Ir al contenido principal

Domingo de Pascua 2020

“ Rezando na casa”

(Se fose posible, poñeriamos unha mesa con un mantel branco e unha candea aínda sen prender, símbolo da vida nova que comeza coa resurrección de Xesús. Tamén podemos poñer, se é que a hai, un anaquiño de rosca, que nos lembrará as moitas veces que neste día a temos compartido logo da celebración na igrexa)
No nome do Pai...

Canto.- 

Hoxe o Señor, resucitou dándolle ao mundo paz e amor.
Alegría e paz, Irmáns, que o Señor resucitou.

Traede para quen escoite palabras de luz

Comezamos, coa calma que nos trae Xesús; calma que esta mañá de domingo en confinamento, nos invita a poñernos na presenza e na man de Deus para compartir a alegría da resurrección. O triunfo da vida sobre a morte, da alegría sobre a tristeza, da esperanza sobre o desespero e o pesimismo. É domingo de Pascua, volvemos comezar o ciclo da construción da nosa vida desde a luz da vela pascual que temos ao lado, e que, sempre prendida nos vai dicindo que inda que os camiños son longos, e este do confinamento o está sendo para todas e todos nós, ao final; se non nos deixamos levar polo desacougo, acabaremos chegando. E miraremos o tempo pasado na casa como un tempo para descubrir se Deus ocupa ou non lugar na nosa vida; e desde El, a tódalas persoas que estamos a descubrir na súa capacidade de poñer o seu tempo, a súa palabra, a súa conversa polo teléfono e mesmo os aplausos cada día ás oito, como xente de ben, ao servizo da causa da dignidade humana e do ben común. Sen présas, celebremos a esperanza.
  

Acendemos o cirio e rezamos:

Señor, por medio do teu Fillo Xesús, puxeches nas nosas mans a forza da vida e da esperanza. Neste domingo da Pascua, como “Igrexa Doméstica” prendemos esta candea, sinal da presenza da túa luz en nós, para que sexa xermolo de transformación renovadora das nosas vidas, e que a pascua que agora comeza prenda en cada un/ha de nós, de xeito que non esquezamos a quen precise do noso tempo, man e axuda. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

Pregón pascual no domingo de resurrección e esperanza

(Lese a modo e vaise meditando)
Busquemos logo en ti a paz, construamos misericordia,
fagamos do tempo na casa coñecemento e reflexión.
Afastemos de nós os pensamentos pesimistas, tristeiros e derrotistas. Non fagamos da nosa presenza na casa illamento nin incomunicación. Manteñamos o contacto coa xente da casa, cos veciños, cos amigos... E se non pode ser fisicamente, aproveitemos os medios que temos para non facer da soidade incomunicación.
E con todo convencemento dicimos:
Ti, SEÑOR RESUCITACHES, QUE TAMÉN RESUCITEMOS NÓS!
A tebra quedou atrás, algo novo comezou.
Alguén que chaman Xesús quixo ser uns mais de nós. A vida está a xermolar, o camiño vaise abrindo,
A esperanza non se foi. A morte volveuse vida.
A pandemia quedará atrás, por iso volvemosdicir:
      Ti, SEÑOR RESUCITACHES, QUE TAMÉN RESUCITEMOS NÓS!

Cristo xa resucitou!
A terra berra contenta
O aleluia chegou, o vello quedou atrás.
A morte xa foi vencida e a ledicia xa chegou. Grazas, Señor, da vida;
Grazas pola ilusión que vas poñendo
día a día nos corazóns e na acción.
Que nunca teñamos medo, nin vergoña, nin temor. Cristo, o Señor da vida, xunta mans e corazóns, para sementar, con nós, fraternidade e unión.
Que saiamos reforzad@s desta incomunicación, para nunca dar as costas, a quen precise de nós.
Ti, SEÑOR RESUCITACHES, QUE TAMÉN RESUCITEMOS NÓS!

