Ir al contenido principal

6 Domingo Pascua 2021 B

Coidémonos mutuamente


Cantos.
-

Entrada.-  Moito me alegrei

Lecturas.- Cantádelle ao Señor unha cántiga nova

Ofertorio.- Eiqui están Señor

Comuñón.-  O amor é o meirande

Mirada de esperanza

A Igrexa hoxe, 9 de maio, celebra a Pascua do enfermo, que este ano ten como lema «Coidémonos mutuamente». Porque para unha persoa crente en Xesús de Nazaret, o coidado non é individual, senón recíproco.

Coñecemos moitas persoas que experimentan o cansazo e a soidade ante a enfermidade. Fagámolas hoxe presentes na nosa oración, especialmente ás que coñecemos, e pidamos por aquelas que, por ter que coidar dos seus enfermos, non poden participar da nosa celebración. Que Cristo Resucitado sexa sempre pulo nesta fermosa misión.

Corazón de misericordia

·       Por non ter sido presenza balsámica ao lado das persoas enfermas. SEÑOR, AFASTA OS NOSOS MEDOS.

·       Por non poñer como prioridade do noso ser cristi@s a preocupación polas persoas enfermas,CRISTO, AFASTA OS NOSOS MEDOS.

·       Porque os nosoS pasos poñen distancia entre nós e as persoas enfermas, que tanto valoran ser visitadas. SEÑOR, AFASTA OS NOSOS MEDOS.

Á escoita da Palabra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DOS FEITOS DOS APÓSTOLOS

Cando Pedro ía entrar, foi Cornelio á porta e botándoselle os pés, postrouse. Pero Pedro levantouno, dicíndolle: ‑Érguete, que eu tamén son un home.

Tomou entón Pedro a palabra e dixo: ‑Abofé, vexo que Deus non fai distinción de persoas, senón que acepta ó que lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa. Aínda Pedro estaba a dicir estas cousas, cando o Espírito Santo veu sobre tódolos que escoitaban a palabra. Tódolos crentes da circuncisión, que viñeran con Pedro, ficaron cheos de asombro, ó veren que o don de Espírito Santo tamén se espallaba sobre os pagáns, pois sentíanos falar en linguas e louvar a Deus. Entón Pedro dixo: ‑ Pode alguén negarlle a auga do bautismo ós que recibiron o Espírito Santo o mesmo ca nós?

E mandou que os bautizasen no nome de Xesús Cristo. Entón pedíronlle que quedase con eles algúns días. Palabra do Señor.

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN

 

Dilles Xesús ós seus discípulos: Coma me amou o Pai, así vos amei eu: permanecede no meu amor. Se gardáde-los meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, coma eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor. Díxenvos estas cousas, para que a miña alegría estea en vós, e a vosa alegría sexa plena.

Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros coma eu vos amei. Ninguén ten amor meirande ca este: que un dea a súa vida polos amigos. Vós sodes amigos meus, se facedes canto eu vos mando. Xa non vos chamo servos, que o servo non sabe o que fai o seu señor: a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer. Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza; de xeito que todo o que lle pidades ó Pai no meu nome, volo conceda. Mándovos isto: que vos amedes uns a outros. Palabra do Señor

Palabra remoída

·       O libro dos Feitos dos Apóstolos vainos narrando como foi o acontecer daqueles/las primeiras testemuñas de Xesús no comezo da vida comunitaria; no seu descubrirse e sentirse Igrexa. E vemos que non foi nada doado. Todo o contrario. Prohibicións, persecucións, encarceramentos... foron vivindo/ padecendo todas e todos eles; pero estas dificultades non as levaron nin ao desánimo nin á perda de ilusión. O seu convencemento de que todo canto compartiran con Xesús tiña que ser coñecido, porque era proposta de esperanza gozosa e de vida plena, levábaos a non deixarse vencer polas dificultades. Dous mil anos despois, tamén nós seguimos sendo persoas invitadas a dar testemuño desta mesma fe; a non deixarnos abater polas dificultades, mesmo polas incomprensións; a non caer na tentación de facer da vida de fe rito accesorio e prescindible. Por iso, nesta mañá de domingo, na que celebramos a Pascua das persoas enfermas, non esquezamos que a pesares das nosas fraquezas e debilidades, nin Xesús nos deixa ao pairo nin a súa esperanza desaparece das nosas vidas. Traballemos logo para integrala no noso vivir solidario, servizal e humanizador.

