Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

4 Pascua 2020 A

Rezando na Casa 4º de Pascua “O Bo Pastor” (Neste 4o domingo de Pascua, seguimos a rezar na casa. Volvemos buscar un lugar tranquilo para rezar. Poñemos, coma o outro día un pano branco sobre unha mesa, acendemos unha candea e colocamos ao lado un vaso cun pouco de auga). No nome do Pai... Canto.- Unha certeza nos guía ao longo do camiñar, por iso imos a Ti, alegremente a cantar, por iso imos a Ti, alegremente a cantar. Non vou só, teño un amigo ao meu lado, non vou só, eu sei que Deus está comigo. (bis) LUZ DE ESPERANZA CON OLLOS DE MISERICORDIA  No noso ir tomando conciencia de ser Igrexa Doméstica, este cuarto domingo  de Pascua invítanos achegarnos a Xesús Resucitado como comunidade que se pon  en camiño seguindo as súas pegadas. As pegadas do Pastor. Un Pastor que  escoita, atende, acompaña, nas ledicias e tristuras, e invita sempre a poñer o  corazón, e non só o sentido práctico, nas cousas que fagamos.  Nesta festa do Bo Pastor, tamén facemos presentes na oración desta mañá  ás

5 Pascua 2020 A

Vémonos na igrexa o 17. Só os que non somos dos grupos de risco.  Levamos a mascariña!!!!!!!!!!!!! Remol Rezando na Casa  5º de Pascua (Celebramos hoxe o 5º domingo de Pascua , e namentres esperamos ao domingo dezasete que, os que queiramos xa podemos ir á igrexa, seguimos a rezar na casa. Volvemos buscar un lugar tranquilo para rezar. Poñemos, coma o outro día un pano branco sobre unha mesa, acendemos unha candea e colocamos ao lado un vaso con un pouco de auga). No nome do Pai... CANTO Unha xuntanza de amor temos aquí, (bis) pois precisamos que Ti nos queiras, que Ti nos fales, connosco vivas. (bis) Mentres na terra, Señor, exista a dor, (bis) nós non queremos vivir alleos ó sufrimento de quen padece. (bis) LUZ DE ESPERANZA CON OLLOS DE MISERICORDIA Nesta xuntanza de amor que ha ser sempre a Igrexa Doméstica , volvemos compartir e celebrar o domingo, Día do Señor e experiencia de reunión comunitaria. Unha reunión que facemos uníndonos no compartir esta celebración desde lugares dife