FÁLANOS SEÑOR, QUE QUEREMOS ESCOITARTE! Descarga o ficheiro RECENDO DE SONS AGRADECIDOS ENTRADA: Con ledicia vimos LECTURAS : Benaventurados OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) PARA NON PERDER O PASO Volvemos reunirnos no día do Señor. Rezamos en comunidade, pedimos sentindo a forza da súa presenza; damos grazas desde a confianza que nos trae ao pé do altar. Que este momento de oración que agora comezamos sexa experiencia de encontro e de confianza no Deus de Xesús que nos chama sempre a reunirnos no seu nome. Participemos con alegría sabéndonos acompañad@s da súa presenza. CO CORAZÓN FERIDO û Porque moitas veces non prestamos atención á voz de Deus que nos fala a través de quen nos necesita; SEÑOR, ACOLLE A NOSA ORACIÓN. û Porque non sempre somos capaces de dicir si ao plan de Deus coa nosa vida; CRISTO, ACOLLE A NOSA ORACIÓN. û Porque somos máis de pensar en nós que na necesidade que os demais teñen
Para orar e celebrar a fe na nosa terra