Ir al contenido principal

6 domingo TO 2020 A

AS PERSOAS DÉBILES E COVARDES “DEFENDEN” O AMOR CON LEIS.... 
AS PERSOAS FORTES SUPERAN AS LEIS CO AMOR
Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11)
LECTURAS: O Señor é o meu Pastor (Nº 27)
OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52)
COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61)
OLLOS ABERTOS
Nunha sociedade coma a nosa na que se estila a cultura do “sálvese quen poida”, na que o individualismo campa ás súas anchas, na que a corrupción e a desconfianza xorden por arte de maxia, na que o feito de fiarse da palabra de alguén é unha inxenuidade, na que o engano, o encubrimento ou as medias verdades son moeda de curso non só corrente, senón legal; na que se dubida de todo e de todas as persoas; na que os avales xa non avalan.... convén volver sobre a palabra que hoxe nos dirá Xesús no evanxeo: a sinceridade é posible, a confianza existe, a dignidade non está perdida, a honestidade é semente do Reino, a coherencia é a nosa meta.
Que a celebración que agora comezamos nos axude a non esquecer que o mundo será o que nós queiramos que sexa.
PRECISANDO DA TÚA MISERICORDIA
    • Pola nosa falta de constancia, que nos impide desbotar do noso lado as amarguras, a ira, os enfados e os insultos, SEÑOR, ENDEREITA O NOSO RUMBO
    • Pola nosa falta de confianza, que nos impide camiñar pola vida coma persoas esperanzadas na busca da vida plena, CRISTO, ENDEREITA O NOSO RUMBO.
    • Pola nosa falta de amor, que nos converte en persoas necias, incapaces de entender aos demais, os seus problemas e as súas circunstancias, SEÑOR, ENDEREITA O NOSO RUMBO.

    PÉS NO CHAN
      O libro do Eclesiástico chámanos a caer na conta da nosa responsabilidade no noso destino. Deus sae ao encontro do seu pobo e móstralle o camiño que conduce á vida; pero cada persoa é libre para escoller, para desenvolver a súa propia existencia. Unha vez máis podemos dicir sen medo a equivocarnos: que lonxe estamos da Palabra!, que afastados nos atopamos de que isto sexa unha realidade na nosa vida!. Si, porque, a diferenza de Deus, nós estamos cheos de medo e de complexos e parécenos que iso da liberdade, da proposición e non da imposición, da responsabilidade... son, coma quen di, tonterías.... O mellor é ter alguén que dirixa a túa vida, que tome decisións por ti, que controle o teu camiño...; así serás doutrinalmente seguro e non caerás na tentación da autocrítica ou do pataleo reivindicativo. Non... Pero xustamente porque as cousas sempre se fixeron así, estamos onde estamos: nun infantilismo perpetuo da nosa fe, nunha fe que só alimentamos con rutinas (aínda que non teñan moito sentido... sempre se fixo así), nunha fe que non esixe nada na nosa vida (mesmo para moitos representantes de Deus na terra), nunha fe que parece un adobío bonito que conxunta á perfección con algúns traxes (celebracións, recadacións, rutinas, boato, maxia....), pero que non lle vai nada a outros (responsabilidade no traballo, loita polo desenvolvemento, búsquea da xustiza, transparencia na administración dos cartos que non son nosos....). Por iso hoxe que ben nos vén que o Señor nos advirta de que temos que ser mellores que os letrados e fariseos para poder entrar no seu Reino. Lo más.........Que balón de osíxeno nos dá cando nos lembra que non deixará impunes aos mentireiros, aos que viven de aparencias, aos que fan do ordeno e mando o motor da súa vida, aos que utilizan o medo e o poder para dominar conciencias, aos que, falando no seu suposto nome, humillan, aldraxan e ningunean ás persoas atendendo a diferentes e peregrinas razóns: xénero, status económico, crenzas, orixe, traballo.... Grazas, Señor, por crearnos libres e por respectar as nosas decisións!!!!.
      Pero non nos enganemos!!!!!!!!!. Isto complica moito máis o asunto. Unha vez que nos atopamos con Xesús na nosa vida, xa nada será o mesmo, seremos moito máis esixentes con nós mesmos, faremos da coherencia o abc da nosa vida.... El que vén a darlle plenitude á lei, tamén vén a complicar a nosa vida, para chamarnos a vivila dende unha opción fundamental pola xustiza, a solidariedade e o desenvolvemento. Vén para que sexamos capaces de discernir. Xustamente porque Deus é Amor, porque El é Pai e Nai, nós temos que pagarlle tamén con amor, non con amor estático de contemplación e de horas mortas diante do Santísimo (que opción tan doada), senón co amor dinámico que enche o depósito na oración e no trato confiado con Deus para logo facerse realidade nos irmáns e nas irmás, especialmente naqueles máis desfavorecidos. Estes principios sobre os que asentamos a nosa vida son máis que flor dun día, son valores permanentes que engrandecen e dan sentido á vida dos seres humanos. Xustiza, liberdade, paz, amor, e verdade son así o eixo fundamental da nosa ortopraxe e da nosa ortodoxia. Porque se queremos facer algo polos demais, non hai escusas, hai moitos motivos. a que esperamos para facelos realidade?.
      FRATERNIDADE ORANTE
      Abrimos o corazón a Deus e confiémoslle a nosa vida, para que a alente e acompañe. Dicimos xunt@s:

      QUE A NOSA FE SEXA HUMANIZADORA
      • Pola Igrexa, para que tod@s @s que a formamos venzamos a tentación de converternos nunha sociedade anónima, de frías estruturas, e construamos unha nai de corazón quente e solidario con todas as persoas, OREMOS.
      QUE A NOSA FE SEXA HUMANIZADORA
      • Polas nosas comunidades, para que sexamos capaces de erguernos da nosa prostración e da nosa rutina para comezar a vivir á luz do evanxeo, visitando a quen está enfermo, alentando a quen está triste, acompañando a quen non ten esperanza, OREMOS.
      QUE A NOSA FE SEXA HUMANIZADORA
      • Por cada unha e cada un de nós, para que nos esquezamos que non todo vale e que non todo é o mesmo, senón que a través da formación nos adestremos no discernimento, OREMOS.
      QUE A NOSA FE SEXA HUMANIZADORA
      Grazas, Señor, porque queres ser o pan que alimenta o noso camiñar cotián, no que Ti te fas compañeiro de camiño. PXNS. Amén.
      MIRADA ESPERANZADA
      Señor, danos forza
      para soportar as adversidades,
      para non fraquear na loita,
      para non crer ter chegado e sabelo todo.
      Danos forza
      para aprender sempre dos demais,
      para crer, buscar e traballar pola verdade,
      para acompañar sen descanso.
      Danos forza para vivir con sentido, sen medos,
      para vivir como pensamos,
      para pensar como vivimos.
      Danos forza
      para cambiar o noso camiño se nos fai falla cambiar,
      para non cambiar de camiño, se non nos fai falla cambiar,
      para abrir novos camiños, se fai falla abrilos.
      Danos forza
      para dicir o que cremos,
      para crer o que pensamos,
      para darlle a man ao outro.
      Danos forza para vivir como paga a pena vivir:
      sen medos e dando a vida, que é tempo, esforzo, traballo e compaña.

      Comentarios

      Entradas populares de este blog

      Corpus 2024 B

      ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

      Santos 2024

        Tódolos Santos. 2024 Camiñando na comuñón do Pai, do Fillo e do Espírito Santo Cantos Entrada.-  Benaventurados  ( 118) Lecturas.-  O amor é o meirande  ( 119) Ofertorio.-  Quédate, Señor, connosco   ( 63 ) Comuñón.-  Non vou so   ( 60 )   Ollos para ver          As persoas cristiás celebramos hoxe a festa da esperanza. Non é nin a festa dos disfraces nin a festa do medo, é a festa do agradecemento polo testemuño de vida que nos teñen deixado homes e mulleres, os santos da porta do lado, como diría o papa Francisco, que foron quen de construír comunidade en comuñón. Sabendo unir, escoitar, acompañar e mostrar que na vida, o que nos fai verdadeiramente felices é facer o ben, e non rosmar e estar permanentemente facendo crítica e vendo so o negativo das demais persoas.          E hoxe entón a festa da comuñón no Pai, no Fillo e no espírito...

      4 advento 2024

          HUMILDES CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DO BERCE DA SINXELEZA ACOLLEDORA SINAL DE ADVENTO Completamos o noso berce.   CANTO GOZOSO o    ENTRADA:  Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS:  Vén axiña visitarnos (Nº 86) o    OFERTORIO:  Recibe, Señor (Nº 31) o    COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   OLLOS DE ESPERANZA              Belén era unha aldea pequeniña, un lugar que pasaba totalmente desapercibido e que semellaba pouco ou nada importante. Ata que unha noite converteuse en lugar de salvación e acollida, porque alí naceu o Fillo de Deus. Neste cuarto e derradeiro domingo do Advento, Belén quere ser para todas e todos nós un recordatorio claro de que Deus está no sinxelo, no humilde, na xente máis esquecida e que, ao igual que Belén, é moitas veces invisibilizada e marxinada.    CORAZÓN MISERICORDIOSO ·      ...