Ir al contenido principal

Domingo 2 Nadal 2010

Herdeiros nunha mesma andaina:Deus chega para tod@s

Pórtico

No mundo no que estamos son moitas as persoas que falan, que fan proxectos, que prometen… Hoxe, só con dicir parece que xa se fai...Pero, non estamos cansos de tantas palabras sen fondo?. Palabras baleiras de contido, palabras que non son vida, palabras sen sentimentos nin compromiso… Por iso, hoxe máis ca nunca, cómpren persoas que digan e fagan, que falen de esperanza, de futuro, de colaboración... pero non de boca para fóra, senón as primeiras en facelo vida e en ser testemuñas.
A celebración de hoxe é unha chamada constante a que fagamos vida o que pensamos, o que cremos e o que dicimos, como única canle de ser testemuñas do neno que nace, da palabra que se fai carne e da sabedoría que atopou un pobo ben disposto para acollela.

Perdón
· Polas veces en que se nos enche a boca de palabras, pero nos falta vida para concretalas, para facelas promesa crible para todas as persoas, SEÑOR, ÁBRENOS Á TÚA SABEDORÍA.
· Porque moitas veces non somos capaces de escoitar, de pararnos e deixar que o outro nos interpele e cuestione a nosa vida, CRISTO, ÁBRENOS Á TÚA SABEDORÍA.
· Porque moitas veces reducimos estas festas a unha simple reunión familiar ou para comer, esquecéndonos que o verdadeiro sentido do Nadal é o nacemento do Neno Deus, SEÑOR ÁBRENOS Á TÚA SABEDORÍA..

Remuíño

· Se Lucas nos mostrou un Nadal dende abaixo cos signos dun neno, uns capizos e unha manxadoira, onde sobresaía a tenrura, a pequenez e a pobreza; Xoán preséntao dende arriba: a Palabra que estaba onda Deus faise carne, quere traernos luz, curar as nosas feridas. Agora os signos son o pan da vida, a auga viva, o aceite e o viño, o Espírito de vida. Pero a mensaxe nos dous é a mesma: Deus quérenos tanto que manda ao seu Fillo asumindo a nosa condición, compartindo a vida connosco.
Pero Xoán pon tamén de manifesto o misterio do noso rexeite, da nosa negativa ao plan de Deus. Péchanse as portas da Pousada, os reis queren matalo, os sacerdotes non o aceptan, os que aflan no nome de Deus non queren saber nada de El. Pero por que?:
o Porque están cegos?. Pero cegos que non recoñecemos o que non vemos. Só vemos cos ollos da mente, non cos do corazón. Non temos o corazón limpo e así non podemos ver a Deus xa que non somos capaces de descubrilo nos demais, nos que pasan ao noso carón.
o Polos intereses?. Os intereses dos que temos algo que perder, xa que os pobres, os humildes non teñen nada que perder e aceptan ao neno que vén.
o Polas tradicións?. Interpretamos a lei e os ritos como queremos, xa nos fixemos un Deus á medida e non estamos dispostos a ter outro que nos esixa compromiso.
o Polo medo?. Temos medo ao novo, ás seguridades que se deixan, a vivir na mediocridade. Pero non temos a fe de Abraham nin a de María para poder camiñar á luz da fe que moitas veces se mostra escura.
O perigo está tamén na rutina, o ter cousas máis importantes e non recibir a Xesús, porque somos incapaces de recoñecelo. Recibilo pero sen que entre no noso corazón, sen que nos transforme interiormente. Recibámolo pois con ilusión, con desexo, con fe, con amor, con xenerosidade e con dispoñibilidade. Que se sinta como na súa propia casa.
· Pero a Palabra vén a nós para escoitala, para facela vida, para deixala chegar ao profundo do noso ser. Pero como escoitala con tanto ruído?. Deus segue falando, segue facéndose vida e carne... pero, como descubrilo se non somos capaces de calar?. Escoitemos pois á vida que vén de Deus, a esa sabedoría que chama a nosa porta para que sexamos felices, se somos quen de descubrila, de atopala no pobo elixido, o pobo que necesita, o pobo humilde, o pobo que só ten esa palabra, para que nos humanice.


Oración da comunidade

Señor, Ti queres que fagamos vida a túa palabra no medio dos nosos irmáns e irmás. Danos folgos para que non desfalezamos nesta tarefa. Por iso dicimos confiados:

QUE FAGAMOS VIDA A MENSAXE DO NADAL

· Pola Igrexa, para que no medio do mundo sexa sabedoría que elixe un pobo onde asentarse, un pobo humilde, sinxelo, pobre e necesitado dun futuro cheo de esperanza, ilusión e alegría, OREMOS.

QUE FAGAMOS VIDA A MENSAXE DO NADAL

· Polas nosas comunidades, para que de palabra e de obra, sexan quen de estar preto das persoas, especialmente daquelas que nestas datas non son capaces de vivir a ledicia do nacemento do Señor, pero que son aquelas para as que nace con máis forza, OREMOS.

QUE FAGAMOS VIDA A MENSAXE DO NADAL

· Por todos nós, para que non rexeitemos a vontade do Señor nas nosas vidas, a felicidade de vivir un estilo de vida cercano, dialogante, comprensivo, servizal, e así sexamos quen de facer vida o seu nacemento entre nós, OREMOS.

QUE FAGAMOS VIDA A MENSAXE DO NADAL

Grazas Señor porque acompañas o noso camiñar e queres que sexamos persoas comprometidas coas persoas do noso tempo. PXNS.

Para a Reflexión

Desde a aurora dos tempos escóitase o berro dos oprimidos,
berro que grita coa voz de Deus.
Berra no Terceiro Mundo,
berra nas nosas cidades,
berra nas nosas propias casas,
berra no noso interior,
pero as persoas non queremos escoitar.
Veu á súa casa e os seus non a recibiron.
Porén, a cantos se senten interpelados e a reciben
dáselles a forza de vivir segundo Deus;
porque tiveron esperanza
e creron no berro dos oprimidos,
grazas a que non cobizaron privilexios.
Velaí o anuncio que recibimos:
a Palabra fíxose carne e viviu entre nós.
Cheo de solidariedade cos oprimidos,
cheo de amor cos necesitados,
El é primoxénito e modelo para quen quere ser fillo de Deus.
Coa súa encarnación e entrega
liberounos a todos da opresión,
porque a solidariedade co oprimido
e o amor fraterno que desexamos
veñen de Xesús, o Mesías.
Ninguén coñecía ao Deus verdadeiro,
pero Xesús de Nazaret, a palabra do Pai
que berra desde a aurora dos tempos,
este manifestounos a Deus.
Nel, o amor e a lealdade
fixéronse realidade para todas as persoas.
Cantos
· Panxoliñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...