Santos e benaventurados onte, hoxe e sempre. Testemuño de esperanza e autoestima gozosa Pórtico Benaventurados!!!!!!!!!!!. Si, benaventurados cantos souberon entender que dicir creo, confeso e amo, non eran só tres palabras, senón unha auténtica e fonda expresión da experiencia de entrega xusta, gozosa e sempre solidaria ás persoas, sen atender ao seu rango social –os santos estiveron, están e estarán sempre moi afastados da prensa do corazón– ou á importancia política,cultural ou económica. A súa benaventuranza non foi herdanza material, que se poxa na mellor das subastas, senón ter aprendido a facer da súa vida un canto de amor e servizo calado e nas máis das veces descoñecido aos ollos dos que buscan converter as persoas en xoguetes rotos, mercadeando coas súas vidas para gañar anunciantes. Os santos, sempre benaventurados, souberon recoñecer e tratar coma fillos de Deus e irmáns a homes e mulleres aos que a inxustiza, a pobreza, a exclusión, o desamor, a vinganza, as intrigas… ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra