Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2007

Austeridade no seguimento

A austeridade do seguimento: non te laies do que deixas atrás Pórtico Cantas veces temos escoitado, mesmo falado de seguimento! E que pouco en serio tomamos o que isto nos supón. Unha vez máis, as palabras van por diante do que nós estamos dispostos a por da nosa parte.Afirmar que queremos seguir a Xesús suponnos unha actitude de tomar en serio a pobreza e o desprendemento, tamén daquilo ao que estamos moito mito máis apegados, porque se seguir a Xesús non nós supón renuncia, esforzo, radicalidade... en que nos imos diferenciar daqueles que se declaran seguidores dun equipo de fútbol, dun grupo de música ou dun actor de moda? Servir ao Evanxeo esixe de nós exclusividade; unha exclusividade que alimentamos cada día que nos reunimos, non a escoitar simplemente, senón a participar da mesa de Eucaristía, a mesa da fraternidade. Perdón ✶ Moitas veces, Pai, non estamos dispostos a deixar atrás canto nos fai cómodos, mediocres e vulgares, o que nos impid...

Un cristianismo que non discrimina (Domingo 12 TC)

Un cristianismo que non discrimina: nin servos nin amos: irmáns e irmás Pórtico O seguimento de Xesús é unha decisión libre e persoal. Xa pasou o tempo no que, para xustificarse, moit@s dicían que foran obrigad@s a acoller ou profesar a fe cristiá, sen que lles deran a oportunidade de elixir. Hoxe, desde a liberdade e o respecto ás decisións persoais, cada un/ha é dono das súas opcións e escrav@ dos seus medos. Por iso a celebración que agora comeza non quere ser máis que unha invitación a reafirmar, persoal e libremente, diante da comunidade que conformamos os seus seguidores, que Xesús nos deixou un camiño no que nos invita a tomar decisións e asumir as súas consecuencias, no que xa non vale ir onde van tod@s ou facer o que fan tod@s, senón que este camiño é libre, persoal e esixente. Que cant@s queremos facelo así, nos sintamos sempre arroupad@s por El e acompañados por todas aquelas persoas que, formando parte das nosas comunidades, queren tamén facer este camiño e traballar para q...

Escándalo (Domingo 11 do TC)

DE ESCÁNDALO PÓRTICO Vivimos nun mundo de aparencias, de falsos ouropeis. Coma no tempo dos antigos romanos, as persoas, cada vez máis, parece que só necesitamos “pan e circo” para sentirnos contentas. Desde os medios de comunicación preséntansenos uns modelos a imitar consistentes en ter un corpo dez, un pasado cheo de escándalos reais (aínda que se son inventados, tamén valen) ou unha fama conseguida a calquera prezo. E moitas veces nós, coma pasmarotes, comulgamos con rodas de muíño e bailamos ao son que a televisión nos di, xustificando actuacións e mesmo decisións totalmente inmorais. Porén, os que nos confesamos cristiáns e cristiás estamos chamad@s a ir máis alá da superficie e da vulgaridade que moitas veces nos rodea para mergullarnos nas profundidades dun mundo no que, como se nos lembraba a semana pasada, moita xente morre de fame, de enfermidades comúns ou de miseria sen que iso tristemente sexa xa portada dun xornal ou dun telexornal. Que a celebración que agora co...

Os dereitos universais facendo o seu Corpo

CORPUS 2007 OS DEREITOS HUMANOS SON UNIVERSAIS, AS OPORTUNIDADES, TERÍAN QUE SELO. MIRAR CARA OUTRO LADO NON RESOLVE O PROBLEMA PÓRTICO Vivimos nun mundo no que 2.500 millóns de persoas sobreviven con menos de dous euros ao día, no que 30.000 nen@s morren diariamente por causas evitables, no que a pobreza segue estando presente nunha quinta parte dos fogares españois. Un mundo construído desde os dereitos humanos non pode deixar á marxe estas realidades de marxinación e desigualdade. O modelo de civilización do amor, que nos toca promover e practicar, implica desenvolver a dignidade da persoa e procurar que os seus dereitos sexan garantidos. Cando @s cidadáns están segur@s dos seus dereitos, garántese a construción do ben común, que se concreta no recoñecemento e respecto dos dereitos humanos. A participación no banquete da Eucaristía é unha invitación a tod@s, especialmente para @s fament@s, enferm@s e empobrecid@s da terra. Nas nosas mans está que ninguén quede excluído, que ...