Escoitando a túa Palabra

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
O día primeiro da semana María a Magdalena foi ó sepulcro moi cedo, cando aínda era escuro, e viu que a pedra do sepulcro estaba quitada. Botou a correr e, chegando onda Simón Pedro e onda o outro discípulo a quen amaba Xesús, díxolles:
-Colleron do sepulcro ó Señor, e non sabemos onde o puxeron.
Pedro e mailo outro discípulo saíron correndo cara ó sepulcro. Corrían os dous á par. Pero o outro discípulo correu máis lixeiro ca Pedro, e chegou primeiro ó sepulcro. Abaixándose, viu que estaban os lenzos, pero non entrou. Entón chegou tamén Simón Pedro, que o seguía, e entrou no sepulcro. Viu os lenzos pousados alí. Pero o sudario que envolvera a súa cabeza, non estaba cos panos, senón á parte, enrolado noutro lugar. Entón entrou tamén o outro discípulo, que chegara primeiro, ó sepulcro; viu e creu. (Pois aínda non entenderan que, conforme a Escritura, era preciso que resucitase de entre os mortos). Entón os discípulos voltaron para a casa.
Palabra do Señor. Gloria a Ti, Señor Xesús

Remoendo a Palabra

 Á luz da Palabra escoitada e do pregón meditado, pensemos sobre como está a ser a nosa actitude neste tempo de confinamento. Preguntémonos se o estamos aproveitando para coñecernos mellor, para descubrir aspectos positivos das persoas coas que convivimos; se nos está a valer de lección sobre actitudes e comportamentos que ata o de agora non nos pararamos a pensar, e que agora sabemos que temos que cambiar. Si, pensemos desde a luz da esperanza que nos trae Xesús coa súa resurrección, e desde a simboloxía da candea prendida ao noso lado que quere ser luz, de vida e esperanza, no camiño da nosa vida. Xesús segue a darnos luz desde todo canto podemos mellorar e facer de ben para que as demais persoas coas que nos vaiamos atopando, poidan sorrir e descubrir no noso actuar a forza e alegría de Xesús resucitado.

Renovación dos compromisos bautismais

Renovamos a gora, como fixeron por nós o dia do noso bautismo a nosa fe.
 Estou dipost@ a loitar contra o mal que me fai infeliz e me pecha no egoísmo? Si, estou dispost@.
 Estou dispost@ a non deixarme levar da desesperanza e o pesimismo ? Si, estou dispost@.
 Estou dispost@ a que no meu corazón non aniñe a cobiza, a insolidariedade e a envexa? Si, estou dispost@.
 Creo en Deus Pai e amigo da vida, que puxo nas miñas mans facer felices aos demais e coidar do mundo que nos deu? Si, creo.
 Creo en Xesús, o seu Fillo, que naceu de Santa María e pasou polo mundo facendo o ben, e que no seu amor e fidelidade entregou a súa vida para abrirnos o camiño da resurrección? Si, creo.
 Cres na forza e presenza do Espírito Santo, na Igrexa, comunidade de fe e vida, na comuñón dos santos, no perdón e na resurrección que nos levará a gozar para sempre da presenza de Deus? Si, creo.
Pai, que esta fe que acabo de renovar e confesar sexa sempre para min alento e esperanza no camiño da vida. P.X.N. Señor. Amén.

Uníndonos como Igrexa Doméstica á Igrexa Universal

Nesta mañá de resurrección, uníndonos a toda Igrexa, dicimos:
Bendito ti, Xesús resucitado.
o Grazas,Señorporofrecernosesteespazodeencontro,oraciónefesta,queen toda a Igrexa universal celebramos hoxe con ledicia e esperanza. Oremos.
Bendito ti, Xesús resucitado.
o Grazas, Señor, porque nesta mañá de luz e solidariedade, invítasnos neste momento a poñer ao teu carón, as vidas das persoas que se foron vítimas do coronavirus e outras enfermidades. Oremos.
Bendito ti, Xesús resucitado.
o Grazas, Señor, porque a Palabra proclamada quere remoer o noso corazón, para que a pedra na que as veces se ten convertido, se transforme en latexo fraterno, liberador e disposto a acompañar a quen se atopa só ou esquecido. Oremos.
Bendito ti, Xesús resucitado.
  Poñémolo baixo o teu amparo sempre, Señor. Amén.

Noso Pai...

A quen buscas ?

Por que choras a horta?
A quen buscas?.
“Ao meu amado”.
Buscando ao que estaba morto atopei ao resucitado.
Quedei só buscando, dábame ás o amor,
E cando estaba chorando, viu ao meu encontro o Señor. Vin a Xesús resucitado,
crin que era o xardineiro; chamoume polo meu nome,
de primeiras non souben que era El. (Himno de Laudes)

Canto.-

Pola casa e mais o pan, polo traballo, pola busca dos que labran e non teñen, polo empeño comunal de uns e outros, polo albor do mundo xusto que pretendes. Gracias, Señor, graciñas.
 (Ao remate comemos o anaco de rosca que puxemos sobre a mesa)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...