Ir al contenido principal

2 Domingo Pascua 2020 A

(Neste segundo de Pascua, tamén domingo da Divina Misericordia, buscamos un lugar tranquilo para rezar. Poñemos, coma o outro día un pano branco sobre unha mesa, acendemos unha candea e colocamos ao lado un vaso con un pouco de auga - ).

No nome do Pai...

Canto.-   

        Bendito ti, Xesús resucitado,
    coas feridas da lanza e máis dos cravos.
    Bendito, para sempre ti es loado.
    Bendito ti, Xesús, resucitado.

Luz de esperanza con ollos de misericordia

    Seguimos compartindo este noso ser Igrexa Doméstica desde o lugar que mellor o expresa e fai visible: as nosas casas. Facémolo ao estilo dos primeiros cristiáns, unid@s e reunid@s en torno á palabra escoitada e compartida; Palabra que nos chama a poñela en práctica a través das nosas accións e comportamentos. Fagámolo desde a misericordia do Deus que  urxe a escapar da tentación de criticar sen facer, de  falar sen coñecer. O noso ha ser un esforzo constante por ser testemuñas do que cremos coa coherencia de dicir e facer.
Deixemos entón que El acompañe este momento de oración.
Reflexionamos na busca da misericordia
•    Porque non sempre sabemos ser persoas de misericordia .  Que desde a auga do Señor, cambiemos  corazón.
•    Porque  as veces pásanos coma a Tomás, somos intransixentes  e caemos na intransixencia da desconfianza. Que desde a auga do Señor, cambiemos  corazón.
•    Porque moitas veces deixámonos  levar do desánimo. Que desde a auga do Señor, cambiemos  corazón.

Oído á espreita

                          Do Libro dos Feitos dos Apóstolos

(Os seguidores de Xesús) Eran perseverantes en escoitar a ensinanza dos apóstolos, na comuñón da vida, no rito de partiren o pan, e nas oracións. Apoderouse de todos o respecto, pois os apóstolos facían moitas marabillas e sinais. Todos os crentes vivían unidos e tiñan todo en común: vendían os seus bens e propiedades, e repartíanos entre eles, conforme ás necesidades de cada un. Todos a unha asistían diariamente ó templo, partían o pan nas casas, comendo con alegría e sinxeleza de corazón; louvaban a Deus, e eran ben vistos por todo o pobo. Cada día o Señor aumentaba o número dos salvos e xuntábaos ó grupo. Palabra do Señor. Grazas a Deus.

                                     Do Evanxeo segundo Xoán

Naquel día, o primeiro da semana, ó serán, estando pechadas as portas onde estaban os discípulos, por medo dos xudeus, chegou Xesús, e, poñéndose no medio, díxolles: ‑Paz convosco.
Dito isto, mostroulles as mans e mais o costado. Os discípulos alegráronse, vendo o Señor.El díxolles outra vez:
‑Paz convosco: coma o Pai me mandou a min, tamén eu vos mando a vós.
E dito isto alentou sobre eles, e díxolles:
‑Recibide o Espírito Santo: a quen lles perdoedes os pecados, quedaranlles perdoados; a quen llelos reteñades, quedaranlles retidos.
Tomé, un dos Doce, o chamado Xemelgo, non estaba con eles cando chegou Xesús. Dicíanlle entón os outros discípulos: ‑Vimos o Señor.
Pero el contestoulles: ‑Como non vexa nas súas mans as furas dos cravos e non meta nelas o meu dedo; como non meta a miña man no seu costado, non crerei.
Oito días despois estaban outra vez dentro os discípulos, e Tomé con eles. Chegou Xesús, estando pechadas as portas, e poñéndose no medio, dixo:
‑Paz convosco.
Despois díxolle a Tomé:‑Trae aquí o teu dedo e mira as miñas mans; trae a túa man e métea no meu costado. Non sexas incrédulo, senón home de fe.
Palabra do Señor. Gloria a Ti, Señor Xesús

Remoendo a Palabra

( Facemos un momento de silencio/reflexión, despois de escoitar a Palabra)
•    A misericordia pídenos  poñer o noso corazón en disposición de escoitar e  atender a quen nos fala. E iso só pode facerse se temos adestrado o corazón a da-lo paso de poñerse no lugar da outra persoa; se somos capaces de  pensar o noso vivir desde os de embaixo e non no desexo de ser coma os de enriba; se nestes tempos de  debilidade e nos que as seguridade de moitas persoas – mesmo as nosas - se teñen roto, se entendemos o que significa  estar aí, ao seu lado, escoitando e acompañando; terá pagado a pena o noso adestramento misericordioso. Como di tantas veces Francisco, unha tarefa fundamental para nós ha levarnos a ser  “hospital de campaña” que, sen moitos medios pero con total disposición, acolle, escoita e alenta.... acompañando, facéndonos presentes, ao estilo de Xesús. Xa pasou o tempo de ser Igrexa – cristiáns – de aduana; de estar máis pendentes do que @s demais fan mal, que de  esforzarnos por comprender  a razón que @s leva a facer o que fan. A semellanza da Igrexa daqueles primeiros cristiáns, que tamén nós saibamos estar pendentes de que nos precise. Vencendo a tentación de recordárllelo constantemente.
•    E a segunda idea que quero compartir con vós hoxe  é do Evanxeo. Estaban reunid@s, como tamén nós estamos hoxe, e chegou Xesús, como tamén hoxe chega onda nós. E El fíxose presente porque os corazóns das persoas que estaban alí pensaban unhas nas outras, vivían a esperanza e o gozo da resurrección; non se deixaran lastrar polo desencanto, a desesperación, o aburrimento ou o desacougo. Tentamos tamén nós actuar así? Traballamos cada día para non erguernos con neboeiras no corazón? Esta ten que ser a pregunta que hoxe nos fagamos á luz da Palabra que proclamamos e agora reflexionamos. Da resposta sairá o noso xeito de levar con paz, non exenta de tristeza momentánea, que non permanente, este tempo de confinamento, sen  facer do tempo que nos queda na casa a traxedia da vida. Pensemos en tódalas persoas que están nunha cama, sen ninguén ao lado, conectadas a un respirador... como agradecerían poder estar na casa!
•    Cristo resucitou, acheguémonos a El para compartir esta alegría!

Na oración compartida

Na alegría pascual poñamos a nosa vida ao abeiro do Deus de Xesús. O Deus que  se fai presenta e nos invita a dicir:
Que o noso desacougo non nos impida acoller a esperanza do resucitado
•    Para que  aprendamos a valorar en positivo este tempo de confinamento coma un tempo no que temos que aprender a ser Igrexa doutro xeito. Igrexa de actitudes e opcións, e non de ritos e actos baleiros. Oremos.
Que o noso desacougo non nos impida acoller a esperanza do resucitado
•    Para que non nos illemos, e nos esforcemos por buscar apoio, forza e axuda nas persoas que sabemos que sempre nos van escoitar, poñendo o seu tempo ao noso dispor. Facéndoo sempre desde a  casa. Oremos.
Que o noso desacougo non nos impida acoller a esperanza do resucitado
•    Para que  aproveitemos este tempo na casa para buscar momentos de oración, reflexión e coñecemento das nosas eivas e tamén das nosas capacidades. Oremos.
Que o noso desacougo non nos impida acoller a esperanza do resucitado
•    Para que as persoas que se están indo poidan facelo con paz e un trato humanizador. Oremos.
Que o noso desacougo non nos impida acoller a esperanza do resucitado
Grazas, Señor, por acompañarnos neste momento de oración aberta sempre aos demais. Por Cristo o noso Señor. Amén.

Noso Pai...

Aquecendo o corazón

... Poren , resulta conmovedor destacar a actitude das mulleres do Evanxeo. Fronte ás dubidas, o  sufrimento, a perplexidade ante a situación e mesmo o medo á persecución e a todo o que lles podería pasar, foron capaces de poñerse en movemento e non deixarse paralizar polo que estaba acontecendo. Por amor ao Mestre, e con ese típico, insubstituíble e bendito xenio feminino, foron capaces de asumir a vida como viña, sortear con astucia os obstáculos para estar preto do seu Señor. A diferencia de moitos dos Apóstolos que fuxiron cheos de medo e a inseguridade, que negaron ao Señor e escaparon (cfr. Xn 18, 25-27), elas, sen evadirse nin ignorar o que pasaba, sen fuxir nin escapar…, souberon simplemente estar e acompañar. Como as primeiras discípulas, que, no medio da escuridade e o desconsolo, cargaron as súas bolsas con perfumes e se puxeron en camiño para unxir ao Mestre sepultado (cfr. Mc 16, 1), nós puidemos,            neste tempo, ver a moitos que buscaron aportar a unción da corresponsabilidade para coidar e no poñer en rico a vida dos demais. A diferencia dos que fuxiron coa ilusión de salvarse a si mesmos, fomos testemuñas de como veciños e familiares se puxeron en marcha con esforzo e sacrificio para permanecer nas súas casas e así frear a difusión. Puidemos descubrir como moitas persoas que xa vivían e tiñan que sufrir a pandemia da exclusión e a indiferenza seguiron esforzándose, acompañándose e sosténdose para que esta situación sexa (ou ben, fose) menos dolorosa. Temos visto a unción derramada por médicos, enfermeiros e enfermeiras, repoñedores de góndolas, limpadores, coidadores, transportistas, forzas de seguridade, voluntarios, sacerdotes, relixiosas, avós e educadores e tantos outr@s que se animaron a entregar todo o que posuían para aportar un pouco de cura, de calma e alma á situación. E anque a pregunta seguía sendo a mesma: “Quen nos apartará a pedra do sepulcro?” (Mc 16, 3), todos eles non deixaron de facer o que sentían que podían e tiñan que dar.   
                                       ( Un Plan para resucitar. Francisco )

Canto

A auga do Señor, cambioume o corazón,
a auga do Señor Xesús. (bis)
1.-O que queira e teña sede, que veña e beba gratis.
O que queira e teña sede, beba a auga que é a vida.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...