Non sempre é doado o camiño. Nel atopamos costas, curvas ou rectas que nunca parecen rematar; en todas estas situacións El acompáñanos, porque é un dos nosos: Carne de humanidade Descarga o ficheiro SINAL DE CORESMA: Colocamos outras dúas follas de carballo no taboleiro, trazando o pau vertical da cruz. ESCOITA ACTIVA Como ben sabemos, os camiños da vida son moitos e ben diferentes. A pluralidade das nosas vidas fai que tamén sexan plurais as formas de ilas construíndo. Deste xeito, o que para uns é axuda, para outros é atranco.A pesares desta variedade, o que non deberiamos esquecer nunca os que nos chamamos cristiáns é que, por moi difícil e duro que sexa o camiño, sabemos cal é o horizonte cara onde imos. É máis, sabemos tamén que non imos solos. Que o camiño da coresma que temos iniciado nos vaia axudando a deixar atrás dificultades e atrancos, para poder chegar con gozo ao seu remate na Pascua.Solo así, a cruz terá sentido pleno, non de morte e tristura, senón de esper
Para orar e celebrar a fe na nosa terra