CANDO NON SE PON O ACENTO EN MOISÉS, SENÓN NA CÁTEDRA, A FE
DEIXA DE SER LIBERACIÓN A CONVERTIRSE EN PESADA CANGA
CANTO GOZOSO
ENTRADA:
Que ledicia a miña (Nº 4)
LECTURAS:
Camiñar sen Xesús (Nº 68)
OFERTORIO:
Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
COMUÑÓN:
O amor é o meirande (Nº 120)
ESCOITA ACTIVA
En máis dunha ocasión tennos matado a nosa “pretendida e excesiva”
fidelidade. Si, aínda que nos resulte estraño, quen algunha vez non se deixou levar
polo que manda a letra, esquecendo ás persoas que vían que esa mesma letra as
facía infelices?; quen non se ten amarrado á literalidade para xustificar os
propios medos e inseguridades?; quen non ten recorrido ao que é doutrinalmente
seguro para negarse a alixeirar as pesadas cangas dos ombreiros dos irmáns e
das irmás?; quen non ten posto as normas por diante do corazón das persoas para
tranquilizar a súa conciencia?... Porén, a Palabra invítanos hoxe a fuxir
destas falsas fidelidades e a non esquecer que o único importante, o que
verdadeiramente nos fará felices non é seguir un manual cunhas letras, que
tantas veces matan, senón axudar, compartir, empatizar, escoitar... comprender
a todas as persoas, nas que Deus se nos mostra.
Certamente é un camiño máis difícil, non vén en ningún manual; pero
Xesús móstrasenos como compás e caxato. Acollamos entón esta Palabra de vida.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
Porque son moitas as veces nas que actuamos para que
nos palmeen e nos digan o ben que facemos as cousas, e non estamos dispost@s a
camiñar de xeito máis humilde e sinxelo traballando polos demais; SEÑOR, NON NOS DEIXES CAER NA HIPOCRISÍA.
Por seguir facendo distingos entre as persoas,
favorecendo ás que nos caen ben, ás que “pertencen” a un status superior ou ás
que teñen máis cartos; CRISTO, NON NOS
DEIXES CAER NA HIPOCRISÍA.
Porque seguimos rachándonos as vestiduras diante das
persoas que non pensan, non falan, non rezan, non amar ou non actúan coma nós,
e pronto as tachamos de pecadoras; SEÑOR,
NON NOS DEIXES CAER NA HIPOCRISÍA.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
Como
nos custa que as palabras, que tan facilmente saen das nosas bocas, se
convertan en vida. Que difícil nos resulta que compartir, dar, axudar... se
fagan realidade e deixen de ser simplemente palabras. E así nos loce o pelo....
Porque o fariseísmo que Xesús denuncia e que por desgraza se está a converter
nunha actitude permanente na nosa Igrexa é un aviso para que coidemos de caer
nesta deformación relixiosa. Lembremos que non foi a xente considerada pecadora
e proscrita a que se opuxo a Xesús, senón precisamente os máis piadosos e
relixiosos do pobo. É este un fenómeno frecuente cando a fe se transforma en
fanatismo cego ao servizo da lei, do culto, do dogma ou da institución,
traizoando o espírito relixioso. Colocamos entón ideas e estruturas por riba do
amor, chegando ao desprezo do máis sagrado e importante: as persoas. Sóanos o
conto?. Tres son as acusacións que Xesús lles fai aos escribas e aos fariseos
de onte e de hoxe:
o
VANIDADE: Pasean
pomposamente enfundados nas súas roupaxes, comprácense nas reverencias e nos
saúdos por parte da xente, no acaparamento dos postos de honra nos banquetes e
nas asembleas, no saíren nos papeis, en que falen deles... A relixión é só
hábito vistoso que cobre intereses persoais máis ben baixos, mera aparencia...
A práctica relixiosa úsase con fins egoístas. Instrumentalízase a Deus co fin
de construírse o propio monumento. Todo é finximento, puro exhibicionismo, para
que as persoas recoñezan a súa autoridade e o seu prestixio. Buscan chamar a
atención do pobo, sempre crédulo diante das aparencias. Cómpre, pois, modestia
e discreción. Convencernos de que o hábito non chega para cubrir o baleiro, que
debemos ser recoñecidos polos valores que levamos dentro e non polos que nos
“botamos” enriba. Que un “portador de hábito” non é necesariamente un “portador
de Deus”.
o
HIPOCRISÍA E INCOHERENCIA:
Devoción ostentosa, baseada na cantidade e na duración das oracións, feitas
como espectáculo para lograr a estima e a admiración do pobo sinxelo... pero
non fan o que din. O que din non é falso... pero as súas obras desmenten as
súas palabras, e ao fin e ao cabo... a árbore coñécese polos seus froitos.
o
DOBRE RASEIRO:
Legalismo opresor para os demais e indulxencia e escapatoria para si mesmos. Autocomprácense
na súa propia moral externa e baleira, mentres agonían e culpabilizan á xente
co peso da lei. En vez de axudar aos pobres, pequenos e indefensos non dubidan
en explotalos dun xeito descarado, aproveitándose deles e da súa boa fe.
Mentres para nós e para os nosos o xustificamos todo, o entendemos todo, o
desculpamos todo... para os demais, aqueles que non son da nosa corda, non
temos escrúpulos en poñer sobre os seus ombreiros pesadas cangas.
