Ir al contenido principal

Das apariencias ... líbranos, Señor!

REMOL SANTIAGO APÓSTOLO

Das aparencias...líbranos, Señor!


Pórtico


Nun día cheo de luz, a luz que nos ofrece a Palabra que imos proclamar, e na que se nos invita a non caer na tentación da aparencia, do quedar ben ou do finximento, poñámonos en disposición de celebrar, compartir, disfrutar e renovar unha fe que nos quere non nas sancristías, falsos cuarteis de inverno, senón no medio do mundo, para non ter medo a dicir que Cristo vive, e é a forza que nos chama a comprometernos para que o Evanxeo, unha vez anunciado, poida ser compartido, celebrado e vivido persoal e comunitariamente. Facéndoo sen medo nin vergoña, senón con alegría, esperanza e gozo.

Que a festa de Santiago Apóstolo, que non tivo medo nin vergoña de confesar ao Señor, neste noso día de Galicia, sexa un estímulo para nós crentes, na tarefa de facer do noso país un lugar fraterno, solidario, xusto e acolledor.


Perdón


  • Polas veces nas que temos renunciado a comprometernos na construción de parroquias máis humanizadoras e xustas, SEÑOR, ENRAÍZANOS NA NOSA TERRA.


  • Polas veces nas que a nosa actitude pasota nos fai despreocuparnos dos problemas e dificultades que levan a moitas das persoas do noso contorno á tristura e ao abandono, CRISTO, ENRAÍZANOS NA NOSA TERRA.


  • Polas veces nas que renunciamos a beber da fonte viva da Palabra de Deus, que nos fala de compromiso e implicación con canto supoña dignidade e xustiza, SEÑOR, ENRAÍZANOS NA NOSA TERRA


Remuíño

  • Dinos o Evanxeo que os que espiaban a Xesús “finxían ser boa xente”, pero non o eran. Tamén na nosa sociedade hai moit@s que finxen ser boa xente . E atópanse en todos os ámbitos e realidades que a conforman: política, Igrexa, traballo, cultura... e así vaise impondo a moda de aparentar unha cousas e ser outra totalmente distinta. Con isto imos construíndo unha realidade hipócrita e falsa, que se move nas aparencias, pero que non ten fondura, non enraíza, non se compromete. Estamos acaso nós neste grupo?. Somos dos que nos gusta fachendear para que nos vexan pero logo atopámonos baleiros por dentro?. Somos dos que dicimos as cousas coa boca pequena, sen manifestar con liberdade e sen medo o que pensamos, o que cremos, o que para nós é importante do que non o é?, ou deixándonos levar pola moda do “social e politicamente correcto” tentamos sempre gardar as formas, falar a medias, evitar manifestarnos como somos e pensamos?.

Os mártires, Santiago foino, non tiveron medo. Manifestáronse con liberdade, souberon dar testemuño da súa fe, non renunciaron as súas conviccións. Por que a nós nos da medo ou vergoña mostrarnos como crentes e seguidores daquel que pasou polo mundo facendo o ben?. Repensemos que é o que move e ilusiona a nosa vida, e actuemos con sinceridade. Saibamos darlle a Deus o que é de Deus, e ao César o que é do Cesar.


