Ir al contenido principal

ADVENTO 4 DOMINGO

ADVENTO, TEMPO DE DISPOÑIBILIDADE

SIGNO: Colocamos a cuarta e derradeira parte que completa o mapamundi coa cita do evanxeo de hoxe escrita nela.

PÓRTICO

María, a muller que non tivo medo, que soubo escoitar e acoller, que foi capaz de abrir o seu corazón a quen estaba necesitado da calor que dá amor desinteresado e solidario, convídanos, no cuarto domingo do Advento, a saír de nós, a erguer a vista, a deixar atrás o ensimesmamento dos nosos rezos e prácticas, quizás ás veces baleiras de contido, para saber descubrir entre aqueles cos que estamos, cos que nos cruzamos cada día, con tantas persoas que precisan dunha man aberta, un corazón quente, uns pés que se poñan en camiño con eles e por eles, e unha cabeza que pense e non se deixe levar do paternalismo; saber descubrir o rostro do Neno que nace para que todas as persoas poidan vivir con dignidade e ser tratadas con xustiza; para que naza o Neno que quere cambiar as nosas vidas e as de tantas persoas que senten utilizadas, explotadas, esquecidas, silenciadas, por ser como son ou dicir o que pensan. No seu pórse en camiño cara a casa de Isabel, María foi preparando a chegada daquel que veu traer a salvación: Xesús. Seremos tamén nós capaces de pornos neste camiño?.

O PERDÓN

  • Polas veces nas que non nos comprometemos se non vemos réditos ou se non vemos reflectido nos demais o que facemos, SEÑOR, QUE SEMPRE ESTEAMOS DISPOÑIBLES.
  • Porque moitas veces preferimos pechar os ollos e non descubrir a realidade como un compromiso ao que nos chama o noso sermos cristiáns, CRISTO, QUE SEMPRE ESTEAMOS DISPOÑIBLES.
  • Porque vivimos unha relixiosidade desencarnada, fóra da realidade que nos aliena e adormece, SEÑOR, QUE SEMPRE ESTEAMOS DISPOÑIBLES.

REMUÍÑO

  • Neste cuarto domingo do tempo de Advento, a actitude á que se nos chama é "dispoñibilidade". Así nolo mostra a palabra que escoitamos. Por un lado, o Señor está disposto a axudar a Israel; El nunca o abandona e vela por el, especialmente por ese resto que quedou de pobres, labregos, pastores, viúvas.. Non eran nada pero El garante a súa felicidade, xa que para eles é o Mesías. E ante todo aparece a tranquilidade que dá saber que non están sos, que hai alguén que mira, que se preocupa, que se ocupa deles. E nós, que estamos xa case no tempo de Nadal, que enfilamos a recta final do Advento, tamén estamos chamados a poñer esa alegría, a estar dispostos a ser garantes da verdade, da xustiza, do compromiso que libera, que fai agromar a felicidade onde hai situacións de murcha: enfermidade, soidade, abandono. Como pode ser un Nadal de ledicia para os que non entran no consumismo porque están excluídos?. Como nós, que o temos todo, non somos capaces de renunciar para poñer alegría entre tanta tristura, para poñer tranquilidade en tantas vidas de xente agoniada, que non chega a fin de mes, que se perden botando contas por se o que teñen lles chegará?. O tempo de Advento que está a piques de rematar xa tivo que ser para nós unha toma de conciencia de que ante situacións de amargura e tristura, estamos chamad@s a ser luz, esperanza, alegría, cercanía, diálogo, axuda e amor.
  • Por outro lado, a nosa nai María non pensa dúas veces o que acababa de escoitar, o anuncio de que ía ser nai, e marcha correndo onde a podían necesitar. Non mira os trastornos do camiño, nin o tempo que lle leva, nin os inconvintes que poidan xurdir, senón que vai disposta e alegre. E nós, cantas veces medimos a rendibiliedade do que facemos, cantas veces botamos na cara aos irmáns o tempo que lle adicamos, cantas veces nos escudamos nas limitacións que dicimos ter? A dispoñibilidade é a opción polo cercano, é abrazo, é empatizar, sintonizar, compartir. E esta sociedade, na que todos as novas tecnoloxías fan que, supostamente, todos esteamos moito máis cercanos, está enferma de soidade. A dispoñibilidade é visita dun mesmo que se dá, pero é visita de Deus por medio de nós. A que esperamos para que ao remate do tempo do Advento a nosa vida se transforme en acollida, en liberación, en cercanía en DISPOÑIBILIDADE?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Señor, Ti segues acompañándonos neste tempo do Advento. Queremos que a rutina non aniñe no noso corazón para así estarmos dispoñibles diante de quen precise de nós. Por iso dicimos confiados:

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

  • Pola Igrexa, para que estea sempre dispoñible para todas as persoas, esquecendo primeiros postos, privilexios doutro tempo e antigos exclusivismos, OREMOS.

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

  • Polas nosas comunidades, para que se vexa reflectido nos seus membros este tempo de Advento, especialmente no acercamento aos mais necesitados: enferm@s, parad@s, anciáns abandonad@s...., OREMOS.

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

  • Por tod@s nós, para que o esforzo deste tempo sexa pulo na nosa dispoñibilidade a ser persoas atentas aos signos dos tempos que marcan a nosa época, ás persoas e ás súas inquedanzas, OREMOS.

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

Señor, Ti sempre estás disposto a axudar a todas as persoas, sen exclusivismos. Fai que para nós tampouco haxa persoas indiferentes. PXNS. Amén

PARA A REFLEXIÓN

Hoxe, Señor, querémosche cantar

coa nosa voz que Ti tan ben entendes.

Por sermos viaxeiros do tren da vida,

porque deixamos de ser illas,

por adentrarnos por sendas e charcos,

pola túa presenza viva nesta aventura,

dámosche as grazas con forza e tenrura.

Polos camiños, pequenos e grandes,

de comunicación, diálogo e encontro;

polos sorrisos, os bicos e as bágoas,

dámosche as grazas con forza e tenrura.

Polos ollos, que saben dicir o que levan dentro,

polos pés, que nos achegan a quen está so,

polo corpo, que expresa os nosos sentimentos,

polos corazóns, que latexan ao unísono,

por quen co seu amor nos comunica vida,

dámosche as grazas con forza e tenrura.

Porque nos puxemos en camiño a toda présa,

porque entramos na casa do pobre,

porque hai seos cheos de espírito vivo,

porque Ti estás sempre con nós,

como sinal de toda comunicación,

dámosche grazas con forza e tenrura.

CANTOS

  • Entrada: Ven axiña visitarnos
  • Lecturas: Veña o teu Reino
  • Ofertorio: Xesús chamado amigo.
  • Comuñón: Volve Señor


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos como Xesús se anoxa diante daqueles que converteran o templo nunha tenda de compra venta, e reacciona facendo unha afirmación que nunca deberiamos esquecer: “ no

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co