Só sabendo rectificar seremos quen de superar os nosos prexuízos CANTOS * ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) * LECTURAS: Escoita ti a palabra de Deus (Nº26 ) * OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) * COMUÑÓN: Acharte presente na vida (Nº 51) ALENTANDO O CORAZÓN Dinos a lectura dos Feitos dos Apóstolos que imos proclamar hoxe, que os discípulos de Xerusalén non se fiaban de Saulo, tíñanlle medo, por iso non acababan de crer a súa conversión fose verdadeira. Como lle custaba fiarse daquel que os perseguira e polo que moitos deles acabaron no cárcere! Algo así tamén nos pode pasar hoxe a nós cando facemos da desconfianza a maneira de achegarnos ás demais persoas; cando non nos fiamos do que nos din ou do que fan aqueles que noutro tempo non eran dos nosos. Pero os Apóstolos foron quen de esforzarse por superar os seus prexuízos, e acabaron acollendo e aceptando a Saulo entro os do seu grupo. Que tamén nós saibamos vencer os nosos prexuízos e volver confiar da
Para orar e celebrar a fe na nosa terra