Desde o amor de Deus que nos preme, a fraternidade supera as diferenzas Canto gozoso Entrada.- Con ledicia vamos todos ao altar (2) Lecturas.- Escoita ao Señor (15) Ofertorio.- Cantádelle ao Señor (33) Comuñón.- Señor Xesús (52) Ollos abertos Proponnos hoxe a primeira lectura unha cuestión que está no centro da actualidade: os límites. Como ben sabemos, cando se utiliza esta palabra sempre a pensamos, maioritariamente, desde o que impide avanzar, desenvolverse, crear ou imaxinar. Porén, podemos facer outra lectura: os límites son tamén os que nos lembran que os nosos pés han pisar sempre na terra, que non o podemos nin o sabemos todo ou que a técnica é a solución para calquera cuestión. Desde aí entendemos que, se non queremos caer no irrealismo, os límites ofrécennos a posibilidade de ir camiñando sen caer na tentación de facer de frustración e da sensación de...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra