Ir al contenido principal

Advento 3Domingo

ADVENTO, TEMPO DE LEDICIA

SIGNO: Colocamos unha terceira parte do mapamundi coa cita do evanxeo de hoxe escrita nela.

PÓRTICO

O Advento, tempo de ledicia e renovación, esixe de nós disposición a deixar atrás canto nos impide vivir e ser verdadeiramente persoas alegres, esperanzadas e esperanzadoras. Fronte ao actuar daqueles que non teñen a ledicia de coñecer que o Señor chega, nós estamos chamados a ser iconas, imaxe, presenza daquel que chega. Pero, como podemos facelo estando tristes, desganados, vivindo na rutina, asentados na comodidade?. Non é o ritualismo, senón a fraternidade o que fai que a nosa corazón se alegre e a nosa esperanza sexa acollida como presenza do que vén para traernos a salvación.

Deixemos que a forza do Espírito entre nós!.

O PERDÓN

  • Por non ser coa miña vida rostro da túa misericordia, SEÑOR, QUE VIVAMOS A TÚA LEDICIA.
  • Por non ser coa miña palabra consolo para quen está triste, CRISTO, QUE VIVAMOS A TÚA LEDICIA.
  • Por non ser cos meus ollos alento para quen busca na miña mirada ánimo e axuda, SEÑOR, QUE VIVAMOS A TÚA LEDICIA.

REMUÍÑO


  • A FE, FORZA QUE CONSOLA

Tod@s temos a experiencia de sentirnos consolados en momentos duros e difíciles da vida por palabras de amigos, de xente que nos quere e estima. Pero ao mellor non temos sentido esa mesma experiencia na nosa vivencia de fe Pode ocorrer que en ocasións, cando máis o necesitamos, a fe son signifique nin tampouco nos sirva de axuda en momentos nos que nos sentimos desasistidos e necesitados de algo e alguén que sexa para nós alento consolador que nos leve a ver outras perspectivas e evite que nos veñamos abaixo. Se nos ocorre iso teríamos que preguntarnos por qué, non será que ao mellor a nosa é unha fe meramente de ritos, costumes ou tradicións, periférica, poderíamos dicir?. A Palabra invítanos a profundar no que confesarnos crentes significa na nosa vida: no que facemos, dicimos ou pensamos, a superar a tentación de reducila a lago residual, a que volva, ou quizais comece, a ocupar o lugar desde o que ten sentido salvación que Xesús puxo nas nosas mans

  • A FE, UNHA FORZA QUE NON DESESPERA

Quen atopa consolo, non experiencia alienante, na fe, descobre tamén nela a forza para poder saír cara adiante, para non quedarnos en simple salouco, para deixar atrás o laio e por pés no camiño. Un camiño que sempre ten experiencias e vivencias novas, ilusionantes e cheas de viveza, e que moitas veces nos custa atopar. Acollamos esta forza con paciencia, sen precipitarnos, pero sempre coma brúxula que nos marca cal é camiño que nos enche de ledicia, sentido e nos leva cara Aquel que sabe acoller e agarimar. Non teñamos présa, vaimos pouco a pouco, pero superemos a tentación de abandonar a metade de camiño, de deixarnos levar da desesperación. Como dicimos en linguaxe pouco académica: poñámonos as pilas dunha vez!

  • A FE, UNHA FORZA QUE NOS AXUDA A PREPARAR O CAMIÑO DA VIDA

Xoán dinos que hai que ir preprarando este camiño, que as veces ten baches, que outras veces está embarrado ou que en ocasións pode ser demasiado estreito, e non nos queda máis que amañalo. A que esperamos! Este Advento é unha nova oportunidade para ir reparando todas estas defiiciencias; cada un de nós sabe cales son e onde están, aproveitemos entón o momento, remoamos dentro de nós, saquemos fora canto nos impide camiñar con tranquilidade, e esforcémonos por ir cara diante. Que esa voz que berra no deserto do noso corazón sexa acollida por nós, e así tomemos en serio a súa invitación: preparade o camiño!. A que esperamos?. Non vaia ser que cando El chegue o atope sen amañar a non poida pasar por el.

Oración da Comunidade

Imos por agora, co corazón e cos beizos, a nosa vida nas mans deste Deus que nos falou por medio da súa Palabra e nos invita a sentirnos agarimados pola presenza do Espírito, dicíndolle xunt@s:

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

  • Polo pobo de Deus: Papa, bispos, curas e leigos, para que saibamos vivir o Advento como tempo de cambio, transformación que nos leva a ser máis xustos, solidarios e coherentes co que significa dicir CREO, Oremos.

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

  • Señor, neste momento da celebración, sempre pedimos polas nosas comunidades parroquiais, pero ás veces non prestamos atención ao que rezamos. Para que non deixemos pasar de largo este momento que sempre nos invita a situar a nosa mirada na realidade que temos máis achegada e da que formamos parte, Oremos.

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

  • Porque sabemos que o Advento é sempre unha oportunidade para mirar dentro de nós e cambiar canto entra en contradición coa túa Palabra que nos fala de cambio, novas oportunidades, perdón e misericordia; queremos, unha vez máis, responder a esta invitación que nos fas de deixar atrás canto nos vai afastando de ti e dos irmáns, Oremos.

QUE ANDEMOS O CAMIÑO DO ADVENTO CON ILUSIÓN

Señor, sabemos que Ti sempre nos escoitas. Axúdanos a que neste camiño do Advento sexamos quen de botar fóra do noso corazón o que nos impide vivir con ledicia a chegada do teu Fillo. Por Xesucristo, noso Señor.

PARA A REFLEXIÓN

QUE TEMOS QUE FACER?

A vida é...

unha oportunidade, aproveitémola;

un soño, fagámola realidade;

unha aventura, mergullémonos nela;

un reto, afrontémolo;

unha promesa, creamos nela;

un misterio; contemplémolo.

A vida é a vida, amémola.


 

A vida é...

beleza, admirémola;

riqueza, compartámola;

loita, aceptémola;

semente, sementémola;

felicidade, saboreémola;

sorpresa, abrámola;

graza, acollámola;

chamada, respondámola.

A vida é a vida, vivámola.


 

A vida é...

saúdo de Deus, recibámolo;

tesouro, coidémolo;

compromiso, cumprámolo;

amor, disfrutémolo;

agasallo, gocémolo;

combate, gañémolo;

camiño, percorrámolo;

encontro, fagámolo realidade.

A vida é a vida, entreguémola con ledicia.

CANTOS

  • Entrada: Ven axiña visitarnos
  • Lecturas: Veña o teu Reino
  • Ofertorio: Xesús chamado amigo.
  • Comuñón: Volve Señor

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...