Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2013

27 Domingo TO C

A TRANSFORMACIÓN DO CORAZÓN NON VÉN DO SABER TEÓRICO, SENÓN DA CAPACIDADE DE PARARNOS E ESCOITAR. QUE NON DECAIAMOS NA TAREFA, SEÑOR! PÓRTICO Saber escoitar é sempre un don que hai que poñer en activo. É verdade que non todo o mundo ten esta capacidade. Hai persoas que ao falar con outras non escoitan, só buscan respostas; outras non se paran porque teñen moita presa; algunhas, aínda que se paren, non entenden o que se lles di. Hai tamén algunhas persoas que inda que se paren e parezan escoitar, o que buscan é poder dicir o que elas pensan, sen preocuparse do que poden pensar os demais. Finalmente, si, tamén os hai, están aquel@s que non pasan de longo, senón que paran, miran aos ollos, xeran confianza e sempre están dispost@s a poñer ledicia, esperanza, ánimo, consolo... alí onde non o hai. Como vemos, de todo hai na viña do Señor!. E nós, onde nos situamos?, a que grupo coidamos que pertencemos?. Aos pacientes ou aos impacientes? Que a Palabra de Deus que hoxe imos escoi

26 Domingo TO C

NIN SERVOS NIN ESCRAVOS, SENÓN SERVIDORES DUN TESTEMUÑO EN IGUALDADE PÓRTICO As persoas non somos cousas que pertenzamos a alguén que pode facer de nós canto queira. As persoas somos presenza viva de Deus en nós, e polo tanto posuíumos dignidade, identidade, liberdade e capacidade para tomar decisións e darlle á vida a orientación que cada un queiramos ir construíndo. Isto que parece claro e non admite dúbida desde o punto de vista racional, non o é tanto á hora de aplicalo á praxe, á realidade, aos feitos de cada día. E non o é, porque aí xa aparecen intereses, diferenzas e ansias de poder que podemos ter uns e outros. A pesares disto, a fe cristiá segue a proclamar que non somos nin escravos nin servos, que non estamos sometidos a ninguén máis cá liberdade que nos fai elixir un camiño ou outro. Nesta elección, para os que nos chamamos crentes, aparece Deus. Non para tomar as decisións por nós, senón para facerse presente e darnos forza nese momento tan importante no que quere

Romper a indiferenza

Segundo Lucas, cando Xesús gritou “non podedes servir a Deus e ao diñeiro”, algúns fariseos que o estaban oíndo e eran amigos do diñeiro “ríanse del”. Xesús non se bota para atrás. Ao pouco tempo, narra unha parábola desgarradora para que os que viven escravos da riqueza abran os ollos. Xesús describe en poucas palabras unha situación sangrante. Un home rico e un esmoleiro pobre que viven próximos o un do outro, están separados polo abismo que hai entre a vida da opulencia insultante do rico e a miseria extrema do pobre. O relato describe aos dous personaxes destacando fortemente o contraste entre ambos. O rico vai vestido de púrpura e de lino finísimo. O corpo do pobre está cuberto de chagas. O rico banquetea esplendidamente non só os días de festa senón a diario. O pobre está tirado no seu portal, sen poder levar á boca o que cae da mesa do rico. Só se lle achegan a lamber as súas chagas os cans que veñen a busca de algo no lixo. Non se fala en ningún momento de que o r

25 Domingo TO C

NON É MÁIS FELIZ A PERSOA QUE MÁIS TEN, SENÓN A QUE MENOS PRECISA PÓRTICO Ata hai ben pouco tempo o noso ritmo atolado de vida fíxonos crer que nada se nos podía negar, que os cartos eran a solución para todo. E entón, cando ninguén o esperaba, chegou a crise, maldita crise!. Unha crise que vai deixando a moitas persoas nas beiras, sen traballo e polo tanto sen poder pagar as súas débedas, sen ilusións, sen esperanza. Unha crise que nos pillou co pé cambiado. Unha crise que nos fai tomar conciencia de que non é no ter onde atopamos sentido, senón na solidariedade que nos abre aos demais e na sinxeleza de quen busca vivir con dignidade e ser feliz vivindo co necesario, sentindo que as pequenas cousas seguen a ser importantes.   O PERDÓN Por non termos sabido descubrir e transmitir o que significa a austeridade, SEÑOR, QUE SÓ DERROCHEMOS AMOR. Polas veces nas que nos creamos falsas necesidades que nos invitan a comprar, a acaparar, a posuír cousas que en realidade no

24 domingo TO C

A CERCANÍA... VELAÍ A NAI DO AÑO: A IGREXA NON PODE SER “NAI POR CORRESPONDENCIA”   PÓRTICO Hai uns días, co gallo da Xornada Mundial da Xuventude, o Papa Francisco concedeu unha entrevista a unha televisión do Brasil na que, entre outras cousas, dicía que á Igrexa faltáballe proximidade e cercanía. Afirmaba que a Igrexa tiña que ser nai, e que non se pode selo por correspondencia, comunicándose cos seus fillos e fillas a través de decretos e documentos. Unha nai abraza, colle no colo, bica... é dicir, é alguén que sempre está aí, alguén con quen sempre contamos. Pois ben, esa chamada á proximidade que se nos facía por parte de Francisco (non esquezamos que Igrexa somos todos, non só os curas e os bispos), é a que hoxe nos fai Xesús no evanxeo. O amor de Deus vai máis alá do que nós pensamos. El, Pai-Nai, está preocupado pola sorte das persoas, porque nos quere, somos o máis valioso que ten. Non somos un máis, somos únic@s. Por iso a celebración que agora comezamos inví

Domingo 23 TO C

A BO ENTENDEDOR.... PÓRTICO Resúltanos difícil conxugar o que nos di a Palabra que proclamamos coa vida que vivimos. Temos moi claro que Xesús fálanos de paz, amor, xustiza, perdón... pero nós empeñámonos en vivir no enfrontamento, o odio, a inxustiza ou o rancor. Ata cando vai ser así?. Deixemos de ser teóricos do Reino, para comezar a ser vida, onde o corazón saiba amar, a cabeza descorrer e as mans traballar. Que a nosa oración comunitaria de hoxe nos axude a conseguilo. O PERDÓN Por todas as veces nas que non quixemos unir o que rezamos e o que vivimos, SEÑOR, AXÚDANOS A CAMBIAR Por todas as veces nas que renunciamos a vivir a fraternidade, empeñándonos en buscar o enfrontamento, CRISTO, AXÚDANOS A CAMBIAR Por todas as veces nas que somos teóricos do Reino, vendedores de fume, sen comprometer a nosa vida no teu seguimento, S EÑOR, AXÚDANOS A CAMBIAR REMUÍÑO Pouco a pouco, o avance da ciencia e da técnica vannos facendo crer que