Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Trindade 2021

Só aprendendo a comunicarnos rompemos o retrouso do individualismo Cantos . - Entrada.-  Con ledicia vimos ( 3) Lecturas.- Ditosos os que temen ao Señor ( 19) Ofertorio.- Déixate querer ( 61 ) Comuñón.- Quédate, Señor, connosco (  63) Mirada de esperanza O domingo da Trindade, quere ser unha celebración na que nos achegamos á dimensión solidaria e comunicativa da fe. Solidaria porque se nos invita a saír de nós mesmos para camiñar cara aos demais, mais sen converter o camiño en rutina sen forza nin vida. Comunicativa porque ao longo do camiño descubrimos a outras persoas e dámonos conta de que non imos sos, de que nos precisamos.  Neste sabernos en compañía imos tomando conciencia de que, se queremos, podemos avanzar máis e mellor se nos axudamos, se termamos unhas persoas doutras, se rompemos o retrouso do individualismo. Isto fai que descubramos que, entre todas e todos, imos conformando unha comunidade que busca, escoita, comparte, acolle, invita... unha comunidade que non s

Pentecoste 2021

    FAGAMOS POSIBLE QUE O ALETEXO DAS ÁS DO ESPÍRITO AFASTE O NOSO PESIMISMO CANTO GOZOSO ö   ENTRADA:  Que ledos hoxe estamos (Nº 5) ö   LECTURAS:  Manda o teu Espírito (Nº 126) ö   OFERTORIO:  Recibe Señor (Nº 31) ö   COMUÑÓN:  Non vou só (Nº 60) ABRINDO O CORAZÓN Cincuenta días despois do domingo de resurrección, chegamos ao remate do tempo de Pascua: Pentecoste. Tempo para reinventarnos, ilusionarnos e sentir a ledicia de ser comunidade, de non caiñar sos, de sabernos compartindo un mesmo proxecto, o de Xesús, desde culturas, linguas, países e situacións vitais distintas. Pero sempre deixándonos levar da forza e do aléiteo do Espírito como impulsor das nosas presenzas e do noso camiñar cotián. Hoxe chegamos ao remate deste tempo pascual, pero a vida segue. Xesús non nos deixa. Esforcémonos para que non sexamos nós os que nos imos afastando del. UN CORAZÓN MAGOADO û    Para que non deixemos que o desánimo nos roube a esperanza;  SEÑOR, QUE SUPEREMOS OS NOSOS DESACOUGOS. û    Para qu

6 Domingo Pascua 2021 B

Coidémonos mutuamente Cantos. - Entrada .-  Moito me alegrei Lecturas .-  Cantádelle ao Señor unha cántiga nova Ofertorio .- Eiqui están Señor Comuñón .-  O amor é o meirande Mirada de esperanza A Igrexa hoxe,  9 de maio, celebra a Pascua do enfermo, q ue este ano ten como lema  «Coidémonos mutuamente».  Porque para unha persoa crente en Xesús de Nazaret, o coidado non é individual, senón recíproco. Coñecemos moitas persoas que experimentan o cansazo e a soidade ante a enfermidade. Fagámolas hoxe presentes na nosa oración, especialmente ás que coñecemos, e pidamos por aquelas que, por ter que coidar dos seus enfermos, non poden participar da nosa celebración. Que Cristo Resucitado sexa sempre pulo nesta fermosa misión. Corazón de misericordia ·         Por non ter sido presenza balsámica ao lado das persoas enfermas.  SEÑOR,  AFASTA OS NOSOS MEDOS . ·         Por non poñer como prioridade do noso ser cristi@s a preocupación polas persoas enfermas, CRISTO, AFASTA OS NOSOS MEDOS. ·