Ir al contenido principal

Domingo 24 TO B 2018


QUE NON NOS DEIXEMOS ATRAPAR POLA VERGOÑA DE QUEN ESCONDE OU NEGA A SÚA FE
CANTO GOZOSO

⬁ ENTRADA: Camiñando pola vida (Nº 9)
⬁ LECTURASCamiñarei na presenza do Señor (Nº 12)
⬁ OFERTORIO: Grazas, Señor (Nº 34)
⬁ COMUÑÓN: Acharte presente

PARA NON PERDER O PASO
Abert@s sempre a dar razón de canto nos aleda e anima, reunímonos hoxe para compartir esta experiencia que, desde Xesús, queremos vivir comunitariamente. É verdade que son moitas as cousas que nos fan esquecer e perdea invitación que nos ofreces desde o teu proxecto de amor, igualitario,incluínte e permanentemente en renovación. Pero non é menos verdade que nós moitas veces deixámonos levar da rutina e dos costumes, empobrecéndoo e facéndolle perder a frescura. Por iso neste novo domingo que nos abre a un novo curso que nos chama a vivir e ilusionarnos, queremos deixar que a palabra que El nos dirixe nos manteña en actitude de espreita e disposición para ser creativos e renovadores; de xeito que a frescura do Evanxeo chegue a todas as persoas a través do noso actuar sinxelo, cercano e coherente.
CO CORAZÓN FERIDO
✗ Para que non esquezamos que o camiño non vén feito, senón que temos que facelo cada día sen desanimar; SEÑOR, QUE OS NOSOS PASOS NON TREMAN.
✗ Para que saibamos recoñecer que o noso actuar tibio e rutinario lévanos a non ser testemuñas do Evanxeo;CRISTO, QUE OS NOSOS PASOS NON TREMAN.
✗ Para que non nos deixemos levar nin da moda nin da presión á hora de manifestar sen vergoña que Cristo é o noso guieiro; SEÑOR, QUE OS NOSOS PASOS NON TREMAN.
UNHA PALABRA QUE AGROMA

✓ Unha das invitacións constantes da Palabra de Deus que se nos achega cada domingo é a de aprender a escoitar. Ter os oídos atentos e dispostos a acoller canto ocorre ao noso redor. Na linguaxe tan actual de hoxe, diriamos que se nos invita a estar conectados de xeito permanente, porque ás persoas, que ao fin e ao remate son ás que temos que servir, non se lles serve nin se lles presta atención só con horario de oito a tres, senón sempre. Non é estraño logo que esta sexa tamén a insistencia de Isaías na primeira das lecturas. E estaatención supón e esixe non recuar cando chegan as dificultades e incomprensións, ou cando as cousas se torcen; ao contrario, é neses momentos nos que nos ten que saír o noso ADN de convicción e confianza no proxecto incluínte e dignificado de Deus para con tod@s. A vergoña non está en crer e actuar seguindo o seu vieiro, senón en negarlle a man, o tempo, o sorriso... a dignidade a quen se ve só e esquecido por e de tod@s. Avergoñémonos non por confesar a Deus, senón por non ter sido capaces de descubrilo cando se nos manifestaba nos irm@ns na precariedade das múltiples periferias do mundo de hoxe.
✓ A carta de Santiago é todo un compromiso a non ideoloxizar a fe, senón a ser capaces de poñerlle concreción por medio e a través dun actuar coherente, honesto e xusto. Por iso, como el recalca, unha fe sen a honestidade e a coherencia dos feitos, convértese nalgo baleiro, dogmático e ideoloxizado. Todo o contrario do que quixo e viviu Xesús. O que nos leva a insistir, porque está na raíz e orixe do ser cristián, que o mellor refendo de que a fe que confesamos ten aniñado dentro de nós non está no número de participacións ou eventos relixiosos aos que teñamos asistido, senón na maneira de facer ben e responsablemente as cousas, poñéndoas sempre ao dispor dos demais, vencendo a tentación de ser nós o centro e a referencia.

✓ E para Xesús, tal e como nolo di Marcos, a súa maneira de actuar e comportarse era o único xeito de mostrar quen era. Non eran as palabras senón os feitos os que mostraban a forza do seu proxecto e da súa proposta. E isto esixe unha resposta persoal, non vale esconderse no anonimato do grupo nin nos ritos, máis ou menos tradicionais que van xurdindo ao longo da historia das comunidades. Preguntémonos entón quen é para nós Xesús. De que maneira prestar atención á súa mensaxe cambia e modula a nosa vida; dándonos unha capacidade distinta de escoitar e ver canto ocorre ao noso redor. E isto só se pode facer desde o convencemento persoal activo. creativo e dinamizador. Por iso, a mirada non vai ao pasado do que foi, senón desde o presente ao que aínda está, porque depende de nós, por vir.
DESDE A ORACIÓN COMUNITARIA
Compartamos este momento  da oración comunitaria poñendo canto nos ocupa e preocupa na man de Deus, e dicindo xunt@s: 

QUE CONSTRUAMOS CAMIÑOS DE IGUALDADE E ENTENDEMENTO

• Para que Igrexa non se atrincheire defendo posturas de poder e dominio, senón que sexa pobre e para os pobres; OREMOS.
QUE CONSTRUAMOS CAMIÑOS DE IGUALDADE E ENTENDEMENTO

• Polas nosas comunidades, para que nos esforcemos por facer das nosas comunidades espazos de relación, colaboración e axuda, sabendo estar preto de quen máis sofre; OREMOS.

QUE CONSTRUAMOS CAMIÑOS DE IGUALDADE E ENTENDEMENTO
▪ Para que este curso que comezamos sexa un tempo no que as familias, o profesorado e o alumnado traballen buscando unha educación aberta aos problemas e retos do mundo de hoxe, desde a igualdade e o respecto de tod@s, OREMOS.

QUE CONSTRUAMOS CAMIÑOS DE IGUALDADE E ENTENDEMENTO

Señor, que nos esforcemos por abrir camiños novos desde os que dar testemuño da alegría e da esperanza que nos ofrece o teu proxecto de amor e igualdade, no que nos invitas a vivir cada día. P.X.N.S. 

PARA SENTIR A LEDICIA DO COMUNITARIO

Quen vive a esperanza cristiá non espera algo só para el, senón tamén para os demais. Esperar a plenitude de Cristo só para min sería unha “falsificación irrisoria da esperanza cristiá”. Esperar a salvación só para o noso grupo de elixidos sería unha ilusión narcisista. O cristián espera unha “creación nova”, transfigurada, que recapitula todo o creado e na que toda a humanidade tomará parte, a non ser aqueles que exclúan radicalmente da súa vida o amor. Temos que superar, polo tanto, unha idea mesquiña e estreita de que a esperanza redúceo todo a asegurarme eu a miña propia salvación.  
José Antonio Pagola

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...