Ir al contenido principal

Domingo de Ramos 2020 A

( Se é posible, poñemos unha rama, non necesariamente de oliveira, no lugar onde imos rezar)
Olive branch. Símbolo de la paz. - Foto de stock de Olivo libre de derechos
Domingo de Ramos
“ Rezando na casa”

No Nome do Pai...

Canto.-

Moito me alegrei, cando me dixeron,
Rezamos na casa, pois é casa do Señor.( Bis)               

Aquecendo o corazón

Despois dun final de Coresma atípico, celebramos hoxe este Domingo de Ramos, tamén atípico. Non polo que compartimos e agradecemos, senón por facelo desde a nosa casa, a “Igrexa Doméstica”. A Igrexa onde vivimos e convivimos, onde nos alegramos e , as veces, tamén discutimos; onde somos familia e sentímonos familia axudándonos, corrixíndonos e facendo da nosa convivencia unha experiencia de comunicación, escoita e diálogo. Que mellor, entón, que neste ser “Igrexa Doméstica” recemos nesta mañá de domingo e , coma Xesús, entremos na Xerusalén que nos acolle e canta o gloria da esperanza.

Bendición

Señor, imos comezar este momento de oración, sabendo que Ti nos acompañas. Pedímosche que a túa bendición se faga presente entre nós; de xeito que poidamos ser testemuñas de unión e colaboración para facer de nós Igrexa Doméstica de escoita e diálogo. Bendí + este ramo, co que expresamos a nosa disposición a acollerte para que segas a ser o compañeiro nesta viaxe que nos leva do confinamento á liberación. Por Xesucristo o noso Señor.

Mirando ao noso interior

  • Polas veces nas que non fixemos da nosa casa Igrexa Doméstica. Señor, grazas ofrecernos o teu sorriso.
  • Porque cústanos abandonar o ritualismo e facer oración desde a vida de cada día. Cristo, grazas ofrecernos o teu sorriso.
  • Por non ser sempre conscientes de que a nosa responsabilidade persoal é semente de ben común individualmente. Señor, grazas ofrecernos o teu sorriso.

Escoitando a súa Palabra

Do Evanxeo segundo Mateo
E cando se aproximaban a Xerusalén e chegaron a Betfagué, ó pé do Monte das Oliveiras, mandou Xesús a dous discípulos, dicíndolles: ‑Ide á aldea que tendes aí de fronte, e de seguida atoparedes unha burra atada e un burriño con ela; ceibádeos e traédeos. Se alguén vos pregunta algo, respondédeslle que lle fan falta ó Señor, e que de seguida llos mandará de volta.
Isto sucedeu para que se cumprise o que fora dito polo profeta: Dicídelle á filla de Sión: Velaí o teu Rei que vén onda ti, humilde e montado nunha burra, nun burro, fillo de animal de carga.
Foron os discípulos, e fixeron o que Xesús lles mandara. Trouxeron a burra e mais o burriño, botáronlle enriba os mantos, e Xesús montou. Moita xente estendeu os mantos no camiño; outros cortaron pólas das árbores, e estendéronas tamén no camiño. E a xente que ía diante e mais os que o seguían gritaban:
‑ Hosanna ó Fillo de David! Bendito o que vén no nome do Señor! Hosanna nas alturas!
E ó entrar en Xerusalén, toda a cidade conmovida preguntaba:‑ Quen é este? A xente respondía: ‑Este é o profeta Xesús, o de Nazaret de Galilea. Palabra do Señor. Gloria a Ti, Señor Xesús.

Remoendo a con esperanza

Estamos a celebrar de modo distinto, si, pero sen restarlle importancia, o comezo da Semana Santa. O evanxeo de Mateu que temos lido, sitúa a Xesús ás portas de Xerusalén. É dicir, xa está en camiño. Como tamén o estamos nós. Metid@s na casa, pero sabendo que nos queda un día menos para poder saír, vernos, abrazarnos... experimentar a ledicia de vernos e sentírmonos preto e xa sen videoconferencias nin “ juasapes”. E como lle pasou a Xesús, tampouco para nós o camiño é doado. A pesares das dificultades el non deu volta; verdade que nós tampouco a imos dar?
Detrás desta palabra escóndese todo o sentido que os cristiáns lle queremos dar á vida. Un sentido que nos manifesta que desde a fe, aquilo que para outros é fracaso, e polo tanto abandono, para un crente non son máis que dificultades que hai que sortear para poder acadar a meta. Unha fermosa metáfora da vida! A pandemia, sendo unha situación dura e difícil, pode ser tamén un momento para que paremos e revisemos onde queremos poñer os obxectivos e horizontes da nosa vida. E ao mellor descubrimos tod@s que, quizais, temos que reorientala, porque tiñamos un obxectivo equivocado. Porque chegar a Xerusalén supón asumir, que a cruz está antes ca o triunfo. Pero este , inda que as veces custe, acaba chegando.
A Esperanza da que falamos tantas veces @s crentes, non é unha palabra baleira e abstractas, senón capacidade de non deixarnos derrubar nin desesperar. Cara ela camiñamos, e desde ela somos capaces de erguernos cando caemos e de volver comezar cando parece que xa non hai máis camiños. Xesús, non se desalentou ante as dificultades. Foi capaz de vencer esta tentación, e por iso nós hoxe podemos falar de sentido da vida e da xenerosidade colaborativa.

Facendo comuñon orante

Unímonos neste momento a tantas persoas que no mundo tamén, de xeito comunitario, senten a forza da comuñón cidadá poñéndose ao abeiro da tenrura de Deus.. Por iso dicimos:
Sabéndonos Igrexa Doméstica, unímonos en comuñón universal
Sendo Igrexa na Casa concretada nas familias de todo o mundo, fagamos da celebración deste domingo un pulo de forza e optimismo que non nos desanime nin nos entristeza. Oremos.
Sabéndonos Igrexa Doméstica, unímonos en comuñón universal
Para que a bendición dos ramos non a reduzamos a un simple rito, senón que supoña un compromiso de unión, crecemento e maduración como familia onde nos queremos e axudamos cando precisemos uns dos outr@s. Oremos.
Sabéndonos Igrexa Doméstica, unímonos en comuñón universal
Para que este novo xeito de celebrar e experimentar a alegría do evanxeo, nos descubra que na nosa relación con Deus e coa comunidade, hai moitos xeitos e maneiras de vivila, celebrala e compartila. Oremos.
Sabéndonos Igrexa Doméstica, unímonos en comuñón universal
Acolle, Señor, canto sae do noso corazón que agora expresamos como Igrexa na Casa. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.
Nosa Pai que estás no ceo ...

Para que o Remol siga aquecendo

“Pidamos ao Señor que nos conceda pureza e sinxeleza de corazón para descubrir a súa Providencia nos sucesos da vida cotiá. E teñamos presentes, nestes momentos de proba e escuridade, a todos os nosos irmáns e irmás que sofren, e aos que os axudan e acompañan con amor e xenerosidade. Que os vosos corazóns atopen na Cruz de Cristo apoio e consolo no medio das tribulacións da vida; abrazando a Cruz coma el, con humildade, confianza e abandono filial á vontade de Deus, participaredes na gloria da Resurrección. Que Deus vos bendiga”.
( Francisco )

Canto.-

Non vou só, teño un amigo ao meu lado; non vou só, eu sei que Deus está comigo.

Cando a xornada for dura, e a forza xa che faltar; levanta os ollos ao ceo, só Deus te pode axudar. (bis)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...