Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2009

2 Domingo Advento

ADVENTO, TEMPO DE PACIENCIA SIGNO : Colocamos unha segunda parte do mapamundi coa cita do evanxeo de hoxe escrita nela PÓRTICO Advento é tempo de perder as présas, de enchernos de paciencia, de centrarnos e poñernos en camiño. Advento é camiño de preparación para que, cando chegue Aquel en quen pomos vida e confianza, poidamos acollelo coa liberdade e a ledicia que dá saber que quere quedar con nós. E para iso temos que ter todo preparado. Pero non é esta unha preparación externa, de zapatos de marca, de vestidos de moda ou de sorrisos obrigados. Non, a nosa preparación ten que ser a de ir labrando interiormente o camiño da aceptación dun mesmo, do tempo adicado ao diálogo co Señor na oración, na capacidade de descubrir que aquelas persoas coas que convivimos precisan tamén unha palabra de alento, un sorriso sincero, unha man que lle axude a cruzar ríos cheos de problemas e dificultades. Advento é tempo de paciencia, de tranquilidade, de gusto por escoitar a quen nos fala e de escoitar

1 DOMINGO ADVENTO

ADVENTO, TEMPO DE LIBERACIÓN SIGNO: Un mapamundi dividido en catro partes. Cada semana iremos presentando unha das partes, ata completar na derradeira semana o mapamundi. Cada parte levará escrita a cita do evanxeo. Poñemos así en relación a Palabra proclamada, que nos prepara a recibir ao Señor, coa universalidade: ninguén é excluíd@. PÓRTICO Iniciamos hoxe un novo ano litúrxico no que a lectura do evanxeo segundo Lucas, invítanos a facer un camiño para coñecer e descubrir a Xesús. Un camiño que comezamos hoxe co tempo de Advento. Así, ao longo destes catro domingos, as súas palabras resoarán nos nosos oídos, nos nosos corazóns.... nas nosas vidas, invitándonos á acoller a liberación á que Xesús nos chama. Recorramos sen medo este camiño, deixando de lado as nosas seguridades e atrás os nosos medos, e acostumémonos a tender a man a canto supoña cambio, transformación e renovación de todo aquilo que nos axude para que a chegada de Xesús nos atope xa camiñando cara á liberación. O

REMOL CRISTO REI

DESCOLOCAD@S POLA SÚA REALEZA: UN REINADO PARA E DENDE O SERVIZO PÓRTICO Sempre que rematamos algún traballo, sexa individual ou colectivo, ao remate dun ciclo ou ao final do ano, toca revisar. Miramos cómo foron os resultados, en qué melloramos, en que fallamos e como podemos facer para corrixir os nosos erros. Todo este proceso temos que facelo con seriedade e de xeito meticuloso, con métodos e medios concretos. Coa celebración de hoxe, Xesucristo Rei do Universo, chegamos ao remate do ano litúrxico, e cómpre que nós tamén miremos cara atrás e descubramos o bo, para dar grazas a Deus e o menos bo, para tratar de melloralo e así chegar ao comezo do Advento con ánimo e espera renovada. Que esta celebración sexa un coller folgos para non enganarnos a nós mesmos e descubrir o paso do Señor polas nosas vidas. O PERDÓN Polas veces nas que quixemos facer do teu Reino insolidariedade, enfrontamento e inxustiza, SEÑOR, ÁBRENOS AO PERDÓN. Polas veces nas que non soubemos facer das nosas famili

Domingo 32

AS MATEMÁTICAS DE DEUS: CALIDADE SOBRE CANTIDADE   PÓRTICO O modelo de sociedade e convivencia que configura o noso vivir diario está baseado non no que cadaquén é, senón no que cadaquén ten. O importante é "ter": cartos, traballo, prestixio, poder, vacacións, casa... O que posúe todo isto sae adiante e triúnfa na vida. Quen non logra algo disto é un ninguén, non merece moita atención e sempre andará á marxe. Por iso, cómpre que escoitemos ben a invitación que se nos fai na celebración de hoxe: valorar ás persoas pola súa capacidade de servizo e de solidariedade. A grandeza dunha vida mídese, en último termo, non polos coñecementos que posuímos nin polos bens que acumulamos, nin tampouco polo éxito social, senón pola capacidade de servir e de axudar a todas as persoas. A auténtica relixiosidade e o culto a Deus comeza cando empezamos a compartir non do que nos sobra, senón do que temos necesidade. E para isto non fai falla ter moito. A que esperamos?. ACTO PENITENCIAL Porque