Pascua do Enfermo Pascua do enfermo: o paso desde o amor invisible á visibilidade do servizo Cantos Entrada.- Amigos nas penas e na festa amigos/ A Cristo cantamos (Nº 124) Lecturas.- Xesús é Señor (16) Ofertorio.- Señor Xesús, bendito sexas (52) Comuñón.- Non vou só (60) Oídos atentos Achegámonos hoxe á Mesa do Pan compartido para compartir a forza da tenrura de Deus que nos invita a vivila no acompañamento e escoita da xente enferma. Porque hoxe, sexto domingo de Pascua, celebramos a xornada das persoas enfermas. E se na gratuidade temos recibido o don da fe, gratis temos tamén que poñer ese don convertido en servizo e achega para coas persoas enfermas. Que a nosa oración sexa hoxe un agradecer este don e un compromiso para non deixar nas beiras, onde ninguén nunca se para, a persoas que sabemos que necesitan de todo canto poidamos ofrecerlles para facerlles a vida máis fácil, colledora e con sentido. Corazón misericordioso · P...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra