Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

Santa Maria 2018

QUE A PAZ QUE NOS TRAE O NENO SEXAMOS CAPACES DE FACELA REALIDADE NUN MUNDO DIVIDIDO E ENFRONTADO Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO Panxoliñas o    ENTRADA:   o    LECTURAS: o    OFERTORIO: o    COMUÑÓN:   BENDICIÓN NO COMEZO ´ Que Deus nos bendiga todos os días do ano, ´ Que Deus nos sorría todos os días do ano, ´ Que Deus se fixe en nós todos os días do ano, ´ Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano ´ A paz, o amor e a xustiza de Deus, que se manifestaron en Cristo, nacido para a nosa salvación sexan con todos e con todas vós. ABRINDO AS PORTAS DO CORAZÓN Bos días e feliz ano novo para tod@s. O mes de xaneiro que hoxe comezamos fala de inicios. E sempre que empezamos algo, facémolo con moita ilusión, con bos propósitos e co desexo de poder rematalo. Por iso vimos aquí: para agradecerlle a Deus a súa compaña e para poñer estes doce meses que temos por diante na súa man. Si, porque a celebración de hoxe, na xornada da paz, é unha chamada

Sagrada Familia 2017

A familia, fogar que acolle, acompaña e sanda Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Temos unha festa (Nº 6) o    LECTURAS: Déixate querer (Nº 61) o    OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) o    COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) ABRINDO AS PORTAS DO CORAZÓN Benvid@s á nosa celebración comunitaria deste domingo. Hoxe, último día do ano, sentimos o gozo de celebrar a festa da Familia de Nazaré; e nela a festa de todas as familias que, de formas e modos diferentes, conforman o poliedro social e eclesial das relacións entre as persoas guiadas polo amor compartido, gozado e celebrado. Como comunidade familiar, e unidos á Familia de Nazaré, comecemos esta festa da unión solidaria fraguada no amor entregado xenerosamente de balde ao que nos invita o seguimento de Xesús. NECESITANDO DA SÚA MISERICORDIA ·       Por non esforzarnos en remar na mesma dirección nas nosas familias; SEÑOR, QUE O PESIMISMO NON NOS ENVOLVA. ·       Por n

Nadal 2017

NACE PARA QUE NON ESVAREMOS SOBRE A VIDA UNHA MIRADA DE TURISTAS, SENÓN DE PROFETISAS E PROFETAS Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO Panxoliñas o    ENTRADA: o    LECTURAS: o    OFERTORIO: o    COMUÑÓN: o    BICADO DO NENO   PARA NON PERDER O PASO Bos días e Bo Nadal para tod@s vós!!!!.Porque o nacemento dun neno non era unha festa para tod@s; porque á meirande parte das persoas a vida resultáballes unha triste e penosa escravitude; porque un poder tiránico asoballaba a liberdade dos pobos impoñendo leis inxustas, unha paz muda e unha cultura uniforme; porque a dignidade da persoas medíase pola forza, a riqueza ou a sorte; porque a humanidade vivía nunha crise desesperanzada e deprimente; porque só Deus podía salvar ás persoas... enviou ao seu Fillo ao mundo. Se Deus se fixo un de nós, todo pode e debe cambiar: novas serán as persoas, nova será a sociedade, nova será a terra. Deixemos atrás a mirada de turistas, que só se preoc