Rezando na Casa (Neste terceiro domingo de Pascua , volvemos buscar un lugar tranquilo para rezar. Poñemos, coma o outro día un pano branco sobre unha mesa, acendemos unha candea e colocamos ao lado un vaso con un pouco de auga). No nome do Pai... Canto.- Acharte presente na vida, fiarme de Ti sen te ver, levar unha luz acendida, querer e deixarse querer . Abrirche se petas na porta, deixarte sentar no meu lar, saber o que oírte me aporta, quedarme contigo a rezar. LUZ DE ESPERANZA CON OLLOS DE MISERICORDIA Escoitaremos no Evanxeo de hoxe que o recoñeceron ao partir o pan; no encontro da comunidade, no sabernos unid@s a pesares das distancias. Porque comunidade non é estar nun espazo, senón aprender a compartir o vento que vai chegando de moitos lados para facelo comunitario: tod@s a unha desde lugares diferentes. No debuxo que está ao principio da páxina dísenos que resurrección é facer nacer cousas novas. A isto nos invita este tempo de Pascua: á creatividade,
Para orar e celebrar a fe na nosa terra