Herdeiros nunha mesma andaina:Deus chega para tod@s Pórtico No mundo no que estamos son moitas as persoas que falan, que fan proxectos, que prometen… Hoxe, só con dicir parece que xa se fai...Pero, non estamos cansos de tantas palabras sen fondo?. Palabras baleiras de contido, palabras que non son vida, palabras sen sentimentos nin compromiso… Por iso, hoxe máis ca nunca, cómpren persoas que digan e fagan, que falen de esperanza, de futuro, de colaboración... pero non de boca para fóra, senón as primeiras en facelo vida e en ser testemuñas. A celebración de hoxe é unha chamada constante a que fagamos vida o que pensamos, o que cremos e o que dicimos, como única canle de ser testemuñas do neno que nace, da palabra que se fai carne e da sabedoría que atopou un pobo ben disposto para acollela. Perdón · Polas veces en que se nos enche a boca de palabras, pero nos falta vida para concretalas, para facelas promesa crible para todas as persoas, SEÑOR, ÁBRENOS Á TÚA SABEDORÍA. ·
Para orar e celebrar a fe na nosa terra