 

·      E esta tarefa só podemos desenvolvela se poñemos o amor no centro de canto imos facendo e da nosa relación con quen nos imos atopando no camiño da vida. Como di o papa Francisco: “Xesús, nefeuto, ensinou aos seus discípulos a ter a súa mesma predilección polas persoas enfermas e polas que sofren, transmitiulles a capacidade e a tarefa de seguir dispensando no seu nome e segundo o seu corazón alivio e paz”. Aquí está hoxe o reto que temos as persoas que queremos responder, tamén desde o amor, a esta tarefa de non deixar a ninguén nas beiras e a superar a tentación de darlle as costas no canto de tenderlle a man. Porque cada vez que a nosa man se abre cara unha persoa enferma, e o noso sorriso, con ou sen máscara, agroma ao achegarnos a quen vive na dor; estámonos a achegar e sorrir ao mesmo Xesús, tal e como El nos deixou dito (Mt 25,31ss)

 

·      No mundo no que vivimos, nunca tanto coma hoxe, é preciso poñer sorrisos, tender mans, facer presencialidade ante a dureza na que tantas persoas viven cada día por non ter saúde, amizades, traballo... que lles axuden a descubrir que a dignidade non é unha palabra oca, por moito que se repita, e si a clave para que as persoas crentes non esquezamos nunca que ninguén ha ser tratado coma estraño, invisible ou inferior. A fraternidade non se predica, vívese!

Oración compartida

         Compartamos a nosa oración comunitaria e poñamos en Deus a nosa confianza. Facémolo na mediación de María, saúde dos enfermos, dicindo:

PAI, EN TI CONFIAMOS

      Pola Igrexa: para que non deixe nunca de acoller no seu colo ás persoas que se senten soas, e faga presente o consolo de Cristo. Oremos.

      Polas persoas enfermas: para que, experimentando a dureza da dor, sintan tamén  a presenza de María. Oremos.

      Polas persoas contaxiadas polo virus, polos seus familiares, polas que están en corentena e por quen que ven afectada a súa atención pola prioridade en atallar a pandemia, para que reciban a forza de María e sexan para nós exemplo de acompañamento. Oremos.

      Pola nosa comunidade cristiá, a nosa parroquia: para que saibamos estar sempre preto das necesidades das familias con persoas enferma, e sexamos verdadeiro fogar de acollida, acompañamento e servizo para elas. Oremos. 

Escoita, Pai, a nosa oración e danos un corazón compasivo coma o de María, para que nosmostremos sempre máis atentos ás necesidades das persoas que sofren e nos comprometamos, sen medo, a acompañalas. P.XN.S. Amén.

Ecos de esperanza

María, Ti resplandeces sempre no noso camiño como sinal de salvación e esperanza. Nós encomendámonos a Ti, saúde dos enfermos, que diante da Cruz quedaches asociada á dor de Xesús mantendo firme a túa fe. Ti, Salvación de todos os pobos, sabes o que necesitamos e estamos seguros de que nos acompañarás para que, como en Caná de Galilea, poida regresar a alegría e a festa despois deste momento de proba. Axúdanos, Nai do Divino Amor, a conformarnos coa vontade do Pai e a facer o que nos di  Xesús, que tomou sobre si os nosos sufrimentos. E tomou sobre si as nosas dores para levarnos, a través da Cruz, ao gozo da Resurrección. Amén ( Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...