Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2017

1 Advento B 2017

Sen desesperar, tampouco apurando o paso, paseniñamente, a tebra irá dando paso á luz. Ven, Señor Xesús! Descarga o ficheiro SINAL DE ADVENTO Os lumes asolaron a nosa terra e a nosa xente. A Casa Común quedou ferida, polo que ao longo do Advento tentaremos ir tomando conciencia que, máis alá da dor, da tristura e da rabia, a esperanza segue presente. E queremos expresalo poñendo no taboleiro diante do altar unha cartolina con catro siluetas de rocha. Cada un dos domingos sacaremos unha destas siluetas para que deixe ver o que hai detrás: unha árbore verde e frondosa, tamén en silueta de cartolina. Deste xeito o día de Nadal poderemos ver en todo o seu esplendor a árbore que as rochas ennegrecidas non nos deixaban ver ao comezo do Advento. Que queremos transmitir? Que o mesmo que en Galicia a esperanza non a matan os lumes, tamén en nós, Xesús non deixa que a esperanza morra. CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nª 90) LECTURAS: Xesús chamado amigo (Nº 89) OF

Os símbolos do advento

 Inicio   1ª Semana

Cristo Rei 2017

Sigamos as pegadas do Mestre que segue a abrir camiños polo reinado do servizo, o acompañamento e a superación da autorreferencialidade: Non retrocedamos nin un paso atrás! Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Camiñarei (Nº 62) o    LECTURAS: Veña o teu Reino (Nº 88) o    OFERTORIO: Gracias, Señor, na mañá (Nº 117) o    COMUÑÓN: Señor Xesús (Nº 52) ESCOITA ACTIVA           Logo da xornada das persoas pobres, este domingo, remate do ano litúrxico, achegámonos á persoa de Xesús como mestre que reina desde o servizo e xenerosidade ofrecida, sen que medien cartos, a cantos queiran acollela e sentir a tenrura da súa compaña.         Compartamos, xa que logo, o sentido comunitario na tarefa de ir construíndo reinado de escoita, acompañamento, traballo en común, axuda solidaria... pero nunca aproveitamento das persoas, principalmente das máis pobres e necesitadas. Fagamos da vida entrega xenerosa a toda experiencia na que a verdade reine sobre o engano, a m

33 Domingo TO A 2017 (Día Mundial das Persoas Pobres)

NON AMEMOS DE PALABRA, SENÓN CON OBRAS (I XORNADA MUNDIAL DAS PERSOAS POBRES) Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7) LECTURAS: Escoita ti (Nº 26) OFERTORIO: Déixate querer (Nº 61) COMUÑÓN: Benaventurados (Nº 119) ESCOITA ACTIVA Celebramos hoxe por vez primeira a Xornada Mundial das Persoas Pobres, que o papa Francisco estableceu que se celebre todos os anos e en toda a Igrexa o derradeiro domingo do tempo ordinario, previo á festa de Cristo Rei. Trátase dunha Xornada verdadeiramente significativa por estar centrada nas persoas pobres, destinatarias preferenciais das palabras e xestos salvadores de Xesús e chamadas a ser, tamén hoxe, “ sen dúbidas nin explicacións que debiliten esta mensaxe tan clara ”, destinatarias privilexiadas da vocación e da misión da Igrexa, referentes dos seus proxectos e plans pastorais. Trátase de cambiar o xeito de mirar, adoptar o ángulo de Deus, que mira desde o

32 domingo TO A 2107

SABIOS CON "PEDRIGRÍ" OU SERVIDORES DO TRABALLO ESFORZADO E MADURADO NO TEMPO? Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) LECTURAS: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51) ESCOITA ACTIVA Nun mundo no que a sabedoría se mide pola cantidade de títulos universitarios, mestrados ou doutorados, a primeira lectura volve poñer o acento sobre o importante, invitándonos a deixar nas beiras o anecdótico ou accidental. Só quen ama a aprendizaxe é capaz de descubrir e valorar o que significan esforzo, traballo, experiencia... madurez da vida. A isto nos invita constantemente a fe que proclamamos e compartimos cada domingo. Esforcémonos entón por ser sabios de canto vai enriquecendo a nosa mirada e a capacidade de descubrir as moitas posibilidades que todos temos de aprender uns dos outros. CORAZÓN MISERICORDIOSO *         Por non deixar que a verdadeira sabedoría, a que a