Tempo de poñer o reloxo a punto: iguais e sen exclusións Descarga o ficheiro SINAL DE CORESMA Celebramos o primeiro domingo de coresma, e con el presentamos un sinal que nos pode ir axudando a marcar este tempo penitencial que comezamos o mércores da cinsa. Propoñemos un reloxo como imaxe central. No interior do reloxo, escribimos: “CORESMA É TEMPO DE...”, ao redor da cal iremos cada domingo axuntando unha actitude que temos que ir reflexionando ao longo da semana. Como neste primeiro domingo as mulleres crentes queren visualizarse e maniféstanse en varios puntos do país para mostrar o seu esquecemento e a pouca ou ningunha valoración polo seu traballo na Igrexa, queremos que a primeira actitude, que ha levar a non calar ante silencios aos que se somete á muller dentro da Igrexa, sexa a de REIVINDICAR. A partires dela, cada semana irán aparecendo: contemplar, dialogar, curar e confiar. CANTO GOZOSO ENTRADA: Non vou so (Nº 60) LECTURAS: As túas palabras, Señor (113) / Un...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra