Remol Domingo 2 despois de Nadal NUN MUNDO CHEO DE PALABRAS, CHÉGANOS A PALABRA CANTO GOZOSO - Entrada: Que ledicia (nº 4) - Lecturas: Con tódalas criaturas (Nº 22) - Ofertorio: Na nosa terra (Nº 36) - Comuñón: Acharte presente (Nº 51) A MAXIA DE ABRIR OS OLLOS Estamos tan distraídos en multitude de cousas que non nos damos conta de que o importante, o bonito, o que nos fai felices, o que humaniza e nos humaniza está no sinxelo, humilde e pequeno. Porque aquí está a verdadeira maxia; a maxia que fai que o noso corazón latexe enchoupado de alegría e sensibilidade. Hoxe a maxia descubrímola neste compartir comunitario que, sen importar o número das persoas que somos, nos reúne ao pé do altar. E dicimos que é máxico porque algo tan sinxelo como a palabra que imos proclamar e o pan e viño que poñeremos por riba do altar, conseguirán que o noso corazón se aqueza e que deixemos de pensar só en nós para abrirnos a ter presentes ás persoas que non están, ás
Para orar e celebrar a fe na nosa terra