Ir al contenido principal

Ser testemuñas para transformar

SÓ SENDO TESTEMUÑAS SEREMOS QUEN DE TRANSFORMALO TODO


PÓRTICO

A televisión, a radio, están cheas de persoas que falan da súa vida, persoas con grandes calidades ou con outras non tan grandes, persoas que son alegres, que nos din o que temos que facer, como temos que ir á moda, como temos que enfrontarnos á vida... Pero quizá non nos damos conta de que estamos fartos desas persoas, fáltannos persoas comprometidas, persoas que non pensen só en si mesmas, persoas que antepoñan o “noso” ao “eu”,fáltannos testemuñas que coa súa vida sexan un referente para nós.

Pois a celebración de hoxe chámanos a ser esas testemuñas. Chámanos a que coa nosa vida reflexemos a vida de Xesús, chámanos a que levemos a paz de Xesús a tod@s de balde, xenerosamente, sen medir consecuencias e sen ter medo.

Que a celebración de hoxe nos faga ser testemuñas valentes no medio do mundo.

PERDÓN

  • Porque moitas veces cremos que por nós mesmos, sen contar cos demais ou incluso desprezándoos, podemos chegar a ser bos cristiáns. SEÑOR, QUE SAIBAMOS SER TESTEMUÑAS.
  • Porque somos anunciadores de malas novas, de desastres, porque a relixión que vivimos prohibe e non libera e negativa e non valora o positivo que temos tod@s. CRISTO, QUE SAIBAMOS SER TESTEMUÑAS.
  • Porque o “noso” sempre é o mellor, o único perfecto, e non contamos coa pluralidade do Espírito que fomenta na Igrexa, na sociedade e na familia distintas formas de pensar e actuar. SEÑOR, QUE SAIBAMOS SER TESTEMUÑAS.

REMUÍÑO

· Testemuñas. Hai poucos domingos celebrabamos a festa de Pentecoste, a festa do Espírito. É este mesmo Espírito o que nos capacita para a misión como fixo cos apóstolos. Tamén nos como cristiáns estamos chamados a ser testemuñas do actuar de Xesús na nosa vida, amosando a ledicia da fe a tódalas persoas. E como testemuñas podemos resaltar:

- Somos enviados: É o mesmo Xesús quen nos envía. Se isto é así miremos para dentro e descubramos como pretendemos, as mais das veces, ser nos os protagonistas, levar o proveito do que facemos e dicimos. Recordemos que somos enviados no nome de alguén, Cristo sobrando polo tanto os personalismos, o “eu fágoo así” “eu síntoo así”... e polo tanto teremos que fuxir da idolatría que moitas veces nos profesan as persoas, lembremos que xa san Paulo no lo dicía, somos de Cristo.

- Sen moita equipaxe: Hoxe Xesús insístenos nisto. Quitemos o lastre que nos impide subir, despegarnos da terra. Quitemos os prexuízos, as malas intencións, os segundos pensamentos, a mentira, a calumnia, a cerrazón de ideas, o pensamento único, o ter a razón sempre, o egoísmo,... metamos na mochila so o necesario para o camiño: alegría, convencemento, austeridade, autenticidade, escoita, diálogo, comprensión, gañas de traballar e de transformar este mundo. Necesitamos, á luz da Palabra, raspar o que se nos pegou ao longo dos anos,... é que sempre se fixo así,... eu non o entendo pero fágoo. Fomos acumulando tradicións, xeitos de ver o mundo e as persoas que cremos que son para sempre e non deixaron de ser recetas para un tempo pasado pero que para hoxe non teñen senso,... Renovación.

- De dous en dous: Xesús mandounos en grupo, para compartir o traballo pero tamén para dicirlles que o anuncio é algo comunitario, que pertencen a un grupo mais grande. Por iso somos testemuñas dentro da Igrexa, como transmisores que algo que recibimos pero que non é noso. Así en comunidade e potenciando o comunitario construiremos o Reino: un reino de colaboración, un reino do compartir, un reino onde a xustiza e a fraternidade se constrúa entre tod@s, un reino onde a paz sexa o resultado da colaboración e do amor de tod@s. Sendo hoxe en día necesario, xa que o común resaltase, dar testemuño de unidade, de colaboración, de amor.

· Dende a docilidade. Xesús invítanos a ser dóciles, sen impoñer cargas nin ideas, comprendendo e acollendo a quen pensa diferente ca nós nunha sociedade plural e multirracial. De aí que non se entendan certas mostras de poder e de prepotencia por parte da Igrexa, ameazas veladas,... que lonxe estamos da docilidade que nos mostra Xesús! Acaso non somos a Igrexa dos humildes, dos que non teñen voz, dos que están afastados da sociedade? Pero isto non ten que levarnos a caer na tentación de quedar calados, de quedar sen denunciar inxustizas dende as actitudes de Xesús e dos profetas. Sendo hoxe en día necesaria esa denuncia profética, xa que o mundo e as persoas necesitan testemuñas comprometidas e comprometedoras.

Que a celebración de hoxe nos faga ser conscientes de que o noso compromiso é unha urxencia da nosa fe.


ORACIÓN DA COMUNIDADE


Pai ,ti ensínasnos decote a ser as túas
testemuñas no medio do mundo. Pedímosche que escoites a nosa oración e nos deas azos para a misión. Respondemos:

PAI QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR.
  • Pola Igrexa, para que tiremos o lastre que nos sobra: a incomprensión, a cerrazón de ideas, os crernos os bos,.. e sexamos portadores de ilusión e esperanza. OREMOS:

PAI QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR.

  • Polas nosas comunidades para que sexan comunidades vivas, ilusionantes e ilusionadoras, e transmitan a todos a ilusión por vivir, por traballar e facer do mundo un fogar para tod@s. OREMOS
PAI QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR.
  • Por todos nós para que dende o respecto, a acollida, o diálogo, a comprensión, a escoita, fagamos da nosa vida un testemuño da vitalidade da fe que transforma situacións persoas e estruturas. OREMOS:
PAI QUE SEXAMOS TESTEMUÑAS DO TEU AMOR.

Pai, grazas porque nos fas recoñecer a nosa limitación e descóbresnos como portadores dunha gran mensaxe. Concédenos ser testemuñas auténticas do teu Reino. Por Cristo noso Señor.

REFLEXIÓN

Oración da testemuña.

É hora de ser as túas testemuñas, Señor.
É hora de construír xuntos a civilización do amor.
É hora de saír ás prazas e cidades como irmáns e irmás.
É hora de facer do mundo un arco da vella de unidade cheo de cores.

É hora de anunciar a vida dende a vida feita festa.
É hora de berrar ao mundo das persoas a túa salvación.
É hora de gritar como voceiros da alba a homes e mulleres,
que o Crucificado resucitou, e o mundo sabe a redención.

É hora de vivir na luz e de abrir camiños sen fronteiras.
É hora de darse a man e facer un coro grande con tod@s.
É hora de dicir aos medos@s, non temades, tede ánimo.
que o mundo, o corazón do mundo, vive en Resurrección.

É hora de xuntarnos como amigos nun so pobo.
É hora de marchar unidos sementando a paz e o amor.
É hora de chamar a tod@s irmáns e irmás.
É hora de vivir en harmonía, en lazos de irmandade e comuñón.

Que así sexa.

CANTOS

Entrada: Que ledos hoxe estamos.

Lecturas: O Señor é o meu pastor.

Ofertorio: Sede o sal.

Comuñón: Ide e pregoade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2024 B

ALÍ ONDE NOS NECESITAS, ABRIMOS CAMIÑOS Á ESPERANZA (CORPUS 2024) CANTO GOZOSO ENTRADA: Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) LECTURAS: Ti es o pan do ceo (Nº 33) OFERTORIO: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Baixo o lema “Alí onde nos necesitas, abrimos camiños á esperanza” celebramos a xornada da caridade, que nos convida a non esquecer que, sempre e en todo lugar, a Igrexa, cada unha das persoas que a formamos, estamos chamadas a ser servidoras e samaritanas, achegándonos para aliviar, acompañar, escoitar e erguer a tanta xente ferida e tirada nas cunetas da vida. O Señor, que hoxe sae ás nosas rúas, volve dicirnos: “Estou aquí, facendo o camiño contigo”. Abramos o noso corazón para escoitar a súa voz que, dun xeito alto e claro, convídanos a abrir camiños de esperanza. CO CORAZÓN FERIDO Ti convídasnos a abrir camiños de esperanza; pero nós moitas veces somos profetas de calamidades, por...

3 Coresma 2024

DIANTE DA TENTACIÓN DE MERCADEAR COA FE, PROPOÑAMOS GRATUIDADE CANTO GOZOSO o     ENTRADA .- Eu sei de quen me fiei  ( 64) o     LECTURAS .- Oh, Señor, escólleme ( 62 ) o     OFERTORIO.-  Grazas Señor na mañá ( 34) o     COMUÑÓN.-   Ti es camiño e verdade ( 57)   Sinal de Coresma.-  Engadimos unha nova parte do corazón roto que estamos a conformar.   ESPERTANDO Á RENOVACIÓN              As comunidades cristiás vanse conformando ao redor da persoa e a palabra de Xesús. Persoa e palabra desde as que se nos invita a interiorizar a fe, as conviccións, os valores e actitudes desde os que vivir. Pero ocorre que moitas veces, por razóns diversas, imos esquecendo estes dous aspectos fundamentais da fe para caer na inconsistencia das rutinas, os costumes, o aburrimento desde os que acabamos vivindo a fe. No evanxeo de hoxe escoitaremos co...

6 Pascua 2024

  CONSTRUÍNDO CASA COMÚN SEN FACER DISTINCIÓNS NIN PERDER A IDENTIDADE CANTOS ·        ENTRADA:  Con ledicia vimos todos ao altar (Nº 2) ·        LECTURAS:  Cantádelle ao Señor unha cantiga nova (Nº 23) ·        OFERTORIO:  O amor é o meirande (Nº 120) ·        COMUÑÓN:  No colo de miña nai (Nº 49)   AQUECENDO O CORAZÓN              Neste sexto domingo de Pascua invítasenos a prestar atención, poñendo corazón, ollos, mans, pensamento, pés... para vivir facendo do amor cerne da nosa vida. A isto chámanos o Evanxeo de hoxe. Non é doado, sabémolo, pero non podemos renunciar a tentalo, porque só quen se esforza pode recoller logo o froito do seu esforzo.          Cando Xesús fala do amor, non está a teorizar nin tampouco a dicir palabras pa...