiches a dor da morte do
Para orar e celebrar a fe na nosa terra