Ir al contenido principal

Xoves Santo 2020 na casa



( Se fose posible, poñemos no lugar onde imos rezar unha mesa con un mantel branco, e sobre ela un anaco de pan e un vaso de viño)

“ Rezando na casa”

No nome do Pai...



( Música de Onda ti...)
Nesta tarde de gloria e de festa, recordamos ao amigo Xesús,  na súa cea cos seus compañeiros, pouco antes de morrer por nós.

Cos seus feitos, coas  súas palabras, ensinounos a todos Xesús,que servindo a amando aos veciños, faise aquí a vontade de Deus.

Aquecendo o corazón

Na sinxeleza da casa volvemos esta tarde rezar, persoal ou comunitariamente, ao Deus que se fai presenza nos descartad@s do mundo, nos enfermos e persoas solas desde a sinxeleza do pan e do viño fai visible o amor entregado no servizo aos demais.
E Xoves santo, vivámolo como nos invitala Xesús a vivilo: no recoñecemento do outro coma un irm@n.

Mirando ao noso interior

Por ternos soltado da túa man e ter perdido o norte da nosa. Señor, que deixemos atrás os arroutos.
Porque as nosas palabras non teñen servido para agarimar, senón para rompe-la conviencia. Cristo, que deixemos atrás os arroutos.
Polas veces nas que a desconfianza triunfou sobre a xenerosidade e a acollida. Señor, que deixemos atrás os arroutos.

Escoitando a súa Palabra

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS CORINTIOS
Irmáns e irmás:
Eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan e, despois de dar grazas, partiuno e dixo: "Isto é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en lembranza miña". Do mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo: "Esta copa é a Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que a bebades, facédeo en lembranza miña".
Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa, anunciáde-la morte do Señor, ata que El volte.
Palabra do Señor. Grazas a Deus

Remoendo na esperanza

Paulo transmite o que recibiu. Vai ás raíces, sitúase na identidade. Unha identidade que non se rompe entre unha xeración e a seguinte, senón que se transmite para ser madurada, para que creza, para que dea máis e mellores froitos. A identidade fainos mirar as nosas raíces, pero non quedarnos nelas, senón que nos leva a tomar conciencia de onde vimos, para que non nos avergoñemos, e nos indica o camiño que temos que construír. O que supón coidar ese gran legado recibido. E hoxe a esa grandeza que nos legaron temos que poñerlle rostro, nome, calor de cercanía na relación cos nosos maiores, cos nosos av@s, para que non se sentan sós, nin teñan medo a ser esquecid@s e abandonad@s; para que a morte non os sorprenda sen a man colida dun fill@ ou dun net@. A situación que estamos a vivir móstranos como non fomos capaces de acoller e recibir esta identidade, de xeito que temos convertido as residencias de maiores en “aparcadoiros de vellos”, para os que non tiñamos tempo de visitar, chamar e falar con el@s. E agora, cando vemos que se nos van, sentimos dor, e mesmo, culpabilidade. Que esta situación nos sirva para aprender!
Neste Xoves Santo de “Igrexa Doméstica”, Igrexa en familia, tomemos conciencia de que o pan e o viño da Eucaristía, presenza de Xesús no medio de nós, queren ser o sinal da identidade de crentes que valoramos, acollemos e transmitimos o legado da identidade recibida dos nos@s maiores.

Facendo comuñon orante

Xoves Santo, Xoves do amor, a solidariedade e o servizo. Unámonos en oración de comuñón a toda a Igrexa e digamos: Que fagamos da nosa identidade camiño de presente e futuro.
  1. Para que como Igrexa non practiquemos a indiferenza que esquece, exclúe e fai invisibles os problemas e dificultades das persoas coas que nos relacionamos cada día. Oremos. Que fagamos da nosa identidade camiño de presente e futuro.
  2. Para que nas nosas parroquias non deixemos que os comentarios tóxicos se convertan nos prexuízos desde os que nos acheguemos ás persoas que son maiores, viven solas ou experimentaron o fracaso. Oremos. Que fagamos da nosa identidade camiño de presente e futuro.
  3. Para que neste Xoves Santo, día do Amor Fraterno, teñamos presente na nosa oración, e sempre no noso recoñecemento, ás persoas que dan parte do seu tempo e da súa vida, a través das institucións que traballa cos máis excluídos e desscartad@s do mundo. Oremos. Que fagamos da nosa identidade camiño de presente e futuro.
  4. Fagamos memoria agradecida de tódalas persoas falecidas por mor do coroa virus e pidamos tamén polos seus familiares, para que non esquezan nunca o que delas recibiron. Oremos. Que fagamos da nosa identidade camiño de presente e futuro.
Señor, Grazas, Señor. Que o sentido comunitario da oración nos axude a sabernos unid@s e fortes na busca do ben común.. Por Xesucristo o noso Señor.Amén.
Noso Pai ...

Para que o Remol siga aquecendo

... Vostede fálame de anciáns illados. Soidade e distancia. Cantos anciáns hai aos que os seus fillos non os van ver en tempos normais! Lembro que en Buenos Aires cando visitaba os xeriátricos eu preguntáballes: E que tal a familia? «Ah, si, moi ben, moi ben». «Veñen?» «Si, ¡veñen sempre!». Logo a enfermeira dicíame que fai seis meses que no ían os fillos velos. A soidade e o abandono, a distancia. Poren os anciáns seguen sendo raíces. E deben falar cos moz@s. Esa tensión entre vellos e moz@s ten que resolverse sempre no encontro. Porque o mozo é xermolo, follaxe, pero necesita a raíz; se no, non pode dar froito. O ancián é como raíz. Eu diríalles aos anciáns de hoxe: «Sei que senten a morte preto e teñen medo, pero miren para outro lado, lembren aos netos, e non deixen de soñar». É o que Deus lles pide: soñar (Joel,3,1). Que lles digo aos moz@s? Anímense a mirar máis adiante e sexan profetas. ( Francisco. Entrevista diario ABC. 8-4-2020)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...