Ir al contenido principal

Orar para que veña un mundo novo

REZAR…. ¿PARA QUE?

PÓRTICO

Cantos “Noso Pai” teremos recitado na nosa vida pasando de puntillas polo contido das súas peticións, incapaces de pensarmos no que dicimos, repetindo frases mentres pensamos distraidamente noutras cousas que son as que verdadeiramente nos interesan e nas que poñemos a nosa atención. A realidade é que, tras vinte séculos de cristianismo, a meirande parte dos cristiáns e cristiás non sabemos rezar. Dicimos oracións, si, pero poucas veces pensamos no que dicimos nelas, poucas veces confesamos co noso corazón o que recitamos cos nosos beizos. O resultado salta á vista: un pesadelo absoluto e insoportable, unha repetición de palabras sen sentido que non deixan pegada ningunha en quen as pronuncia. Por iso resulta tan pouco eficaz a nosa oración, porque, coma lle ocorría aos apóstolos nalgunha ocasión, “non sabemos o que pedimos”.

Hoxe é un bo día para aprender a orar. Quizás poidamos facer unha experiencia interesante: un alto no noso costume para dicir, paseniñamente o Noso Pai, pensando no que dicimos, interiorizando cada unha das súas peticións, saboreando as súas frases e intentando que esta experiencia nos impida, no sucesivo, repetilo coma se fosemos cotorras.

Que a celebración que agora comezamos nos dea azos para darlle máis pulo á nosa oración.

O PERDÓN

* Porque na meirande parte das veces a nosa oración é un monólogo que contén algo parecido a listaxe da compra, e non un diálogo no que estamos dispost@s a escoitar a túa voz a través de tantas mediacións, SEÑOR, QUE SE FAGA A TÚA VONTADE.

* Porque non buscamos na nosa vida tempiños de silencio e reflexión que nos axuden a crear un clima de oración e diálogo contigo, CRISTO, QUE SE FAGA A TÚA VONTADE.

* Porque nos falta fe, porque nos falta confianza, porque nos faltan ganas, porque nos falta ilusión, porque nos falta corazón, SEÑOR, QUE SE FAGA A TÚA VONTADE.

REMUÍÑO

v Se pensamos en oración, quizais instantaneamente pensemos no Noso Pai, o regalo que Xesús nos deixou e que a forza de repetila tantas veces estamos a converter nun rezo rutinario, en palabras mecánicas. Por iso cómpre deternos de cando en vez a reflexionar sobre esta oración, e hoxe, o Evanxeo que vimos de proclamar vennos coma anel ao dedo para facelo.

v “NOSO PAI”: Dirixímonos a Deus chamándolle Pai. Non é polo tanto o medo ao castigo o que nos move, senón a confianza absoluta no seu amor cara cada un/unha de nós. E non dicimos Meu Pai, senón Noso Pai, destacando a forza e a importancia da comunidade, de non camiñar sos, de sentirnos fill@s dun único Pai, o que debe levar a que medre en nós a fraternidade e a deixarnos de facer tantas distincións inútiles.

v SANTIFICADO SEXA O TEU NOME”: A nosa vida ten que ser un canto de louvanza ao teu amor. Por iso debemos santificar o teu nome, e non tomalo en van para defender os nosos intereses, o noso prestixio, o noso poder…. pisoteando a dignidade dos nos@s irmáns e irmás.

v “VEÑA O TEU REINO”: Que non reinen no mundo a violencia e a xenreira destructivas. Que reines Ti e a túa xustiza. Que non reine o Primeiro Mundo sobre o Terceiro, o home sobre a muller, @s europe@s sobre @s african@s, @ ric@ sobre @ pobre, @s poderos@s sobre @s febles… Que se abran camiños á paz, á xustiza e á liberación integral para todas as persoas.

v “FÁGASE A TÚA VONTADE”: Que non lle poñamos tantas e tantas trabas ao teu amor. Que entendamos que a vontade de Deus é que todas as persoas sexamos felices, que o noso Deus non castiga, non leva conta dos nosos erros… senón que o noso Deus mira no fondo de cada persoa para rescatar o bo, o positivo, o que pode aportar ao cambio do mundo. ¿Por qué temos tan pouca confianza nel?.

v “DANOS HOXE O NOSO PAN”: O pan e todo o que precisamos para vivir dun xeito digno… pero non só anos, habitantes do Primeiro Mundo, senón todas as persoas da terra. O pan material… e tamén o pan da escoita, da compaña, do sorriso, do agarimo, da comprensión, do tempo regalado aos demais… o pan da túa Palabra.

v “PERDÓANOS”: Necesitamos o teu perdón, necesitamos que nos perdoes tantos erros, egoísmos e inxustizas. Só seremos felices se temos un corazón grande capaz de pedir perdón e de perdoar. Só quen renuncia á vinganza desde unha actitude aberta de perdón pode facerse cada día máis human@.

v “NON NOS DEIXES CAER NA TENTACIÓN E LÍBRANOS DO MAL”: Na tentación de esquecer o teu rostro e explotar ás persoas. Líbranos da escravitude do ter nun mundo consumista. Líbranos da tentación de pedirche probas. Líbranos da tentación do poder, de querer ser sempre centros de atención, obxecto de reverencias, de reclamar palmadiñas nas costas, de vendernos por cartos ou de vender ás irmás e aos irmáns.

v Quizais necesitamos aprender de novo o Noso Pai, facer que estas palabras que pronunciamos tan rutinariamente nazan con vida nova en nós e medren e enraícen na nosa existencia. A que esperamos?.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Coma seguidores de Xesús, sabemos que a nosa vida debe ser un camiñar no servizo e na gratuidade. Porque estamos dispost@s a seguir neste camiño, compartimos a fe uníndonos nunha voz e dicindo:

QUE LEVEMOS Á VIDA AQUILO QUE REZAMOS

  • Oramos como Igrexa, que sempre disposta a que se faga a túa vontade, traballa arreo para liberar das súas cangas a todas as persoas que se senten atenazadas pola dor, a tristura, a desesperanza, o desamor. OREMOS.

QUE LEVEMOS Á VIDA AQUILO QUE REZAMOS

  • Oramos como comunidades parroquiais dispostas a descubrir que xa non é tempo de criticar e separar, senón de unir, achegar e alentar para facer presente o Reino de Deus entre nós. OREMOS.

QUE LEVEMOS Á VIDA AQUILO QUE REZAMOS

  • Oramos coma seguidores e seguidoras teus que, do mesmo xeito que os discípulos, pedimos ao Pai que nos ensine a orar. Para que a nosa oración sexa comprometida, transformadora, solidaria cos problemas de tod@s e ante todo humilde, consciente da súa limitación. OREMOS.

QUE LEVEMOS Á VIDA AQUILO QUE REZAMOS

Grazas, Xesús, por poñer diante de nós a túa Boa Nova de salvación que nos dá vida e ilusión no noso camiñar cotián. PXNS.

PARA A REFLEXIÓN

Noso Pai que estás nos bosques, no mar,

no deserto, na cidade e no rural.

Santificada sexa a túa creación,

pletórica de desenvolvemento, forza e vida.

Veña a nós a túa sabedoría,

para protexer e desenvolver a beleza que se nos deu,

que está na flor e no arco da vella,

na auga e na fértil nai terra,

no agarimo quentiño do sol

e na fresca escuridade do descanso.

Fágase Señor a túa vontade,

para que sexamos as persoas,

á túa imaxe e semellanza,

as que asumamos o reto

de manter o proceso vital da túa creación.

Danos hoxe o verdor de cada día,

nos prados e nos montes,

no xardín e na terra que agoniza.

Perdoa a nosa irresponsabilidade

por non coidarmos da terra que nos deches.

E non nos deixes caer na desertización,

que conduce á morte, que nega a túa obra

e aniquila a vida.

E líbranos, Señor, do conformismo,

para que se transformen as nosas vidas

en forza dinámica que reproduce a vida. Amén.

CANTOS

ENTRADA: Benaventurados

LECTURAS: Camiñar

OFERTORIO: Señor Xesús

NOSO PAI (cantado)

COMUÑÓN: Ti es o pan do ceo

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Ascensión 2025 C

  7º Domingo de pascua. Ascensión.2025 A ASCENSIÓN:  ATRÁS QUEDARON OS CENÁCULOS NOS QUE ESCONDERSE E APARTARSE DO MUNDO CANTOS · Entrada.- Con ledicia vimos ( 3 ) · Lecturas.- Cantade ao Señor ( 23 ) · Ofertorio.- Cantádelle ao Señor ( 33 ) · Comuñón.- Señor Xesús bendito sexas (52) ABRÍNDONOS AO ESPÍRITO A Ascensión do Señor é a festa coa que Xesús nos quere transmitir que unha vez que El xa non está correspóndenos a nós perder os medos, saír da casa e anunciar no medio do mundo a forza, sempre alentadora e esperanzada, da súa mensaxe. El chámanos a ser testemuñas de toda a alegría rebordante que nos ofrece coa súa Boa Nova, porque xa non é tempo de esconderse e laiarse. Agora comeza o tempo do compromiso, da presenza activa e non excluínte, no medio do mundo. E sempre desde alí onde esteamos. Atrás quedaron os cenáculos nos que esconderse e apartarse do mundo. El farase presente se nós, co noso actuar e coa coherencia e honestidade de da nosa palabra, o facemos presente. CU...

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...