ESTE FILLO MEU ESTABA MORTO E VOLVE Á VIDA SINAL DE CORESMA Colocamos o cuarto pétalo da nosa flor no que escribimos: “Este fillo meu estaba morto e volve á vida”. CANTO GOZOSO ENTRADA: Arrepentido (Nº 13) LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº ) OFERTORIO: Na noite escura (Nº 104) COMUÑÓN: Seguirei os teus pasos (nº 103) PARA NON PERDER O PASO Paseniñamente imos debullando este tempo de coresma. Pasado xa o ecuador, sería bo que nos tomaramos un momento para, con tranquilidade e seriedade, botar a vista atrás e revisar se estamos cumprindo o obxectivo que nos propuxemos o mércores da cinza, é dicir, se este tempo está sendo para cada un e cada unha de nós unha experiencia nova, distinta, que nos vai facendo mellores persoas por ser capaces de botar do noso corazón actitudes e comportamentos que non nos deixan responder con sinceridade e alegría á invitación de Xesús de poñer a misericordia no centro. Se é así, que mellor que reunirnos este domingo para agradecelo. Porén, se ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra