ENCHER A VIDA OU VIVIR A VIDA ? PÓRTICO Estamos inmers@s no mundo da publicidade, de anuncios chamativos, de carteis provocativos no que todo e todos nos invitan a consumir, a vivir ao día, a valorar o que temos na medida en que o gastamos. E poderemos consumir se somos quen de acumular ben e cartos a calquera prezo: o importante é ter para consumir. Sen darnos conta, entramos nunha dinámica de deshumanización poñendo como centro da nosa vida os cartos, o ter… por riba doutros valores como son a amizade, o diálogo, a natureza, o ocio, a cultura a arte... xa que estes quítannos tempo e forzas. Hoxe a celebración invítanos a valorar as riquezas e o posuír coma un medio e nunca coma un fin. Necesitamos os cartos, xa que o mundo e as necesidades humanas están en función deles, pero non o son o todo. De que nos sirve ter se non somos persoas?, de que nos serve o acumular se somos pobres interiormente?. Que a escoita da Palabra e o pan que se nos parte sexa para nós estímulo para valorar
Para orar e celebrar a fe na nosa terra