  • Neste saber estar no mundo con actitude de participación e compromiso temos que situar a festa hoxe, coma galegos e galegas. Celebramos o día da Galicia, o día da patria, o día da comunidade autónoma. Cada quen, e sen ser excluínte, que elixa; pero que o faga, que non se quede na beira vendo o que outros fan. Comprometámonos, porque só deste xeito conseguiremos que a nosa comunidade, a nosa xente, a nosa cultura, a nosa Igrexa, supere o complexo de inferioridade, de atraso, de baixa autoestima, para, implicándonos tod@s, cada un desde onde estea, e con responsabilidade, ir facendo que as cousas cambien, que ninguén se senta desprezado, que os dereitos e as posibilidades sexan para tod@s, e non só para uns poucos “listos” que saben moverse ou están ao “sol que máis quenta”. E isto só poderemos conseguilo se tod@s nos implicamos. A festa de hoxe non pode ser algo institucional, dos políticos, dos que gobernan, senón que ha ser, ten que ser, a festa de todos e todas as galegas, que sen renunciar ás nosas conviccións, imos traballando para que Galicia camiñe, conseguindo canto fai que os dereitos sexan de tod@s, que a igualdade é posible, que os do rural temos os mesmos dereitos que os que viven na cidade. Nunha palabra: que todos somos cidadáns no mesmo plano, e polo tanto, ninguén é máis importante. Os apóstolos souberon vencer os seus medos, non renunciaron as súas conviccións, foron capaces de ilusionar e ilusionarse coa fermosa tarefa de anunciar coa súa vida e a súa palabra a mensaxe do Resucitado. Que tamén nós, aprendendo deles, realicemos o seguimento de Xesús, desde o noso compromiso, plural e dialogante, democrático e participativo, para construír comunidades eclesiais, Igrexa viva, que saiban facer da súa tarefa unha presenza dinámica e estimuladora da mensaxe de quen “pasando polo mundo facendo o ben”, invitounos a vivir e traballar para que , como di o concilio Vaticano II, os gozos e as esperanzas dos homes e mulleres de hoxe, sexan os gozos e as esperanzas da Igrexa; pois nada do que é verdadeiramente humano pode ser alleo ao quefacer da Igrexa, e d@s que a formamos, @s crentes (cfr. G.s.1).

  • Que este día no que se nos invita a celebrar e compartir a fe, desde a fidelidade ao Evanxeo e o amor á nosa terra, sexa un espertar a un superar a tentación de converter as nosas conviccións en algo puramente privado, renunciando a abrir mans e tender pontes con cantos coma nós, inda que desde propostas ou visións distintas, teñen preocupación polo ser humano, pola súa felicidade e o respecto e compromiso polo país no que vivimos: Galicia.


Oración da comunidade

Na festa do Señor Santiago e da nosa comunidade de Galicia, presentamos a Deus a nosa oración comunitaria, sabéndonos continuadores da invitación de Xesús de ser “fermento no medio da masa” e digamos:


Grazas por regalarnos unha fe comprometida


  • Pola Igrexa, especialmente hoxe pola Igrexa galega, para que saibamos ler os signos dos tempos,e responder ao reto da evanxelización con propostas renovadoras, vivas e verdadeiramente evanxélicas, que busquen unir esforzos e colaboracións, máis que buscar enfrontamento e crispación. Oremos.

Grazas por regalarnos unha fe comprometida


  • Polas nosas comunidades cristiás, que hoxe nos reunimos no nome do Resucitado para compartir e celebrar a fe. Que saibamos descubrir que solo camiñando xunt@s e dispondo do noso tempo de forma comunitaria, poderemos responder ao mandato de Xesús que nos chama a recoñecelo nos “pequen@s e necesitad@s”. Oremos.

Grazas por regalarnos unha fe comprometida


  • Por nós, para que superemos a tentación de reducir a fe a consumo de devocións u tradicións, que non nos levan a seguir a Xesús desde o compromiso e preocupación polos que viven solos, están enfermos ou necesitan de alguén que os escoite. Oremos.

Grazas por regalarnos unha fe comprometida


Grazas, por axudarnos a espertar do soño que nos leva a reducir a fe a unha cuestión simplemente privada, para presentarnos un proxecto que nos invitas a realizar no medio do mundo, sendo sal e fermento chamado a crecer. P.X.N.S. Amén.



Reflexión


Ao vento do Espírito,

que se levou, en Pentecoste,

os prexuízos, os intereses e o medo dos apóstolos,

e abriu de par en par as portas do cenáculo,

para que a comunidade

dos seguidores de Xesús fora sempre

aberta ao Mundo, libre na súa palabra,
coherente no seu testemuño e invencible na súa esperanza.

Ao vento do Espírito,
que se leva sempre os novos medos da Igrexa,

que nos abra as portas do corazón para poder

dicir si a nosa terra,a nosa lingua, a nosa xente...a nosa fe.


Cantos


  • Entrada: Vinde axiña

  • Lecturas: Gracias, Señor, graciñas

  • Ofertorio. Na nosa terra

  • Comuñón: Xurdirá


Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...