Atopamos
así unha relixiosidade baleira, arrogante, formalista, caracterizada pola exterioridade
e o legalismo cruel (que é o coñecemento de todas as leis agás a do amor)
dominada por persoas ávidas de poder, honores e triunfos... Unha relixión na
que as teimas persoais acaban por volverse obsesións que non serven para nada
máis que para perder tempo e enerxías, deixando un pouso de tristura e
desalento. Dá a impresión de que nos sobra tempo e como non temos en que
investilo, dedicámonos a perdelo en cuestións superficiais... como se a vida
non tivese moito no que poder traballar e comprometerse para buscar a
felicidade... pero, claro, iso supón sacrificio, esforzo, renuncia....Porque
non nos enganemos: para ocupar cargos e honras nunca faltarán candidatos; o
difícil é achar persoas dispostas a gastar e desgastar a súa vida a prol dos demais,
sen máis pretensións que seguir o camiño de Xesús. Esta é a verdadeira
grandeza, posto que estas son as persoas verdadeiramente necesarias.
Fronte
desta esquizofrenia, Xesús volve facer a súa proposta dunha Igrexa:
o
IGUALITARIA
E FRATERNA:
Fóra honras mundanas, títulos e reverencias. A ninguén lle chamedes Pai, agás
ao do ceo; e non vos deixedes chamar mestres nin xefe. Na comunidade cristiá só
hai irmáns e irmás, tod@s coa mesma talla. A verdadeira xerarquía só destaca
como servizo á comunidade.
o
CRISTOCÉNTRICA: O noso
único mestre e Señor é Xesús, o Mesías. El é centro e xefe da comunidade. Os
demais non son tal, senón servidores.
o
SERVICIAL: A
autoridade é tal se realmente é servizo. A grandeza dos ministerios está en
servir, e non en ser servido. Volver aos esquemas xerárquicos que sitúan ás
persoas en chanzos ou niveis de maior ou menor prestixio é non ter entendido en
que consiste o Reino de Deus.
o
Unha comunidade na que non hai inchados
posuidores da verdade, senón humildes e apaixoados buscadores; na que hai
abundancia de “ministros da misericordia de Deus”, na que os responsables
reivindican o privilexio de servir; na que a grandeza está medida pola
pequenez; na que a carreira está determinada pola caridade; na que quen exerce
a autoridade non escurece e non ten pretensión de substituír ao único Mestre,
senón que o fai visible, case sensible, coa súa transparencia e a súa
capacidade de discreción; unha comunidade na que ninguén pretende controlar e
manipular e na que os únicos títulos válidos son “aprendices” na fe, no servizo
e no amor. E nós, onde nos situamos?
FRATERNIDADE ORANTE
Con
sinxeleza, sabéndonos necesitados de Deus, das irmás e dos irmáns, poñamos
sobre a mesa do Pan e da Palabra a nosa vida para ofrecerlla a quen nos ensina
unha vez que o importante non é falar moito, senón amar moito e digámoslle:
SEÑOR,
GÁRDANOS NO TEU AMOR
Para
que na Igrexa, onde todos deberamos ter sempre sitio e nunca ser excluídos,
aprendamos a respectarnos e a non movernos pola imaxe ou polos cartos, senón
polo convencemento de que Deus nos chama a actuar na igualdade, OREMOS.
SEÑOR,
GÁRDANOS NO TEU AMOR
Para
que nas nosas comunidades superemos dunha vez o medo ao que dirán, aos
prexuízos ou á tentación de sermos ben vistos e traballemos por defender a quen
é deixado de lado ou tratado inxustamente, OREMOS.
SEÑOR,
GÁRDANOS NO TEU AMOR
Por
todos e todas nós, para que superemos a tentación de cargar pesados fardos
sobre os ombreiros da xente, e pola contra aprendamos que o noso é axudarlles a
levar as súas cruces e problemas, OREMOS.
SEÑOR,
GÁRDANOS NO TEU AMOR
Señor, grazas
porque nos invitas a ser sinxelos e a poñer ás persoas sempre por riba da fría
letra da legalidade. P.X.N.S. Amén.
MIRADA DIFERENCIADA
O
noso mundo xeme, Señor, cargado de feridas.
Doe
a guerra provocada entre países pobres.
Doen
a fame, a inxustiza, a incultura...
Doen
as persoas inmigrantes, refuxiadas, paradas e excluídas...
todas
as que teñen os seus dereitos pisoteados
e
non contan nesta tola historia nosa.
Non
permitas, Señor, que vivamos felices
no
conformismo das persoas inconscientes,
nin
que nos consideremos fillos e fillas túas
se
non nos responsabilizamos dos nosos irmáns e irmás.
Non
consintas que aniñen no noso corazón o orgullo
e a
miseria de quen busca só o seu benestar e o seu proveito.
Guíanos,
Señor, na tarefa que nos encomendaches
de
cambiar corazóns e estruturas, día a día,
para
que o noso mundo sexa cada vez
un
pouco máis semente do teu Reino,
pois,
se Ti non o fas,
confundiremos
de novo o teu querer
cos
nosos mesquiños proxectos.
Planta,
Señor, semente nova nos nosos corazóns.
Áranos,
réganos, cóidanos como Ti sabes.
Afina
a nosa sensibilidade e fainos permeables
para
que a túa auga, a túa brisa, os teus aloumiños
fagan
de nós un campo fértil
no
que florezan a paz, a xustiza e a solidariedade. Amén.
Comentarios